"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Sarria en marzo de 1928. Cesou a súa edición no número 24. Subtitulouse “Periódico semanal” e estaba dirixido por Rosa Mª de Oñate y Prendergast. Incluíu numerosos ecos de sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1078-1102). Liderou, xunto con Raimundo IV de Saint Gilles, a cruzada contra os musulmáns na Península Ibérica (1087).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Discípulo de Rembrandt (1641?-1643), cultivou o retrato, a paixase e a composición figurativa. Estableceuse en Delft en 1650. As súas obras sitúanse entre a liberdade do trazo do seu mestre e a rotundidade volumétrica do seu discípulo J. Vermeer. Entre as súas pinturas destacan Autorretrato, A resurrección de Lázaro (1642) e O xilgaro (1654). O seu irmán, Barent Fabritius (1624-1673), foi pintor e quizais discípulo de Rembrandt. Cultivou o retrato, a temática mitolóxica e bíblica e as escenas costumistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘manta’.
-
PERSOEIRO
Reformador. Adherido ao luteranismo destacou como predicador. Publicou a primeira liturxia cristiá en francés e difundiu a Reforma por Basilea (1524), Berna (1529) e Xenebra (1532) onde acolleu a Calvino (1536), co que tivo que fuxir da cidade e refuxiarse en Neuchâtel, despois de que o consello municipal xenebrino decretase a expulsión de ambos os dous (1538).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mentira’.
-
-
Mestura de auga e farelo.
-
Parte da celebración do Entroido, na comarca de Monterrei, na que se lle bota fariña á xente que está na rúa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mentireiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mentir’.
-
-
Que produce ou ten relación co farelo.
-
Día anterior ao inicio do Entroido dedicado ao esparexemento de farelos, especialmente entre as persoas que se collen desprevidas. Nalgúns lugares, o farelo é substituído por borralla, de aí que este día reciba tamén o nome de borralleiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casca desfeita dos cereais despois de pasar polo muíño e separala da fariña. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Agradecédemo, veciñas, que boto farelo ás miñas galiñas. Alegrádevos, veciñas, que lle dou farelo ás miñas galiñas.”
-
MONTES
Monte que constitúe o teito da serra do Farelo e que serve de límite ás parroquias de Ventosa e As Trabancas (Agolada) coa de San Martiño de Amarante (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 951 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, unha bandeira de prata, cunha cruz de goles.
-
MONTES
Monte da serra do Larouco que serve de límite entre as parroquias de Baltar e Vilamaior da Boullosa (Baltar). O seu cumio acada os 1.398 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Aliñación montañosa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, unha das que integran a Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección N-S e serve de límite aos concellos de Agolada e Antas de Ulla. Culmina nos 951 m de altitude do monte Farelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten farelo.
-
Que ten fariña.
-
-
PERSOEIRO
Militar e político arxentino. Participou no golpe de estado que derrubou o presidente Castillo e foi nomeado ministro da Guerra en xuño de 1934 e vicepresidente do goberno en outubro. Ocupou a Presidencia da República entre 1944 e 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deuse a coñecer coa triloxía Studs Lonigan (1935) e posteriormente escribiu Reflections at Fifty (1954) e Literary Essays (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FERE.
-
GALICIA
Arquitecto. Formouse co seu pai Francisco Antonio Fernández Sarela e con Fernando de Casas Novoa. Entre as súas primeiras obras atópanse a supervisión das obras de Santa María de Rus (Bergantiños, 1739); a traza e a realización do pedestal do altar maior da igrexa do colexio das Orfas (1740); e en 1741 unha porta da muralla e a fachada dunha casa na porta da Pena en Santiago. En 1744 comezou a traballar baixo a dirección de Fernando de Casas na fachada do Obradoiro e, dende 1745, foi recoñecido como aparellador de arquitectura e cantería. Ese mesmo ano construíu as bóvedas de San Miguel dos Agros, baixo as trazas de Fernando de Casas. Na catedral atribúenselle a porta da Igrexa Baixa e as salas do Arquivo e do Tesouro e, dende 1759, traballou con Lucas Ferro Caaveiro na fachada da Acibechería. Realizou traballos de supervisor de obras do cabido compostelán e, entre outras obras, o pazo de Bendaña na praza do Toural, a Casa do Deán (1747-1753), na que destaca a fachada con molduras e placas,...
VER O DETALLE DO TERMO