"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • Edificio, na Grecia antiga, en que se conservaba o lume sagrado de Hestia e se efectuaban diversos sacrificios. O seu nome derivou dos prítanos, que substituíron o rei no exercicio das funcións sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos dez períodos do ano, de máis de trinta días, durante o que exercían o seu cargo os prítanos e os membros de cada unha das seccións da bulé ou consello ateniense, tras a reforma de Clístenes (s VI a C).

    2. Cantidade monetaria que había que pagar nas causas civís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos prítanos.

    2. Cada un dos cincuenta cidadáns que na antiga Atenas desempeñaban o cargo de conselleiro da bulé durante unha décima parte do ano. Adoitaban residir permanentemente no pritaneo e estaban presididos por un deles, elixido diariamente, que tiña as funcións de xefe de estado, presidía o consello e a asemblea, e era depositario do selo do estado e das chaves do templo onde se gardaba o tesouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e crítico inglés. Destacou polas súas narracións curtas, cheas de ironía e mordacidade, moitas veces retratos do carácter inglés, tal e como reflectiu en Complete Short Stories (1992). Autor dunha serie de libros sobre España, dos seus volumes de ensaios destacan The Gentle Barbarian (1977) sobre Turgenev, e escolmas como The Complete Essays (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio internacional de arquitectura concedido pola Fundación Hyatt. Foi creado en 1979 pola familia Pritzker de Chicago, propietaria da cadea de hoteis Hyatt, para premiar aqueles traballos que ademais de amosar calidade e talento, constituísen unha interesante contribución para a humanidade. O premio concédese a título individual, a excepción dos anos 1998 e 2001, cando foron dúas as persoas nominadas. Os premiados reciben a cantidade de 100.000 dólares, un certificado formal de citación e, desde 1987, un medallón de bronce. Dos galardoados destacan Philip Johnson (1979), James Stirling (1981), Kenzo Tange (1987), Oscar Niemeyer (1988), Aldo Rossi (1990), Álvaro Siza (1992), Rafael Moneo (1996), Norman Foster (1999), Zaha Hadid (2004) ou Thom Mayne (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da vida privada ou da intimidade dunha persoa que se ten dereito a protexer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ser privado ou de privarse de algo.

    2. Falta ou ausencia do que se necesita ou desexa.

    3. Carencia do que é necesario para vivir dignamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de privar ou privarse.

    2. Que carece de algo.

    3. Que non pertence ao Estado nin se rexe polas decisións da autoridade.

      1. Que pertence a unha persoa ou a un pequeno grupo de persoas.

      2. Que non depende do oficio ou cargo público de alguén.

      3. Que se fai ou está reservado a unha soa persoa, ou a un número determinado delas.

    4. Persoa que goza do favor e confianza dunha persoa importante ou con poder, especialmente dun rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de quen é favorito ou privado dun rei, un príncipe ou un algo cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir que alguén goce ou realice algo que necesita, desexa ou ao que ten dereito.

    2. Desposuír a alguén daquilo que gozaba.

    3. Absterse voluntariamente de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Rhône-Alpes, capital do departamento de Ardèche, Francia (9.170 h [1999]). A súa economía baséase en fiadeiros de seda e na elaboración de confeitos e marrón-glacé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa privación.

    2. Que é propio e peculiar dunha persoa ou dunha cousa, e non doutras.

    3. Aplícase á partícula ou prefixo que expresa a exclusión ou a falta dalgunha cousa, por exemplo in- (inestable) ou a- (anormalidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de venda ao sector privado da propiedade ou participación que ten o sector público en certas actividades económicas, co que se intenta mellorar a eficiencia das empresas, aumentar a competencia e ademais obter beneficios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de privilexiar.

    2. Que ou quen goza dun privilexio, dunha preferencia ou dunha vantaxe.

    3. Que é moi bo ou que destaca entre os da súa clase.

    4. Aplícase á persoa ou grupo social que gozaba de certas prerrogativas ou exencións tributarias no Antigo Réxime. Foi o caso dos membros do estamento militar e do patriciado urbano, que gozaban de privilexio nobiliario, ou os eclesiásticos, que gozaban de privilexio clerical e privilexio de foro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder un privilexio.

    2. Liberar a alguén dunha carga ou concederlle unha exención ou prerrogativa que outros non teñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. antaxe exclusiva ou excepcional, exención dunha obriga, da que se goza por concesión dun superior ou por unha circunstancia propia.

    2. Disposición que emana do poder lexislativo, con forza de lei, en virtude da que se outorga a unha persoa ou a unha categoría de persoas un dereito especial ou un trato de favor, cun certo carácter de permanencia, distinto do que dá a lei común.

    3. Documento en que consta a concesión a perpetuidade dun privilexio. Normalmente chámase diploma cando o conceden os soberanos, a palabra adoita indicar os emanados da chancelaría papal (bula maior). As chancelarías reais expedíronos en pergamiño e denomináronse de formas diversas: precepto, privilexio rodado, privilexio real maior ou carta. Adoitaban ir incluídos en compilacións xerais ou particulares de vilas, xeralmente encadernados nun volume (libro de privilexios) e miniaturizados.

    4. Inmunidade persoal pola que toda persoa que deliberadamente e sen causa eximente cause unha ofensa grave e externa a un crego, incorrerá en excomuñón reservada ao papa. Recollido no código de dereito canónico, foi promulgado no canon catorce do Concilio II de Letrán (1179).

      1. Dereito que tiña o xuíz superior de instruír un preito pendente ou iniciado polo seu inferior.

      2. Dereito dalgunhas xurisdicións especiais para atraer a instrución dos preitos e as dilixencias que pertencen ao foro común.

    5. Privilexio en virtude do que ningún crego nin persoa asimilada podía ser xulgado por un tribunal secular, agás en casos de desaforo. De orixe romana, sancionaba aos que obrigaban aos cregos a presentarse ante un tribunal civil. En España foi recoñecido no Decreto-Lei de Unificación de Foros (1868) e no Concordato de 1953, aínda que posteriormente se aboliu.

    6. Dereito temporal de gozo exclusivo dun procedemento industrial implantado por primeira vez nun país.

    7. Dereito temporal de aproveitar exclusivamente unha produción ou un procedemento industrial non coñecido ou non usado ata entón.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado do hidrocloruro de nafazolina, substancia en forma de pos brancos, amargos, solubles en auga e alcohol, e insolubles en éter e benceno. É simpaticomimética (adrenérxica) e vasoconstritora. Emprégase contra a conxestión da mucosa nasal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, pianista e compositor. Coñecido como André Previn, interesouse pola música impresionista francesa e destacou como autor de obras do romanticismo tardío. Foi discípulo de P. Monteux en dirección e de J. Acron e M. Castelnuovo-Tedesco en composición. Director da Houston Symphony Orchestra (1967-1969), da London Symphony Orchestra (1968-1979) e da Orquestra Filharmónica de Oslo (desde 2002), é autor de Symphony for String (1965), Overture to a Comedy (1966) e Peaches (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio concedido anualmente polo goberno francés en forma de bolsa de estudos aos estudantes de belas artes. Foi creado por Luís XIV de Francia en 1666 e destinouse inicialmente aos estudantes da Académie Royale de Peinture et de Sculpture de París, para completar a súa formación durante un período aproximado de catro anos na Académie de France en Roma. Desde 1723 abríronse as bolsas para arquitectos e desde o s XIX para músicos e gravadores. A súa finalidade é a de perpetuar a tradición académica.

    VER O DETALLE DO TERMO