"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico ruso. Dende 1946 deseñou diferentes avións de transporte, e foi no 1962 nomeado xefe de deseño da industria aeronáutica soviética. Foi membro do PCUS dende o 1945, e do Soviet Supremo do 1958 ao 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de contos ruso. Comezou a súa carreira no 1944. Entre as súas obras destacan Vesna (Primavera, 1950), Po dorogam idut masini (Os coches van polos camiños, 1951), Delo bylo v Penkovo (Aconteceu en Penkovo, 1956), Razorvannyj rubl (O rublo rachado, 1966) e Trudnyj den (Día atarefado, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO
-
ESPA¥A
Concello da área suburbana de París, Francia, no departamento dos Altos do Sena, ao S do parque de Sceaux (57.771 h [1990]). É principalmente unha área residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino que ten a súa orixe nun nome de flor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pólipo característico dos antozoos.
-
-
SEMANARIOS
Semanario ilustrado aparecido en Vigo no outono de 1898, que cesou aos catro ou cinco números. O seu director foi Vicente Fuster.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro cultural obreiro que se fundou na Coruña o 18 de xaneiro de 1897 co subtítulo “sociedad de actos civiles”. Non tivo unha sede social estable, ocupando diferentes locais ao longo da súa existencia. Os seus obxectivos fundacionais eran favorecer o desenvolvemento das ideas librepensadoras e difundir a instrución integral e laica. Dende os seus comezos ata a súa disolución en 1936 por mor da Guerra Civil española, foi impulsada, entre outros, polos republicanos Eduardo López Budén e Xosé Arias Díaz, acompañados de anarquistas que defenderon a visión laica da vida pública. Neste eido, cabe sinalar o esforzo da Antorcha en soster a súa escola laica, moi vencellada á figura do mestre racionalista Constancio Romeo Lasarte, dende 1898 ata 1922. A partir de 1901 desenvolveron programas de educación para adultos en horario nocturno, co fin de facilitar o acceso á instrución de boa parte da poboación traballadora. Os proxectos da Antorcha Galaica del Libre Pensamiento chocaron acotío coas autoridades...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal ilustrada publicada na Habana entre o 5 de outubro de 1913 e o 8 de marzo de 1914. Foi dirixida por Anxo Fernández e administrada por Xulián Cabrera. Incluía novas sobre Galicia, do Centro Galego da Habana e das Sociedades de Instrución, xunto cunha páxina literaria de poesía e prosa na que aparecían colaboracións de Curros Enríquez e Lugrís Freire.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en decembro de 1892 en Pontevedra. Xoán David Pérez Mandado foi o seu director, propietario e redactor. Desapareceu aos poucos números e nel facíase publicidade das rías galegas.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ferrol en 1901 que desapareceu en abril de 1905. Subtitulado como “Semanario socialista, defensor de los trabajadores y del pueblo”, foi editado na imprenta do xornal La Marina. Ao cabo dun ano de andaina tiña unha tiraxe de 300 exemplares. Foi o sucesor de El Bien del Obrero (1900-1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro cultural para a educación do proletariado, fundado na Coruña o 14 de xullo de 1936. No seu domicilio social da rúa dos Feáns impartíase unha formación obreira de claro carácter anarquista, fundamentada nas bases da educación libertaria promovida e organizada por Ferrer i Guardia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en Cedeira en 1930, subtitulado “Decenario defensor de los intereses generales de la comarca Cedeiresa”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento vexetal de cor amarela.
-
-
Que é orixinado polas flores.
-
Relativo ou pertencente á acción das flores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode orixinar flores.
-
-
Pólipo da clase dos antozoos.
-
Clase de cnidarios, formada exclusivamente por pólipos que carecen de estadio de medusa, chamados antopólipos, de tamaño variable e de estrutura complexa. Poden ter esqueleto, interno ou externo, de carbonato cálcico. A larva é xeralmente unha plánula que dá lugar directamente a un pólipo, sen pasar polo estadio de medusa. Os individuos poden vivir illados, como as actinias, ou formando parte de colonias, como os corais e as madréporas. É unha clase moi numerosa, con representantes exclusivamente mariños, bentónicos, presentes en todos os mares. Segundo o número de septos que presentan os pólipos clasifícanse en tres subclases, a dos alcionarios ou octocoralarios, a dos zoantarios ou hexacoralarios e a dos ceriantipatarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefixo utilizado na designación dalgúns derivados de antraceno e tamén na designación de hidrocarburos policíclicos que se poden formar por condensación do antraceno con outro hidrocarburo, considerado o constituínte fundamental.
-
-
Hidrocarburo aromático tricíclico que ten unha molécula que forma tres aneis bencénicos coplanares. Obtense na destilación de alcatrán de hulla. Cando é puro presenta unha fluorescencia azul característica. Serve como primeira materia na fabricación de alitzarina e de moitos outros colorantes.
-
Fracción, a menos volátil, da destilación do alcatrán de hulla, empregada como preservativo da madeira. Da súa destilación obtéñense diversos hidrocarburos aromáticos como pode ser o antraceno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que padece de ántrax.