"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Coñecido como Antonio de Acuña, foi nomeado bispo de Zamora por Xulio II. Coa oposición do Consello de Castela, apoderouse da cidade e pouco despois acadou o recoñecemento da monarquía. Participou na Revolta das Comunidades de Castela e conquistou Toledo en 1521, onde o pobo o proclamou arcebispo. Capturárono e morreu executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Cóengo, inquisidor e vigairo xeral de Toledo, foi bispo de La Puebla de Los Ángeles (1664) e arcebispo de México, cargo ao que renunciou para regresar ao seu bispado. Foi vicerrei interino de Nueva España en 1664 ao substituír ao conde de Baños. Atribúenselle as obras manuscritas Historia de Nueva España e Episcopologio de Méjico, que non se conservan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e militar galego, fillo de Rodrigo Osorio de Moscoso. Criado baixo a tutela de Álvaro Osorio de Moscoso, bispo de Astorga, en 1537 creou a escuadra galega. Os Reis Católicos destinárono a Italia, onde foi capitán do exército na Guerra de Gaeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, duque de Terranova e marqués de Monasterio. Foi deputado co Partido Conservador polo distrito de Caldas (1891-1893) e designado senador por dereito propio (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano, irmán de Rodrigo Osorio de Moscoso, conde de Altamira. Tomou o hábito no convento salmantino de San Esteban en 1489 e en 1505 Fernando II de Aragón encomendoulle a educación do seu neto o príncipe Fernando, irmán de Carlos V. En 1515 nomeárono bispo de Astorga e foi confesor de Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e militar, conde de Altamira (1504-1510), fillo de Pedro Osorio e de Urraca de Moscoso. Herdou o título de conde do seu primo Lope Sánchez de Moscoso, morto sen descendencia. Foi nomeado capitán xeneral de Galicia polo cardeal Cisneros e participou na conquista de Mazalquivir e Orán. Destacou tamén como poeta, coas coplas e poesías “Diálogo entre el sentimiento y el conocimiento”, “Una compara” ou “Esparsa”. Morreu no asalto a Bougie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, director e crítico teatral. Formouse en Portugal, na Escola da Arte de Representar do Conservatório de Lisboa, e foi director de escena no Teatro da República e o responsable da introdución de pezas teatrais portuguesas no ámbito galego. En Galicia coñeceu a Lois Peña Novo e A. Villar Ponte, ingresou nas Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra. Dirixiu, entre 1919 e 1922, o Conservatorio Nazonal da Arte Galega, e a obra A man da santiña (1919), de R. Cabanillas. Tamén realizou as obras Sem porta nem tranca (1913), Norte (1920) e Desourentación (1924), subtitulada “boceto teatralizado e analítico de ideas”, que se premiou no certame teatral da Irmandade da Fala da Coruña, e na que critica a falta de solidariedade coa pobreza e a indixencia. Fundou, xunto a Ánxel Casal, en 1930 o semanario El Adelante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e guerreiro, fillo de don Gutiérrez, señor de Tierra de Campos e Galicia e curmán de san Rosendo. Coñecido como o Conde Santo, herdou as posesións da súa familia en Mondoñedo e fundou varios mosteiros da orde beneditina na comarca, como o de San Salvador de Lourenzá en 969. Ingresou neste cenobio tras a morte da súa esposa e nel atópase o seu sepulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi deputado provincial en Ourense e tivo sona de culto e defensor dos ideais católicos. Fundou o semanario La Nacionalidad, xunto con Venancio Moreno Pablos e Urbano Ferreiroa Millán. Realizou unha serie de monografías sobre os filósofos do s XIX, publicadas no semanario Soluciones Católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Bolaño (Castroverde). Ten planta rectangular con baixo e un andar. Está realizada en cantaría e cachotaría coa cuberta a catro augas. Puido fundarse no s XVI e pertenceu ao pazo de Carballedo. Na fachada principal destaca unha porta alintelada e conserva dous escudos coas armas dos Luaces, os Montenegro e os Bolaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Traballou en San Martiño Pinario como mestre de obras e tomou alí o hábito en 1651. Foi arquiveiro neste mesmo mosteiro e prior de San Lourenzo de Carboeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Membro da orde dos Predicadores, foi un dos grandes historiadores portugueses do s XVI. Destacan, dos seus escritos, De nobilitate civili et christiana (1542), De iustitia coelesti (1564), De regis institutione et disciplina (1572) e Devera sapientia (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta colombiano. Coñecido como Ricardo Arenales e Porfirio Barba Jacob, formou parte da liña máis importante da poesía colombiana no paso do s XIX ao XX. Poeta lírico de temas románticos e técnicas modernistas, escribiu uns oitenta poemas, divididos en tres períodos (1906-1915, 1915-1925 e 1925-1939). Da súa obra destacan Canciones y elegías (1932), Rosas negras (1933) e Canción de la vida profunda y otros poemas (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurisconsulto. Foi membro do Partido Conservador e ministro de Fomento (1919). Non apoiou a Ditadura de Primo de Rivera, demandou a abdicación de Afonso XII e foi deputado nas Cortes Constituíntes da Segunda República (1931); ademais formou parte da comisión redactora do anteproxecto da nova constitución. Durante a Guerra Civil Española foi embaixador en Bruxelas, en París e en Bos Aires. No exilio, formou parte do goberno Giral como ministro sen carteira (1945-1947). Das súas obras destacan Historia del pensamiento político catalán durante la guerra de España con la República Francesa (1913) e Mis Memorias (1946). Foi presidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (1928-1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Amando de Ossorio, comezou como xornalista en Madrid e interesouse tamén pola pintura, a escultura, a fotografía ou a literatura. Contactou co mundo do cine a través do produtor Pedro de Juan e do director ourensán A. Román. Da súa obra destacan as curtametraxes El misterio de la endemoniada (1942) e El último carnaval (1942), e os filmes La bandera negra (1956), dun estilo entre expresionista e surrealista filmado en branco e negro, Malenka, la sobrina del vampiro (1968), La noche del terror ciego (1971), El ataque de los muertos sin ojos (1973), La noche de las gaviotas (1975) e Serpiente de mar (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amando Ossorio Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo marqués de Cerralbo, participou na conquista de Flandres e ao regresar a España foi designado gobernador de Galicia (1587-1591), cargo que ocupou entre 1559 e 1587 o seu pai, Rodrigo Pacheco Osorio , primeiro marqués de Cerralbo. Xogou un papel decisivo na defensa da cidade da Coruña e da illa de Santo Antón en 1589, durante o asedio dos ingleses capitaneados por Francis Drake. Foi tamén gobernador de Flandres. O seu fillo Rodrigo Pacheco Osorio (Ciudad Rodrigo?-Bruxelas 1640) terceiro marqués de Cerralbo, foi gobernador e capitán xeneral de Galicia (1615-1624) e vicerrei de Nueva España (1624-1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo bizantino. Ordenouse sacerdote en Tesalónica (1326) e levou unha vida eremítica en Berea e no monte Athos (1331). Escribiu máis de 60 libros en defensa do hesicasmo, onde expuxo a súa teoloxía, o palamismo. Foi designado arcebispo de Tesalónica por Xoán VI Cantacuceno (1350) e a súa ortodoxia foi recoñecida no Sínodo de Blaquernes (1351). Foi canonizado no Sínodo de Constantinopla de 1368.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico que se sitúa a 180 km ao NL de San Diego (California), no Mount Palomar, a 1.710 m de altitude. Forma parte dos Hale Observatories xunto co observatorio Wilson. Comezou a construírse en 1928 baixo a dirección do astrónomo G. E. Hale, pero ata despois da Segunda Guerra Mundial non comezou a funcionar o seu telescopio reflector xigante que mide 5 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO