"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Denominación que recibe a área marítima do Océano Atlántico que se estende entre a península de Florida (EE UU) e as illas Bermudas e Puerto Rico, comprendendo a parte occidental do Mar dos Sargazos. Esta denominación foi aplicada logo da desaparición misteriosa de moitos barcos e aeronaves no interior dos límites descritos, sen que se atopasen ata a actualidade explicacións satisfactorias nin restos das persoas e naves desaparecidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de tipo patronímico. Formouse a partir do nome persoal de orixe xermánica Bermudo, variante gráfica de Vermudo, que procede das voces góticas baira ‘xabaril’ e munds ‘axuda, protección’. Como apelido xa se documenta no s X: “Gugina Veremudiz” (doc ano 929 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 368), “Egika Vermudiz” (doc ano 998 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 368).

    2. Liñaxe natural da parroquia de Montaos, en Ordes. Unha rama estableceuse no val de Nogueira, en Bergantiños; outra deu orixe á poderosa casa-fortaleza da Penela. Tamén se estableceron en Negreira, Betanzos e Verín. Os da casa de Allo, partido de Corcubión, pasaron ao Nuevo Reino de Granada. Os Bermúdez de Castro foron moi poderosos en Montemaior, Laracha, disque teñen como tronco os Suero Bermúdez de Montaos, proxenitores de Inés Bermúdez, quen casou con Fernando Ruiz de Castro, fillo ilexítimo do conde de Lemos. Deste xeito ambos xunguiron definitivamente os dous apelidos, recaendo neles o marquesado de Montaos. Espalláronse por toda España e América, fundando casas en Zaragoza, Segovia, Ciudad Real, Albacete, Castropol ou Palos de Moguer, de onde pasaron a Lima; dos da Pobra do Caramiñal e Mondoñedo proceden os do Nuevo Reino de Granada. As súas armas levan escudo axadrezado de ouro e goles. Outra variante ostenta axedrezado de prata e goles: oito xadreces de goles e sete de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e poeta romántico. Foi representante español en México (1844-1847), Nápoles (1864) e París (1865). Recolleu as súas poesías en Ensayos poéticos (1840), onde usou preferentemente un tipo de oitava chamada bermudina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Director do Museo Nacional de Ciencias Naturais. Membro do equipo que investiga dende 1990 o xacemento mesoplistocénico de Atapuerca (Burgos), onde se especializou na dentición fósil. En colaboración con Emiliano Aguirre e Eudald Carbonell coordinou El Hombre fósil de Ibeas y el Pleistoceno de la Sierra de Atapuerca (1987). En 1997 obtivo o Premio Príncipe de Asturias na modalidade de investigación e ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Despois de percorrer Portugal, Francia e numerosos países de África, ingresou na orde de San Domingos. Estudiou grego e latín, e coñecía o hebreo, o árabe e as linguas dos países nos que estivo. Escribiu as traxedias Nise lastimosa e Nise laureada, publicadas en 1577. O argumento está baseado nos amores entre Inés de Castro e o infante Pedro de Portugal. Escribiu tamén Hesperodia, un poema escrito en dísticos latinos dedicado ás vitorias do duque de Alba Fernando Álvarez de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Ingresou na Armada en 1751 acadando o grao de alférez de fragata en 1754 e o de tenente xeneral en 1809. En 1762 participou no sitio de La Habana e en 1774 foi nomeado comandante do arsenal de Cavite. En 1797 estivo á fronte das compañías de gardamariñas, participando nas baterías do arsenal da Carraca (Cádiz) e na rendición da escuadra francesa do almirante Rosilly (1808). Foi ministro do Tribunal Especial de Guerra e Mariña (1811).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro da Real Audiencia da Coruña. Casou en 1599 con María Pita, da que foi o cuarto e derradeiro home. Mantivo litixios con Francisco González de Lesta e cos seus fillos pola posesión do Coto de Lendoño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Preocupado polo debuxo e a luz, realizou paixases con escenas costumistas de ámbito galego. O seu paisaxismo está vinculado con Sorolla, a quen coñecía das visitas ao seu obradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor. Coñecido nos ambientes artísticos como Jambrina, escribiu diversas composicións poéticas, unhas aparecidas na Revista Gallega e outras reseñadas por Uxío Carré Aldao e Antonio Couceiro Freijomil. Non obstante , a súa principal achega á normalización cultural, que se iniciou a principios de século, terá lugar no eido das artes escénicas, pois foi un dos máis importantes animadores da Escuela Regional de Declamación, participando nos espectáculos Filla...! (1903), A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). En 1905 a Revista Gallega informaba dos problemas internos da compañía e anunciaba a marcha a Madrid de Bernardo, contratado pola Compañía de Borrás, habitual na programación do Teatro Principal da Coruña. Xunto con Eduardo Sánchez Miño, con quen coincidiría na Escuela Regional de Declamación, sería un dos primeiros actores con vocación e proxección profesional en Galicia. Entre a súa produción literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo, canonista e orador. Foi bispo de Astorga (1729). Publicou numerosos sermóns relacionados con Santiago de Compostela e deixou manuscrita Historia del Apóstol Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indiano. Chegou á Banda Oriental do Río de la Plata como soldado; sen embargo, trala súa invalidez instalouse alí como un dos poboadores de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no concello da Pobra do Caramiñal, na antiga Poboa do Deán. Consérvase a torre e unha casa do s XVI de estilo plateresco. Alberga no seu interior o Museo Valle Inclán e a Casa da Cultura. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao arquipélago das Bermudas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do arquipélago das Bermudas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome persoal Vermudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano e teórico musical. É autor de dúas obras importantes para o coñecemento da música do s XVI tituladas Arte Tripharia (1550) e Declaración de instrumentos musicales (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado no conservatorio de Madrid, realizou estudios musicais con Julio Gómez, Sergiu Celibidache, Goffredo Petrassi e Bruno Maderna, entre outros. Cómpre destacar da súa abundante produción as pezas: Picolo concerto (Pequeno concerto, 1959), Espacios variados (1962), Heterofonías (1967), Impulsos (1972), Numancia (1975) e Nostálgico (1986). Compuxo a música para a montaxe teatral La Celestina (1988) e a banda sonora das películas Nueve cartas a Berta (1965) e Tormento (1974). Foi Premio Nacional de Música en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse nas escolas de Arquitectura de Madrid e Barcelona, onde reside. As diversas obras realizadas en Galicia reflicten o seu interese pola introdución de propostas arquitectónicas mediterráneas: o consultorio do Doutor Bertólez (A Pobra de Trives, 1982). Xunto a Anna Martínez Durán é autor da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Ourense e da Oficina de Turismo e Servicios Sociais de Pobra de Trives (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO