Benamargosa

Benamargosa

Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, bañado polo río Benamargosa, afluente do Vélez (1.590 h [1996]). Situado na comarca de La Axarquía, a súa economía é fundamentalmente agrícola. Os cultivos tradicionais mediterráneos (cereais, vide, oliveiras, amendoeiras e limoeiros) conviven con outros introducidos recentemente (aguacate, mango e outras especies tropicais). No termo hai restos neolíticos. A orixe da vila é musulmana: a primeira referencia histórica está nun documento de 1216, no que se informa da introdución dos limoeiros por Ibn Beithar. O 4 de maio de 1487 foi conquistada polos Reis Católicos. Logo do levantamento e expulsión dos mouriscos (1569 e 1570), Benamargosa foi repoboada por colonos cristiáns, especialmente de Castela.