"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • olcán activo da illa de Luzón, Filipinas, que acada unha altitude de 1.600 m. As súas continuas erupcións produciron alteracións no clima, á vez que parou o aumento progresivo de temperaturas dos anos anteriores. O contido de ácido clorhídrico provocou un grave deterioro da capa de ozono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presentador. Licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, abandonou o seu labor como pedagogo para presentar o programa Supermartes, que converteu nun clásico da Televisión de Galicia con máis de 12 anos de emisión. Ao longo deste período tamén presentou diversos programas na Radio Galega, como “En directo Superpiñeiro” e “Cita con Superpiñeiro”, e gravou algúns discos. Recibiu o Premio Galego do Ano (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, pai de Leandro Pita Romero. Foi o fundador, principal promotor e presidente da Federación Agraria de Ortigueira (1920-1926). Contribuíu a divulgar a obra socio-educativa das Sociedades Gallegas de Instrución establecidas en América e fundou e presidiu a Agrupación Cultural de Ortigueira (1916). Publicou El batallón literario (1895) e La voz de la Raza. Idearium de un aldeano (1919). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Táboa de multiplicación, atribuída á escola pitagórica, que dá o produto dos dez primeiros números entre eles. É unha táboa de dobre entrada, a serie dos dez primeiros números está escrita dúas veces formando a primeira vez unha liña horizontal e a segunda vez unha liña vertical. Constitúe a orixe das leis e das propiedades da multiplicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra de dez libras empregada en pesca para facer que os peixes se movan, na arte do trabuquete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado co pitambón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que permite medir a velocidade dun fluído respecto a un corpo inmóbil ou a dun móbil con respecto ao seo dun fluído. Ademais das súas aplicacións en hidrodinámica, tamén se emprega en navegación aérea, e neste caso denomínase tamén sonda de Pitot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falso medicamento preparado co mesmo aspecto ca un medicamento determinado, pero que non contén máis ca producos inertes sen principios activos. Empréganse en farmacoloxía clínica para conseguir un efecto psicoterapéutico, co fin de diferenciar o efecto real dun medicamento en ensaios do efecto debido á suxestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Iniciou os seus estudos de dereito en Santiago de Compostela e licenciouse en Oviedo. Colaborador de El Heraldo Gallego, director de La Ilustración Gallega y Asturiana, onde publicou algunhas poesías en galego, e fundador de varios xornais en Madrid, foi tamén director de La Europa e El Norte. Manifestou as súas ideas monárquicas como militante do partido reformista no folleto La izquierda dinástica, que asinou co pseudónimo de Mr. Wihg, e varios artigos e novelas curtas baixo o título de Juvenilia, con prólogo de Murguía, editados na Biblioteca Gallega en 1893.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual para adultos de contido erótico editada en 1953 en Chicago. Dirixida ao público masculino, foi creada por Hugh Heffner. Símbolo da revolución sexual da década de 1960, o seu contido baséase na calidade das súas fotografías, realizadas por prestixiosos fotógrafos, mulleres famosas e modelos especialmente elixidas (playmate).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home elegante, rico, atractivo e sedutor, que leva unha vida fácil e mundana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido dobre de ferro e chumbo, de fórmula PbO(Fe2O3)2, que cristaliza no sistema trigonal. Forma cristais pequenos, semellantes á mica, e ten un peso específico de 6,07 e unha dureza de 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao chumbo.

      2. Que contén chumbo.

    1. Aplícase aos compostos de chumbo en que este ten unha valencia ou número de oxidación de 2. OBS: É unha forma en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (12.938 h [2001]). O secaño é pouco significativo e está ocupado maioritariamente por ervellas de Ceratonia. O regadío, en expansión, aproveita a auga do Turia e sobre todo a de pozos. Os principais cultivos son os cítricos, seguidos a moita distancia polas hortalizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos habitantes dun territorio.

    2. Conxunto de individuos dunha mesma etnia, cultura ou relixión.

    3. Conxunto da xente común dunha poboación. Oponse á xente das clases poderosas social e economicamente.

      1. Conxunto de fieis que participan nun acto litúrxico.

      2. pobo de Deus/pobo santo

        Designación do pobo de Israel en tanto que pobo escollido por Deus e obxecto da alianza que o obrigaba a servilo con exclusión de calquera outro deus. O Novo Testamento estende o concepto á Igrexa, chamándoa Israel de Deus ou Igrexa de Deus.

    4. Confederación de pobos de Próximo Oriente Antigo que desde mediados do s XIII a C ata comezos do s XII a C alteraron profundamente a historia e a demografía da zona. Non se coñece con exactitude o seu lugar de orixe, pero é case seguro que procedían da área de Anatolia e o Mar Exeo. Os seus movementos puideron determinarse grazas á arqueoloxía e, sobre todo, ás fontes exipcias, xa que no transcurso duns cincuenta anos os faraóns tiveron que afrontar dúas invasións destes pobos. A primeira foi en 1232 a C, pero venceunos Merenptah. Posteriormente, parece ser que estes ou outros pobos do mar lanzaron unha serie de incursións que culminaron arredor de 1200 a C cunha invasión de Próximo Oriente: Hattuša e Karkamiş foron destruídas, e o Imperio Hitita afundiuse. Establecidos en Siria-Palestina, intentaron por segunda vez a invasión de Exipto. Segundo as fontes faraónicas, eran nesta ocasión os denyen, os tjekker, os sardos, os sículos, os wešeš e, sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de poboar.

    2. Lugar poboado. Xeralmente fai referencia a unha entidade urbana.

      1. Conxunto de habitantes dun lugar ou territorio determinados (estado, provincia, cidade, municipio, etc). O concepto pode designar fraccións variadas deste conxunto (poboación rural, urbana, masculina, feminina, activa, parada, etc) que en relación a el constitúen subpoboacións.
        O estudo e a análise da poboación
        A disciplina que se ocupa de xeito directo e específico da súa análise é a demografía. Existen ademais outras disciplinas afíns a ela que teñen como obxecto o estudo de aspectos máis cualitativos da realidade humana, relacionados coa variable demográfica. Entre elas destacan a xeografía da poboación, que analiza poboacións reais en espazos xeográficos identificados; a socioloxía da poboación ou demografía social, que enmarca os feitos demográficos no contexto da sociedade; e a historia da poboación ou demografía histórica, que estuda o desenvolvemento de poboacións reais en distintos momentos da historia. Os primeiros recontos poboacionais datan das civilizacións...

      2. poboación activa

        Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral (16 anos) e que se atopa en situación de ocupación ou en estado de paro ou desocupación. A poboación activa ocupada é a que realiza unha actividade económica da que obtén unha remuneración, mentres que a poboación activa desocupada é a que busca o seu primeiro emprego ou a que deixou a actividade económica que realizaba.

      3. poboación de dereito

        Poboación integrada pola suma dos residentes presentes e ausentes nunha determinada unidade administrativa no momento de producirse calquera reconto de poboación. Ten uns dereitos e deberes respecto do concello no que está censada.

      4. poboación de feito

        Poboación dunha determinada unidade administrativa no momento no que se realiza o reconto da poboación, sen ter en conta se teñen ou non nela a súa residencia habitual.

      5. poboación inactiva/non activa

        Parte da poboación que non exerce ningún tipo de actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala. Son persoas que se dedican ás tarefas domésticas no seu fogar, nenos, estudantes, rendistas, xubilados e persoas que realizan o servizo militar.

    3. Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.

    4. Conxunto de elementos do que se queren estudar certas propiedades non específicas dos elementos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de poboar.

    2. Pequena entidade de poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen poboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de poboar.

    2. Estudo dos asentamentos de poboación, considerando o número, dimensións e a distribución espacial en relación cun territorio determinado. O estudo da distribución espacial do poboamento non debe confundirse coa análise da distribución espacial da poboación, que se ocupa da forma en que os habitantes dun territorio se localizan sobre el.
      Modalidades de poboamento e o seu estudo
      Pódese afirmar en xeral que tanto a poboación como o poboamento na súa distribución territorial, presentan diferentes modalidades cunhas situacións extremas que son a concentración e a dispersión. Segundo Puyol Antolín existen catro grandes combinacións posibles: poboación dispersa con poboamento disperso, que existe cando aparecen un gran número de asentamentos por unidade superficial, cun tamaño demográfico semellante, sen que ningún deles conteña unha parte significativa da poboación total; poboación dispersa con poboamento concentrado, que aparece cando existen poucos...

    VER O DETALLE DO TERMO