marabilla
(< lat mirabilĭa)
-
s
f
Suceso, persoa ou cousa que provoca grande admiración por ter características extraordinarias.
Ex: Este coche é unha marabilla, ten moitas comodidades.
-
s
f
Impresión de admiración provocada por algo que resulta extraordinario ou deleita os sentidos.
Ex: A aparición do rei causou unha gran marabilla.
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea gabeadora que presenta follas similares á hedra e flores de cor azul. Emprégase coma planta ornamental.
-
as sete marabillas do mundo
Conxunto de sete construcións consideradas na época helenística os principais exemplos da perfección. Eran a pirámide de Keops, o mausoleo de Halicarnaso, os xardíns colgantes de Semíramis en Babilonia, o Faro de Alexandría, o Coloso de Rodas, o Zeus olímpico de Fidias e o templo de Artemisa en Éfeso.
Frases feitas
-
De marabilla. Moi ben.
-
Facer marabillas. Facer alguén moitas cousas e moi ben con poucos recursos.