"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, bañado polo río Benamargosa, afluente do Vélez (1.590 h [1996]). Situado na comarca de La Axarquía, a súa economía é fundamentalmente agrícola. Os cultivos tradicionais mediterráneos (cereais, vide, oliveiras, amendoeiras e limoeiros) conviven con outros introducidos recentemente (aguacate, mango e outras especies tropicais). No termo hai restos neolíticos. A orixe da vila é musulmana: a primeira referencia histórica está nun documento de 1216, no que se informa da introdución dos limoeiros por Ibn Beithar. O 4 de maio de 1487 foi conquistada polos Reis Católicos. Logo do levantamento e expulsión dos mouriscos (1569 e 1570), Benamargosa foi repoboada por colonos cristiáns, especialmente de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico inglés. Estudiou a flora dos Pireneos e de Australia. É autor, xunto con Hooker, da monumental obra Genera plantarum ad exemplaria imprimis in herbariis Kewensibus servata definita (1862-1883), onde describe os xéneros de fanerógamas coñecidos daquela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Profesor de Física e Astronomía en Düsseldorf dende 1807, demostrou a rotación da Terra pola desviación dun corpo en caída libre e estudiou a variación da velocidade do son coa temperatura. Con H. W. Brandes, realizou experimentos sobre a traxectoria dos meteoritos e chegou á conclusión da súa orixe extraterrestre (1798).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou Percusión, Harmonía e Contrapunto-fuga nos conservatorios da Coruña, Madrid e Santiago de Compostela. Foi fundador no 1986 do grupo de música contemporánea Talea. En 1987 participou na fundación da ACC (Asociación Coruñesa de Compositores) e da AGC (Asociación Galega de Compositores). Dentro da súa produción destacan as obras: Momento en color metal, op. 2, para cuarteto de metais (1985); Impresiones sonoras en blanco y negro, op. 4, para piano só (1986); Anástasis, op. 18, para piano só (1990) e Las estruturas del caos. Metodología para el establecimento de una ciencia del movimiento y los tiempos simultáneos en la música, op. 23 (1995-1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio, no círculo da Baixa Renania-Westfalia, situado na beira esquerda do Rin. O señorío de Berg foi elevado a condado de Berg en 1101 e a ducado en 1380. En 1423 uniuse ao ducado de Jüllich e en 1511 ao de Kleve. En 1777 pasou por sucesión aos electores de Baviera. En 1806 Napoleón I adquiriu o ducado, que cedeu ao seu cuñado Murat. En 1809 pasou a Luís I Bonaparte, Rei de Holanda. Finalmente, foi incorporado a Prusia en 1815.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formou parte da chamada Segunda Escola de Viena, xunto con A. von Webern e o seu mestre, colaborador e amigo, o tamén compositor Arnold Schönberg. Entroncado coa tradición clásica vienesa, incorporoulle unha sensibilidade posromántica. Polo seu instinto dramático e polo seu poder expresivo, converteuse nun dos representantes do expresionismo musical. Dentro da súa produción destacan as obras: As catro cancións, op. 2 (1909), Cuarteto para corda, op. 3 (1910), Catro fragmentos para clarinete (1913) e a aria O viño (1829), sobre textos de Baudelaire. A súa derradeira obra foi o Concerto para violín e orquestra “Á memoria dun anxo”(1935), estreado en Barcelona en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Publicou en galego os relatos Dona Galicia (1979) e Un neno viquingo (1987), ambos dentro do apartado de literatura infantil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico especializado en xenética molecular. En 1980 compartiu o Premio Nobel de Química con F. Sanger e W. Gilbert polos seus traballos sobre a expresión xénica na síntese proteica das bacterias, e polo pulo que deu ás prácticas que conduciron á enxeñería xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, cabeceira da comarca do Berguedà, situado ao pé da serra de Queralt (14.207 h [1996]). É unha das cidades dormitorio máis importantes de Catalunya fóra das da área metropolitana de Barcelona. A industria acolle a maior parte da poboación ocupada, destacando o sector téxtil, o siderometalúrxico, o de materiais de construción, o da madeira e o alimentario. A súa orixe remóntase á época prerromana. No 905 converteuse na capital do condado independente de Berga, aínda que no 1003 se integrou no condado de Cerdanya, e pasou ao de Barcelona no 1117. Durante a Guerra da Independencia contra os exércitos bonapartistas, Berga foi a sede da Junta Superior de Catalunya (1811). En 1837 estableceuse na vila o goberno carlista (Junta de Berga), ata que foi tomada polo xeneral Espartero. En 1873 foi de novo ocupada polos carlistas durante uns meses. En 1932 foi unha das poboacións nas que se levantaron os anarquistas. Entre o seu patrimonio arquitectónico...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome turco da cidade de Pérgamo.
-
-
Relativo ou pertencente a Bérgamo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Bérgamo.
-
Danza italiana, orixinaria da rexión de Bérgamo, dos ss XVI e XVII; estivo tamén en auxe no s XVIII en Francia. Como composición instrumental, foi construída a miúdo sobre un baixo obstinado. No s XIX recibiron este nome composicións de compás 6/8 e ritmo vivo, parecidas á tarantela. Claude Debussy escribiu no s XIX unha Suite bergamasque (Suite bergamasca, 1890) e Alfredo Piatti tamén compuxo algunhas.
-
-
Relativo ou pertencente á raza bergamasca.
-
raza bergamasca
Raza ovina de orixe italiana, de triple aptitude (leite, la e carne), mellorada a partir da raza leiteira Wilstermarch. Ten a cabeza de perfil convexilíneo, as extremidades longas e a constitución ósea forte.
-
-
Can pastor, de pelo longo, orixinario do norte de Italia.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía (Rimas y sonetos rezagados, 1962; Apartada orilla, 1976, e Poesía casi completa, 1980); o teatro (La niña guerrillera, 1945) e a crítica de arte, pese a que o máis característico da súa creación é o ensaio (Fronteras infernales de la poesía, 1959; Al volver, 1962; El clavo ardiendo, 1974; Páginas de la guerra y el destierro, 1976; Calderón y cierra España, 1979, etc), onde, cun conceptismo verbal que desbota o exceso castizo, manifesta a súa preocupación pola continuidade da cultura castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político conservador. En 1913 foi ministro de Instrución Pública, en 1919 de Gobernación e en 1922 de Facenda e de Estado. Opúxose á ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e ao acabar esta separouse do seu partido. En 1932 defendeu o xeneral Sanjurjo, que se sublevara contra o goberno republicano. É autor de Derecho Mercantil (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro. Pertence á xeración de 1925, da que é un destacado representante das correntes racionalistas. Logo da Guerra Civil emigrou a Venezuela, de onde regresou anos despois. Foi o autor da colonia do Viso (1931) en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se denomina usualmente en perfumería o acetato de linalilo.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Bérgamo, na Lombardía, Italia (117.193 h [1998]). Situada entre os vales dos ríos Brembo e Serio, é un activo centro agrícola, comercial e industrial. Da cidade sobresaen a catedral (1459-1650), a igrexa de Santa Maria Maggiore (1132-1400), a capela Colleone (1476), obra mestra de Giovanni Antonio Amadeo, e a Accademia Carrara, unha das pinacotecas máis ricas de Italia. Cidade de orixe celta, converteuse en centro do ducado longobardo. Foi dominada polos Visconti do 1329 ao 1427, ano en que pasou a formar parte da República Veneciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Lombardía, Italia (2.723 km2; 956.181 h [estim 1998]). A capital é Bérgamo.
-
-
Pequena árbore de follas sempre verdes, ovadas, de pecíolos longos e alados, flores pequenas, brancas e moi olorosas. Procedente da parte tropical e subtropical do SL de Asia, plántase en distintos países de Europa, sobre todo en Calabria e Sicilia. Algunhas variedades cultívanse como ornamentais.
-
Froito da árbore do mesmo nome, duns 7 a 10 cm de diámetro, piriforme, cítrico acedo pero moi perfumado, de cor marela pálida e pel delgada e rica nun aceite esencial, coñecido como aceite de bergamota e con uso en confeitería. Coa polpa prepáranse doces e conservas.
-
Denominación común de distintas variedades de peras de forma arredondada, aplanadas no pecíolo, e de polpa rica en zume.
-
Aceite esencial obtido ao espremer a pel da bergamota. Contén principalmente acetato de linalilo (34-45%), limoneno e linalol. Emprégase en cosmética e perfumería.
-
-
-
Embarcación de dous paos e velas cuadrangulares ou redondas. En Galicia, os bergantíns empregábanse para o transporte de mercadorías. A súa presenza era común naqueles portos que se dedicaban á exportación da súa produción industrial pesqueira. Cargaban as súas adegas cos produtos das fábricas de salgadura e conservas, transportando e exportando grandes cantidades de peixe en conserva cara a Levante, Andalucía, a zona do Cantábrico e mesmo Portugal.
-
Tipo de buque de guerra que, na primeira metade do s XIX, deu paso á construción das fragatas de hélice. No 1793 construíuse en Ferrol un buque destas características, bautizado co nome de Cuervo, que contaba con 14 canóns.
-
Navío de vela, que arboraba, ademais do bauprés, dous ou máis paos, dos que o trinquete era de tres pezas, cruzado e con gabia, e o outro ou os outros eran de dúas pezas, sen cruzar e cunha botavara e un pico en cada un deles izábanse unha áurica e unha escandalosa. Apareceu no s XVIII na mariña de guerra e na mercante, como unha evolución do bergantín, e subsistiu mentres perdurou a navegación de vela.
-
Navío de vela co casco de bergantín redondo e con aparello de polacra no pau maior (de dúas pezas) e aparello de bergantín no trinquete (de tres pezas).
-
-
-
Embarcación característica do Mediterráneo, mixta de xabeque e bergantín. Normalmente arboraba dous paos, ademais do bauprés, sen gabias nin cruzados: o trinquete, con velas redondas, e o maior, con vela latina. Algunhas bergantinas arboraban tres paos: maior e mediano con aparello latino e trinquete con velas redondas, e outras mesmo levaban aparello de goleta. Apareceu canda os bergantíns e empregouse nas mesmas navegacións.
-
Vela maior áurica dos bergantíns.
-