"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte que consiste en investigacións que se fan para predicir o futuro.
-
-
Cada unha das agrupacións de estrelas que, vistas co telescopio, presentan un aspecto brillante, nebuloso e xeralmente aplanado. Por mor das inmensas distancias que separan a Terra das galaxias, é case imposible distinguir ningunha estrela individual. Ch. Messier, para evitar confusións á hora de identificar cometas, confeccionou un catálogo que inclúe nebulosas, cúmulos de estrelas e galaxias exteriores. Os obxectos catalogados por el están indicados coa letra M seguida dun número de orde. O primeiro observador que detectou a estrutura espiral dunha galaxia foi W. P. Rosse, no ano 1845. A proba experimental de que as galaxias eran obxectos exteriores á Vía Láctea e semellantes a ela na composición, a estrutura e as dimensións, foi acadada en 1923 por E. Hubble, quen observou as galaxias espirais de Andrómeda e do Triángulo no Mount Wilson Observatory. Malia que E. Hubble observou unha gran diversidade de formas de galaxias, puido establecer unha clasificación en elípticas, espirais...
-
A Vía Láctea. OBS: Nesta acepción escríbese con maiúscula.
-
Galaxia que ten unha masa centenares de miles de veces menor ca a da Vía Láctea. Observacións recentes mostran que debe ser o tipo máis numeroso de galaxia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín trimestral de libros da editorial homónima. Incluíu, ademais de recensións dalgunhas obras, entrevistas a persoeiros da cultura galega, notas informativas sobre literatura e artigos sobre a obra de diversos autores galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de boletíns culturais e literarios editados en Ourense a partir de xullo de 1926. Dirixidos por Augusto María Casas e Xohán Rafael, incluíronse neles numerosas obras literarias de autores galeguistas, como O purgatorio de don Ramiro, de Ramón Otero Pedrayo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial constituída en xullo de 1950 en Santiago de Compostela coa finalidade de revitalizar a cultura galega a través dos libros. O seu primeiro consello de administración estaba presidido por Ramón Otero Pedrayo, e xunto a el en diferentes cargos Manuel Gómez Román, F. Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Sebastián Martínez-Risco, Antonio Fernández López e Xesús Ferro Couselo. O seu primeiro director literario foi Ramón Piñeiro. A partir do 3 de novembro de 1950 comezaba a desenvolver o seu labor editorial en Vigo. Daquela os seus obxectivos principais eran: promover e coordinar os esforzos dos escritores para difundir a súa obra e seleccionar un plan de edicións adecuado á realidade literaria de Galicia. Deste xeito, tentábase crear unha biblioteca que abranguese unha multiplicidade de temas relacionados co país, como a natureza, a economía, a historia e, sobre todo, a literatura. Ademais, procurábase potenciar o número de traducións ao galego e promover unha serie de publicacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que estudia os procedementos de recubrimento de superficies metálicas por electrodeposición dun metal, coa finalidade de protexelos ou de mellorar o seu aspecto externo. Os metais máis empregados para o recubrimento son o cobre, o níquel, o cromo, o cinc, o estaño, o ouro e a prata. A galvanostexia comprende a preparación da superficie e o recubrimento nun baño electrolítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bloqueo da transmisión do impulso nervioso no nivel da sinapse ganglionar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor viva no epigastrio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia gástrica que se produce no interior do estómago por lesións dos vasos das súas paredes. A perda de sangue pódese manifestar por vómitos de sangue ou por presenza de excremento negro e pegañento (melena).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado á beira do río Ladra, probablemente en Santiago de Gaioso (Outeiro de Rei). Documéntase nun testamento de 1019.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a formación e o comportamento do xeo e as diversas formas en que este se presenta na natureza (inlandsis, glaciares, icebergs, etc). O xeo está formado por numerosos cristais con estruturas moi complexas; a causa da presión, que é moi elevada en determinadas concentracións de xeo, experimenta un tipo determinado de metamorfismo que o fai altamente consistente, e o seu comportamento non se afasta moito do observado nalgúns tipos de rochas. Pódense ver distintas capas, correspondentes a diversos períodos climáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise da lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo dentro da lingüística diacrónica e da lexicoloxía histórica, que mide o tempo pasado entre os estadios dunha lingua por medio de formas que son identificables etimoloxicamente, ou ben que tenta determinar os cambios lingüísticos para establecer os sistemas léxicos.
-
-
Colección ou tratado de aforismos.
-
Uso de máximas na escritura e na fala.
-
-
-
Rama da filosofía que se ocupa do coñecemento en xeral, que estudia a orixe, a natureza e o valor do mesmo. Non debe confundirse coa epistemoloxía, que centra o seu estudo no coñecemento científico.
-
Ciencia que estudia os principios, as leis, os postulados e as hipóteses científicas e trata dos problemas do método, da unidade e da división das ciencias. Considérase como punto de partida desta disciplina -chamada preferentemente epistemoloxía- a Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837), de Bernhard Bolzano, e a Philosophy of the Indutive Sciences, Founded upon their History (1840), de W. Whewell, e do seu continuador A. A. Cournot. A partir de 1900 xurdiu o movemento da crítica das ciencias, dirixido contra o dogmatismo dalgúns científicos e centrado no estudo da natureza das leis e as teorías da física e as matemáticas (H. Poincaré, P. Duhme, E. Mach, W. Ostwald, C. S. Pierce, K. Pearson, G. Frege ou B. Russell). Recentemente destacou o traballo de G. Bachelard.
-
-
PERSOEIRO
Sofista e retórico grego. Discípulo de Empédocles, exerceu como sofista e retórico en Atenas. Das súas obras conservadas destaca Sobre a natureza e o non ser, na que sostivo a posibilidade do coñecemento e comunicación do ser. Foi ademais o personaxe central do diálogo homónimo de Platón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diálogo de Platón escrito ao redor de 393 a C en que defendeu a doutrina socrática sobre o diálogo como procura do que debería ser a vida. Ao mesmo tempo atacou os sofistas, en especial a Gorxias, que defendían a retórica e a elocuencia e ensinaban estas disciplinas a cambio de diñeiro, e os atenienses interesados nos cargos políticos. Para Platón, os sofistas non chegaban á verdade nos seus discursos, senón que só utilizaban a retórica como técnica para destruír os seus adversarios, feito que demostra que a retórica pon máis énfase na persuasión ca na verdade. Trátase dunha crítica ao relativismo dos sofistas e ao seu escepticismo, fronte ao absolutismo moral de Sócrates e do mesmo Platón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do carácter dunha persoa a través da súa escritura. Baséase no principio de que certos movementos físicos do home se relacionan coas súas disposicións psíquicas. Todos os impulsos que proceden do cerebro dan unha resposta muscular que condiciona á man a uns trazos concretos. Pódese interpretar a escritura cun conxunto de trazos con interrelacións dinámicas. Considérase como o creador da grafoloxía o francés Jean-Hippolyte Michon (1806-1881), pero quen lle deu un impulso definitivo foi Jules Crépieux-Jamin (1859-1940), quen distinguiu sete xéneros gráficos fundamentais (velocidade, presión, dirección, dimensión, continuidade, forma e disposición) e unhas cento setenta e cinco especies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica da fabricación de sales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Redución anómala dunha ou de dúas articulacións semellantes ou repetidas cando posúen consoantes iguais. Por exemplo: o cultismo idolatría (< ĪDOLOLATRĪA), o latinismo vulgarizado misere nobis (< MISERERE NOBIS) e as patrimoniais herdar (< HĒRĒDĬTARE) e soá (< SŬBSOLĀNA). OBS: Tamén se denomina haplolalia ou condensación asimiladora.