Requeixo Cuba, Armando
Requeixo Cuba, Armando
Escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, nos seus artigos investiga a obra de Á. Cunqueiro, Xosé Mª Díaz Castro, A. Noriega Varela e Claudio R. Fer. Participou na edición da novela Esmoriz (1994), de Aníbal Otero, e no estudo introdutorio da peza teatral A soldadeira (1996), de L. Seoane. Publicou Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego (1996); Ánxel Fole a Á lus do candil (1997), en colaboración con L. Alonso Girgado; e Escritores mindonienses (1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mondoñedo