marabedí

marabedí

(< ár murābiṭī ‘relativo ou pertencente ós almorábides’)

  1. s m [NUMIS]

    Moeda de ouro almorábide, cun valor que se corresponde co do dinar (aproximadamente 4 g).

  2. [NUMIS]
    1. s m

      Cada un dos diferentes tipos monetarios de ouro batido nos reinos cristiáns, que seguían o patrón do marabedí almorábide.

    2. marabedí afonsino/castelán

      Marabedí cuñado por Afonso VIII que seguía a metroloxía do modelo e circulou abundantemente en Catalunya.

    3. marabedí leonés

      Marabedí cuñado polos reis Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230), seguindo o patrón metrolóxico do marabedí almorábide, pero con tipoloxía cristiá.

    4. marabedí portugués

      Marabedí cuñado por Sancho I de Portugal (1185-1211), Afonso II de Portugal (1211-1223) e Sancho II de Portugal (1223-1248), de patrón metrolóxico almorábide e de tipoloxía cristiá levaba a heráldica portuguesa e mostraba unha excelente factura románica.

  3. s m [NUMIS]

    Moeda de conta medieval castelá coa que se taxaba o valor de moeda corrente de ouro, prata ou de billón.

Formas incorrectas

maravedí

Palabras veciñas

Mara | Mara | Māra | marabedí | marabilla | marabillar | Marabillas, As