"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
-
Embarcacións de pequenas dimensións, calquera que sexa o seu medio de propulsión: vela, remo ou motor, empregadas para a pesca, o tráfico ou a navegación, tanto preto da costa como no interior dos ríos, ou ben como auxiliar doutras maiores. En Galicia, este nome xenérico é pouco usual, pois cada embarcación é denominada polo seu nome específico: dorna, gamela, chalana, etc.
-
Tipo de balsa que serve para atravesar un río dunha beira a outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia grega fundada cara ao 570 a C por colonos de Cirene na costa de Libia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome e apelido galego. Etimoloxicamente, a voz barca comeza a rexistrarse no latín tardío. Segundo algúns investigadores trátase dunha palabra hispánica, quizais ibérica, aínda que axiña se espallou a outras linguas. Posiblemente significase ‘caixón, artesa’ e dela deriva a palabra barco. De feito, antes de que se construísen as pontes, os ríos pasábanse en barcas de remo e en barcos (especie de balsas). Como apelido ten unha orixe toponímica (Ponte da Barca). O nome de lugar fai referencia a un paso nunha corrente de auga onde había unha barca para atravesar. Unha variante deste apelido é Dabarca, onde se conservou a preposición indicativa de orixe ou residencia. A forma con preposición documéntase no s XV: “Alvaro da Barca” (doc ano 1474 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 524). No caso deste último apelido, non hai que descartar a posibilidade de que a súa orixe estivese nun alcume, xa que podería facer referencia...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado no concello de Muxía. Trátase dun dos centros de relixiosidade popular máis antigos de Galicia e forma parte do Camiño de Santiago. A lenda cristiá conta como os galaicos lle deron unha mala acollida ás predicacións de Santiago -ó igual que lle acontecera a Andrés en Teixido ou a Patricio en Irlanda- na mítica vila de Duggium (Duio). Como castigo a tal afronta a vila quedou asolagada. Daquela, o desacougado Santiago dirixiuse cara aos cantís de Muxía para reflexionar e alí, á beira do mar bravo da Costa da Morte, recibiu a visita de María, que aínda vivía en Palestina, nunha barca de pedra (como chegara Andrés a Teixido, varios santos a Bretaña e a Irlanda, e como o propio cadáver de Santiago a Iria Flavia) cunha vela tamén pétrea e o temón do mesmo material. A Virxe deulle ánimo comunicándolle o futuro éxito da súa prédica nesta terra galaica e ordenoulle que volvese a Palestina, xa que a súa misión estaba rematada alí. A barca quedou no lugar do desembarco: o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra de abalar situada no concello de Muxía, vencellada ao santuario cristián mariano de Nosa Señora da Barca. Como paso previo ao remate do camiño en Fisterra, inclúese tamén nas tradicións da peregrinación xacobea. Na romaría, que se celebra entre o 7 e o 15 de setembro de cada ano, os asistentes acoden en masa a abalar a pedra, que ten unhas dimensións de 8,70 m de longo, 6,91 m de ancho e 30 cm de espesura.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia e concello de Muxía coñecida tamén como punta de Xaviña, ao N da vila, nas inmediacións do santuario mariano e da pedra de abalar. Pecha polo S a ría de Camariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Carga ou totalidade de pasaxeiros que leva unha barca nunha viaxe.
-
Cada unha das viaxes que realiza unha barca.
-
-
-
Barco.
-
Liñaxe oriúnda de Ferrol. Relaciónanse con esta caste os Barcadeiro e Barcadiga. As súas armas levan, en campo de azul, un barco de carga sobre ondas de azul e prata.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cunqueiro.
-
-
Recipiente de madeira grande e con pouca altura.
-
Dorna pequena de madeira empregada para ir recollendo o viño que cae ao ser medido, cando se están a encher as botellas ou recipientes, no lugar onde se pisan as uvas. SIN: barquelo.
-
Recipiente de madeira onde se lle bota de comer aos porcos. SIN: bacía, maseira.
-
asilla de madeira empregada especialmente na cociña para amasar ou picar carne. SIN: artesa, maseira.
-
Caixón dividido en varias partes iguais onde as tecelás gardan os nobelos para traballar no tear. SIN: barqueta.
-
-
RIOS
Río afluente do Tambre pola dereita. Nace a 320 m de altitude na divisoria das concas do Xallas e do Tambre, na parroquia de Fontecada (concello de Santa Comba). O seu curso adopta unha dirección NO-SL, atravesando o SO do concello da Baña e afondando sobre unha base litolóxica composta fundamentalmente por xistos. Chega ao concello de Negreira, onde desemboca na veiga do Cotón, deixando a capital municipal á súa esquerda e achegando un caudal de 4,2m3/s, logo dun percorrido de 19 km. A súa conca abrangue unha superficie de 98,5 km2, e entre os seus principais afluentes destaca o río Albariña ou da Baña. O val deste río constitúe o elemento físico definitorio da comarca homónima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barco.
-
Liñaxe natural de Lugo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Barcal e Barcaleta. As súas armas levan, en campo de azul, un barcal ou vasilla de madeira.
-
-
-
PERSOEIRO
Actriz. Iniciou a súa carreira profesional coa Compañía Teatro da Mari-Gaila, participando en espectáculos como O agnus dei dunha nai (1980), Ensaio festivo para unha marcha fúnebre (1981), Acto cultural (1982) e A noite das tríbades (1983). Formou parte do elenco artístico do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck (1984), e durante 1985 integrouse na compañía madrileña Guirigai. De regreso a Galicia participou na creación da compañía Teatro do Atlántico coa que realizou espectáculos como A marabillosa historia de Marly, vampira de Vila de Cruces (1986), Quartett (1987), Liberdade Brenana (1989), Historia de Neera (1990), Non se chora (1993), Tolos de amor (1995), Casa de Bonecas (1995) ou Vellos tempos (1998). Co Teatro do Noroeste...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca occidental da comunidade autónoma, asentada sobre o val do río homónimo. Esténdese aproximadamente desde os 42° 45’ aos 43° 05’ de latitude N e desde os 8° 50’ aos 9° 05’ de lonxitude O. Limita ao N coa comarca do Xallas (concello de Santa Comba) e coa de Santiago (concello do Val do Dubra), ao L coa do Xallas (Mazaricos) e coa de Noia (Outes), ao S coas de Noia (Noia) e Santiago (Brión) e ao O coa de Santiago (Brión e Ames). A súa poboación total é de 12.173 h (1998). Abrangue unha superficie de 213,11 km2, o que supón unha densidade de poboación de 59,65 h/km2(inferior á media galega de 93,5 hab/km2). Intégrana só dous concellos: A Baña (98 km2; 5.578 h) e Negreira (115,11 km2; 6.595 h). A vila de Negreira é a rectora da comarca, un dos tradicionais centros de mercado que organiza o sistema rural de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O río Tambre, no seu treito inferior, artella un territorio ondulado no que... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado probablemente no concello da Estrada, aínda que non é segura a súa existencia. Está mencionado nun documento real de Vermudo III do ano 1032, no que o Rei fai unha lista das vilas e mosteiros que foron doados ao bispo Vistruario, sen especificar os topónimos que se refiren ás vilas e aqueles que se refiren aos mosteiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Freguesía da parroquia de Barcala, concello da Estrada. Un documento do Rei Fruela II datado no ano 924 amosa a existencia dunha vila na época altomedieval. A igrexa, do último cuarto do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida de planta rectangular, o arco triunfal dobrado e apuntado que, de igual modo que un arco faixón, está sostido por columnas con capiteis de follas planas e bólas. No exterior ábrese una fiestra no testeiro con dúas columniñas que levan, á súa vez, uns capiteis vexetais de ascendencia compostelá. A arquivolta está decorada con bólas.
-
-
Relativo ou pertencente á comarca da Barcala ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Barcala.
-