Briviesca
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, na comarca da Bureba, drenado polo Oca (6.101 h [1996]). Situado nas estribacións noroccidentais do Sistema Ibérico, os montes San Juan, Rosario e a serra Abarenes destacan no seu relevo. É un centro comercial, agrícola (cereais, legumes, hortalizas, remolacha azucreira) e gandeiro (la e porcino). Nas últimas décadas a industria recibiu un impulso por parte das autoridades locais. Coñecida polos romanos co nome de Birovesca, está na encrucillada de diversas calzadas e está situado no camiño de peregrinación a Santiago de Compostela. Na vila destacan a igrexa de San Martín (s XVI), cunha fachada plateresca, o convento de Santa Clara (s XVI) e a ex-colexiata de Santa María, de corte neoclásico.