"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Flor do millo.

    2. Flor do castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar a flor o castiñeiro, o millo e outros vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (245 km2; 139.132 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abertura estreita que se forma nun sólido.

      2. fenda anelar

        Defecto da madeira consistente na separación de dúas capas contiguas do tecido leñoso.

    1. Suco máis ou menos profundo e sinuoso, situado na superficie dalgunhas vísceras. As máis importantes son as dos pulmóns e as do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goiriz, Vilalba 07/07/1958. Filólogo.
    Licenciado en Filoloxía Románica pola USC (1982), en 1983 entregou a memoria de licenciatura titulada O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. Foi lector de castelán e galego na Universidade de Colonia (1985-1987). Regresou en 1987 á Universidade de Santiago de Compostela como axudante e en 1989 obtivo o título de Doutor en Filoloxía Románica coa tese titulada A fala do Norte da Terra Chá: estudio descritivo, dirixida por Antón Santamarina. En 1994 obtivo a praza de profesor titular e en 2008 a de catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa exercendo. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega de 2005 a 2009. 
    É tamén investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1981 do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Canedo (Ourense). Construída no s XVIII, ten planta rectangular con dous andares e un patio interior, con escaleira e solaina, e conta cun corpo engadido ao SO. Os seus escudos, que aluden aos Reinoso, atópanse na casa de Coto Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Abandonou a súa inicial vocación pictórica pola fotografía e instalou un estudo en Wolverhampton, onde realizou retratos seguindo técnicas, temas e poses pitóricas. Instalado en Londres (1862), foi un dos primeiros en experimentar coa dobre exposición e a fotomontaxe, manipulando e retocando as fotografías. Participou na segunda Exposición Universal en París (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Carballo (Taboada). Realizada en cachotaría e cantaría de granito, a maior parte do conxunto data do s XVIII, aínda que está documentada a súa existencia xa no s XV. Ten planta rectangular con varias dependencias acaroadas. Na fachada principal destaca a solaina, que se abre a un patio exterior, e un escudo coas armas dos Camba, Ulloa e Taboada. Rodeada dun muro, no terreo sitúanse diversas dependencias adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Harmensz van Rijn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, nos seus artigos investiga a obra de Á. Cunqueiro, Xosé Mª Díaz Castro, A. Noriega Varela e Claudio R. Fer. Participou na edición da novela Esmoriz (1994), de Aníbal Otero, e no estudo introdutorio da peza teatral A soldadeira (1996), de L. Seoane. Publicou Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego (1996); Ánxel Fole a Á lus do candil (1997), en colaboración con L. Alonso Girgado; e Escritores mindonienses (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que resplandece.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir ou reflectir luz un obxecto.

      1. Expresar ou manifestar algunha sensación con moita intensidade. OBS: Adoita empregarse seguido da preposición de.

      2. Expresar ou manifestar algo de modo patente.

    2. Sobresaír provocando admiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Luz que emite ou reflite un corpo.

    2. Calidade de algo ou de alguén que destaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trazo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos fundamentos dunha sentenza ou resolución administrativa onde consta a relación dos feitos probados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista sueco. Profesor en Lund e Estocolmo, ideou o concepto de índice cefálico ou cranial para poder clasificar as razas. Describiu o ganglio ciliar e a cavidade peritoneal que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo en España de A. Muñoz i Degrain, partiu dun colorismo de raíz impresionista e acadou un estilo propio nas paisaxes, onde a luz queda expresada só por diversas gamas de branco e no que as formas, desdebuxadas pola intensidade da luz, lembran a J. M. W. Turner. Destaca Paisaje y rancho (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista estadounidense de economía editada trimestralmente pola Harvard University desde 1919. Dedica unha atención especial aos traballos de economía aplicada, pero tamén publica os principais artigos teóricos dos economistas máis recoñecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor, neto do fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, un dos maiores grupos de comunicación de Galicia, que engloba La Voz de Galicia, Diario de León, Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe e Canal Voz. Licenciado en Dereito, accedeu en 1963 á xerencia do rotativo La Voz de Galicia. Baixo a súa dirección, o xornal, o de maior difusión de Galicia e o sexto de información xeral de España, viviu a súa grande expansión: acometeu unha total renovación técnica, superou os 100.000 exemplares de difusión diaria, creou o sistema de edicións que dá cobertura a toda Galicia e inaugurou o edificio intelixente que alberga a planta de impresión de Sabón (Arteixo) en 1992. En 2001 creou a fundación que leva o seu nome co fin de fomentar o coñecemento e difusión da cultura e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia en calquera dos seu soportes e que...

    VER O DETALLE DO TERMO