Osorio Gutiérrez
Osorio Gutiérrez
Monxe e guerreiro, fillo de don Gutiérrez, señor de Tierra de Campos e Galicia e curmán de san Rosendo. Coñecido como o Conde Santo, herdou as posesións da súa familia en Mondoñedo e fundou varios mosteiros da orde beneditina na comarca, como o de San Salvador de Lourenzá en 969. Ingresou neste cenobio tras a morte da súa esposa e nel atópase o seu sepulcro.