"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • PERSOEIRO

    Actriz francesa. Coñecida como Mademoiselle Clairon, debutou na Comedia Francesa en 1743, onde obtivo un éxito sen precedentes interpretando o personaxe de Fedra, no espectáculo homónimo baseado nun texto de Racine. Foi unha das primeiras promotoras do recoñecemento dos dereitos dos traballadores da escena, chegando a liderar unha folga na Comedia Francesa, pola que pasou uns días no cárcere, razón pola que abandonou o teatro cando só tiña 43 anos. Posteriormente creou unha escola de formación de actores e en 1799 publicou a súa autobiografía, Mémoires d’Hippolyte Clairon et réflexions sur l’art dramatique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade do Alto Exipto, preto da actual Asyū Palatino; ṭ , na beira occidental do río Nilo. Durante as dinastías IX e X acadou un grande esplendor e os seus príncipes loitaron contra Tebas. Foi un núcleo destacado na época helenística e durante os primeiros séculos do cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descomposición de triacilglicéridos nas células adiposas durante a mobilización de reservas alimentarias.

    2. Descomposición dos lípidos alimentarios en ácidos graxos no curso da dixestión.

    3. Destrución de graxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á lipólise.

    2. Que produce lipólise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, fillo de Manuel Llorente Pastor. Xeneral de división, organizou en Cuba a Garda Civil. Desde 1878 ata 1886 foi gobernador militar de Vigo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución docente británica, fundada en Londres en 1895 por Sidney Webb. Desde 1900 ten categoría de facultade universitaria, dependente da University of London. As súas achegas científicas están recollidas en numerosas publicacións, entre as que destaca Economica (1921). Dela depende o Center for Labour Economics (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Coñecido como Eino Leino, contribuíu como poeta lírico ao triunfo do neorromanticismo sobre o realismo. Publicou Helkavirsiä (Cantos Helka, 1903-1906), escolma de baladas e lendas populares, e Bellerophon (A arpa do vento, 1919). Como dramaturgo intentou revivir o teatro finlandés con pezas como Lalli (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Presidente do Centro Republicano compostelán durante a monarquía, foi elixido alcalde nas eleccións municipais de abril de 1931. Militante da ORGA, en xullo de 1932 convocou unha asemblea de municipios de toda Galicia para a elaboración do proxecto de Estatuto de Galicia (1932). Foi un dos membros fundadores do Partido Nacional Republicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa extensa, máis ca os locólitos, lenticular e intrusiva, de rocha ígnea, cunha depresión central ou cunca na parte superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto megalítico situado en Terra Chá. Están contabilizadas vinte mámoas, con cámaras de tamaño reducido. Dous dos dolmens construíronse con cachotería seca nunha parte do corredor. Nas escavacións atopáronse obxectos como machadas, micrólitos trapezoidais e cerámica lisa, incisa e campaniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Máximo expoñente do modernismo do seu país, o cambio na súa ideoloxía do socialismo militante a actitudes fascistas, reflíctese na súa obra. En poesía escribiu Las montañas de oro (1897), Los crepúsculos del jardín (1905), Lunario sentimental (1909), Odas seculares (1910) e a plenitude de Poemas salariegos (1927). En narrativa tratou temas como a violencia, en La guerra gaucha (1905), e literatura fantástica, en Las fuerzas extrañas (1906) e Cuentos fatales (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís I de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo Urrutia de Luis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francis Leopold McClintock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero de elevado peso molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón orixinario de Madapollam (Hindustān), que se une con tafetá e que se branquea. É de mellor calidade ca o percal e emprégase para a roupa interior branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (15.144 km2; 3.233.799 h [estim 2000]). A súa capital é Cracovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Exaltou a Antigüidade e os ideais humanistas. Próximo ao naturalismo, intimista, paisaxista e amante da natureza, consideraba que a poesía era unha necesidade espiritual da humanidade. Escribiu Dve sud´by (Dous destinos, 1845), Mašen’ka (1846), Očerki Roma (Esbozos de Roma, 1847) e Neapolitanskij al’bom (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas malaio-polinesias.

    2. Familia de linguas asiáticas do phylum aústrico. Fálanse en Oceanía, no Sueste asiático e en Madagascar. Divídese en dous grupos: o grupo oriental, que comprende as linguas polinesias e as linguas de Melanesia e de Micronesia, e o grupo occidental, que comprende as linguas de Filipinas, Indonesia e Madagascar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da familia dos colúbridos, que presenta a cabeza estreita, con placas supraoculares prominentes, e cola longa e fina. A súa cor é verde olivácea. Destaca a especie Malpolon monspessulanus, de ata 255 cm de lonxitude, que se alimenta principalmente de animais que paraliza cun sistema inoculador de veleno opistoglifo.

    VER O DETALLE DO TERMO