"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Institución aparecida no Imperio Romano durante a crise económica do s III d C, pola que un campesiño quedaba adscrito a perpetuidade ao terreo que cultivaba. A depresión da economía romana converteu a terra na única fonte de riqueza, e a man de obra permanente para explotala era un ben preciado. Esta situación fixo que o estado procurase vincular, dun xeito permanente, o campesiño arrendatario á terra, a fin de recadar o imposto territorial (exactio) e cobrar a capitación persoal (capitatio). Baixo o sistema do colonato, o campesiño continúa a ser un home libre, pero non podía abandonar a terra, desenvolver funcións públicas e o seu estado era perpetuo e hereditario. As vías de entrada no colonato eran diversas, podía accederse polo nacemento, por convenio, como castigo xudicial, ou por prescrición durante trinta anos. O recoñecemento legal do colonato chegou polo imposto territorial de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa italiana, marquesa de Pescara. Entre as súas composicións destacan os poemas de influencia petrarquista Rime (Rimas, 1558) e a recompilación de cartas Lettere (Cartas, 1542-1545).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación cirúrxica dunha abertura artificial no colon. Tamén se denomina ano artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica que se efectúa sobre a vaxina e a vexiga urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do número e das características das células de escamadura fisiolóxica da vaxina. Emprégase para a investigación das fases do ciclo ovárico e os seus trastornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica, realizada por vía vaxinal, para corrixir unha inversión uterina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Participou co exército romano nas campañas en Siria e, posteriormente, dedicouse á explotación das súas propiedades na Bética. Entre as súas obras destacan De arboribus (As árbores), un resumo sobre agricultura, o tratado Adversus astrologos (Contra os astrólogos) e De re rustica (Sobre a agricultura), 12 libros en prosa nos que defende a agricultura como base da cultura romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lavado da cavidade bucal.

    2. Medicamento empregado para enxaugar a boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao coma.

    2. Individuo que está afectado de coma.

    3. Que ten semellanza co coma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da matemática que estudia a formación de subconxuntos a partir dun conxunto dado, tendo en conta o número e a orde dos seus elementos. Presenta especial interese o estudo das variacións, das combinacións e das permutacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á combinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cousa ou negocio no que se gastan os cartos e que resulta pouco útil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La Celestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de comedido.

    2. Comportamento comedido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante, presentador de televisión e actor. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Agrícola. Foi presentador da TVG nos programas Verán, Verán (1988), A tumba aberta (1988) e Con perdón (1996-1997). Participou tamén como actor nas series Don Rock (1987) e La batalla salvaje (1989) e foi comentarista deportivo na COPE (2000). En 1982 tivo lugar a presentación do grupo musical Semen Up, agrupación que liderou ata 1990 e coa que gravou os títulos: Lo estás haciendo muy bien (1985), La agonía del narciso (1986), Vuelve el hombre (1987), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989). Dende 1991 ata 1998 formou parte do dúo Amistades Peligrosas e sacou ao mercado Relatos de una intriga (1991), La última tentación (1993), La profecía (1995) e Nueva era (1997)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Santo André de Comesaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de comer.

    2. Que está gastado ou consumido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega filla de Pterelao, rei dos tebeleos, invencible grazas a un cabelo de ouro que Posidón fixera medrar na súa cabeza. Cando Anfitrión sitiou a capital, Tafos, Cometo namorouse del; tal foi a forza da súa paixón que non dubidou en cortar o cabelo máxico de seu pai para axudar o inimigo do seu pobo. Este feito ocasionou a morte de Pterelao e o sometemento dos tebeleos ao vencedor, quen non tardaría en executar a Cometo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega sacerdotisa de Ártemis en Patras. Namorada de Melanipo, ante a negativa dos seus pais a este noivado, encontrábanse no santuario da sacerdotisa. Como castigo a este sacrilexio, Ártemis envioulle unha peste ao pobo. O oráculo de Delfos ditaminou que, para aplacar a cólera da sacerdotisa, cumpría castigar os culpables. A partir dese momento instituíronse as festas das “triclarias”, nas que se sacrificaban anualmente os mozos máis belos do pobo ata que Eurípilo puxo fin a este tributo.

    VER O DETALLE DO TERMO