"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Órgano colexiado asesor e consultivo, nacido ao abeiro do artigo 32 do Estatuto de Galicia e regulado pola Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega. Ten a súa sede no pazo de Raxoi en Santiago de Compostela. A súa creación respondeu á obriga da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego que lle corresponden como Comunidade Autónoma. Está dotado de personalidade xurídica e ten capacidade de iniciativa, investigación e organización. As súas competencias son: analizar as cuestións referidas ao patrimonio cultural galego; fomentar a lingua e a cultura galegas; investigar e valorar as necesidades culturais do pobo galego; organizar actuacións culturais dentro e fóra de Galicia que se adecúen aos seus fins; asesorar e consultar os poderes da Comunidade Autónoma o que sexa preciso para defender e promocionar os valores culturais do pobo galego e elevar aos poderes da Comunidade Autónoma informes e propostas a favor desta defensa e promoción. O 29 de setembro de 2000...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo pertencente ao Consello de Europa que xestiona os programas organizados por este en materia de educación e cultura. Para este fin conta con catro comités especiais, dedicados respectivamente á educación, ensino superior, cultura e patrimonio cultural. Entre os seus programas e iniciativas educativas cómpre destacar o proxecto sobre ensino secundario en Europa, a conferencia permanente sobre problemas universitarios, as accións sobre a aprendizaxe de linguas europeas, as accións sobre a educación de adultos, o programa de bolsas para docentes, etc. Converteuse entre os anos 1960 e 1990, en particular, no grande espazo prospectivo para a formulación de políticas culturais públicas nos países europeos democráticos e, neste sentido, as políticas culturais impulsadas desde a UE teñen como referencia a filosofía do Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición e unión das partes constituíntes dunha cousa, en especial de certos tecidos orgánicos.

    2. Configuración física dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte cirúrxico que se realiza en situación oposta a unha ferida para facilitar a drenaxe desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo ou aparello que, con mal tempo, se emprega como reforzo na amura da vela maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda vertente que lle dá máis escuadra ao cango de esquina de xeito que suaviza a pendente da cuberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contracción permanente, involuntaria e non reversible, dun ou máis grupos musculares, que mantén a zona respectiva nunha posición viciosa. Caracterízase por unha activación do metabolismo muscular, o aumento da produción de calor, a glicólise e a formación de ácido láctico.

    2. Estreitamento do fuste dunha columna na súa parte superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación sociolóxica e política dun movemento e fenómeno social que ten o obxectivo de subverter e superar o sistema tradicional de valores da sociedade capitalista, dogmática e autoritaria. O seu anticonvencionalismo manifestouse nas actitudes de grupos marxinais con reivindicacións de signo radical. Xurdiu na metade da década dos sesenta nos EE UU, especialmente entre os mozos que rexeitaban os valores sociais e os modos de vida establecidos, e en certos países europeos. Os primeiros acontecementos contraculturais en Europa foron as actividades dos provos no 1965 en Amsterdam e a publicación en Londres de Sigma. A Tactical Blueprint (Sigma. Un anteproxecto táctico, 1964), de Alexander Trocchi. Entre outras manifestacións cómpre salientar a utópica revolta dos diggers e a súa derivación no movemento hippy, a acción de enragés e situationistes nos feitos do Maio do 1968 en París, o radicalismo ecoloxista de People’s Park en Berkeley (1969),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á contracultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento que anula unha escritura pública anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substituto dun actor ausente da escena teatral por algún motivo, como pode ser un cambio de vestiario. O dobre pode ser outro actor, pero tamén un manequín ou boneco caracterizado cos seus atributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Furar unha peza empregando como guía da broca os buracos feitos anteriormente noutra peza que se superpón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reforzar un muro ou muralla cun contramuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario ás leis e á orde da natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinatura de quen contraasina un documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuízo que se forma dunha cousa ou acontecemento a partir dos indicios ou sinais que se teñen.

    2. Hipótese emitida a priori sobre a exactitude ou inexactitude dun enunciado do que se ignora a demostración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode conxecturar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se fundamenta en conxecturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Supoñer algunha cousa por conxecturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación ou circunstancia propicia para levar ou tentar levar a cabo algo.

      1. Combinación fortuíta de acontecementos ou circunstancias que se dan nun momento concreto e que afectan a un sector determinado.

      2. Conxunto dos compoñentes, permanentes e accidentais, da vida económica, que permiten coñecer a situación financeira nun momento determinado. Entre outros elementos, está definida pola balanza de pagamentos, o tipo de xuros e os prezos.

    VER O DETALLE DO TERMO