"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • PERSOEIRO

    Físico. Foi profesor da Universidade da Sorbona e director do seu Laboratorio de Investigacións Físicas. Inventou o electrómetro capilar (para medir a carga eléctrica), o celostato (dispositivo para manter fixa unha cámara e tomar fotos astronómicas de longa distancia), e creou o primeiro sistema de fotografía en cor. Estudiou a polarización das pilas e predixo o fenómeno da piezoelectrización do cuarzo. En 1908 recibiu o Premio Nobel de Física polo seu procedemento para a fotografía en cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor rexionalista, fillo do escultor Reimundo López Pol. Coñecido como Manuel Garabal, formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago con Mariano Tito Vázquez, influencia que explica o tenebrismo das súas primeiras obras (A enredante, 1926; Sol entre carballos, 1946), e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde descubriu a luminosidade e a cor (Rapaz comendo mazás; O millo, 1934). O feito de que frecuentase o taller de Cándido Garabal foi de grande importancia para o seu desenvolvemento artístico. Aínda que expuxo no acto inaugural da Sociedade Galega de Amigos da Arte (1929), ese mesmo ano abandonou a pintura, afectado de tuberculose. Xa recuperado (1932) reiniciou a súa actividade, especialmente prolífica tralo remate da Guerra Civil Española (1936-1939). En 1941 obtivo o título na Escola Superior de Belas Artes e converteuse en profesor de Debuxo Lineal e Decorativa na Escola Elemental de Traballo en Santiago de Compostela. Deste ano data a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Delegado de El Progreso en Sarria e correspondente da axencia EFE en Lugo desde 1970, traballou nunha emisora local (1961-1964) e foi redactor en Radio Cadena e RNE. Director e fundador da Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago (APCSA), é cronista oficial de Portomarín. Publicou Sarria, capitalidad del Camino Francés en Tierras de Lugo (1984), Del viejo al nuevo Portomarín (1985), Paradela y su Concello (1990), en colaboración, El Camino Francés en Galicia (1992) e O Cebreiro (2003). Recibiu o Premio Belén de Begonte, o Premio Meigas e Trasgos de Sarria e o Premio Xacobeo 93.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Louangphrabang, Laos, situada á beira do Mekong (68.399 h [1985]). É unha antiga residencia real e un centro do budismo laosiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (16.875 km2; 367.200 h [estim 1995]). A súa capital é Louangphrabang.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de ouro almorábide, cun valor que se corresponde co do dinar (aproximadamente 4 g).

      1. Cada un dos diferentes tipos monetarios de ouro batido nos reinos cristiáns, que seguían o patrón do marabedí almorábide.

      2. marabedí afonsino/castelán

        Marabedí cuñado por Afonso VIII que seguía a metroloxía do modelo e circulou abundantemente en Catalunya.

      3. marabedí leonés

        Marabedí cuñado polos reis Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230), seguindo o patrón metrolóxico do marabedí almorábide, pero con tipoloxía cristiá.

      4. marabedí portugués

        Marabedí cuñado por Sancho I de Portugal (1185-1211), Afonso II de Portugal (1211-1223) e Sancho II de Portugal (1223-1248), de patrón metrolóxico almorábide e de tipoloxía cristiá levaba a heráldica portuguesa e mostraba unha excelente factura románica.

    2. Moeda de conta medieval castelá coa que se taxaba o valor de moeda corrente de ouro, prata ou de billón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suceso, persoa ou cousa que provoca grande admiración por ter características extraordinarias.

    2. Impresión de admiración provocada por algo que resulta extraordinario ou deleita os sentidos.

    3. Planta herbácea gabeadora que presenta follas similares á hedra e flores de cor azul. Emprégase coma planta ornamental.

    4. Conxunto de sete construcións consideradas na época helenística os principais exemplos da perfección. Eran a pirámide de Keops, o mausoleo de Halicarnaso, os xardíns colgantes de Semíramis en Babilonia, o Faro de Alexandría, o Coloso de Rodas, o Zeus olímpico de Fidias e o templo de Artemisa en Éfeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar en alguén un sentimento de admiración ou sorpresa.

    2. Sentir alguén unha grande admiración ou sorpresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de Nosa Señora das Marabillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cartelle. Comezou a construírse en 1813, sobre as ruínas dun templo do s XVII, desde o que se trasladou a imaxe da Virxe das Marabillas. Ten planta de cruz latina con nave e cruceiro abovedados. No seu interior conserva unha imaxe barroca da Inmaculada do s XVIII nun retablo neoclásico, e unha cruz de metal do s XVI. Na fachada destaca unha torre de dous corpos, rematada con balcón corrido e cúpula con lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que provoca un sentimento grande de admiración ou sorpresa debido ao seu carácter inexplicable ou sobrenatural.

    2. Que causa admiración ou sorpresa por posuír calidades superiores ao que é habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave do xénero Leptoptilos, da familia dos cicónidos, que ten 120 cm de alzada e máis de 250 cm de envergadura. Presentan o bico cónico, coa base tan grosa como a cabeza, unha papada fláccida, característica sexual secundaria, que ten relación coa función respiratoria, e a cabeza e o pescozo nus e coa pel rosada. Son gregarios e necrófagos. A especie L. crumeniferus (marabú africano) habita desde Sudán e Etiopia ata Zambia; L. dubius (marabú indú) e L. javanicus habitan desde India central ata Borneo.

    2. Adorno feito con plumas de marabú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro, no Magreb, dunha comunidade relixioso-militar que vivía nunha rābita.

    2. Predicador musulmán que conseguía reunir un grupo de discípulos ou fundar unha confraría mística.

    3. Tumba dun santo musulmán que, polas bendicións que se lle atribúen, é obxecto dunha veneración popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode mellorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é digno de ser recordado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode mesturar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiséptico de potente acción funxicida que se presenta en forma de cristais incoloros que funden a 131°C. O seu sal sódico emprégase moito como aditivo alimentario e como preparado galénico.

    VER O DETALLE DO TERMO