Osorio, casa de
Osorio, casa de
Construción situada en Bolaño (Castroverde). Ten planta rectangular con baixo e un andar. Está realizada en cantaría e cachotaría coa cuberta a catro augas. Puido fundarse no s XVI e pertenceu ao pazo de Carballedo. Na fachada principal destaca unha porta alintelada e conserva dous escudos coas armas dos Luaces, os Montenegro e os Bolaño.