"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecida como Martirio, iniciouse na canción na década de 1980 co grupo Jarcha. Da súa discografía en solitario destacan Estoy mala (1986), He visto color (1994) e Flor de piel (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quinorrincos.

    2. Individuo do filo dos quinorrincos.

    3. Filo de animais triploblásticos, acelomados, de posición sistemática incerta e simetría bilateral, que comprende individuos de pequenas dimensións (ata 1 mm), exclusivamente mariños. Son vermiformes, co dorso curvado e a parte ventral plana, cun tronco e unha cabeza provista dunha trompa retráctil abovedada de espiñas quitinosas. Están revestidos dunha cutícula articulada, semellante a unha armadura, formada por aneis ou segmentos. Forman parte da fauna mariña intersticial e viven nos rizomas das fanerógamas mariñas, soterrados na area ou entre as algas litorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luz de mecha, alimentado xeralmente con petróleo, inventado por Aimé Argand en 1781 e comercializado por Antoine Quinquet. Consiste nunha mecha somerxida nun depósito de vidro, porcelana, metal, etc, provisto dun tubo de vidro que establece unha corrente de aire no interior e que mantén unha chama; dispón xeralmente dunha pantalla exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dura ou ten lugar cada cinco anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo de cinco anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade rural composta de casa e terreo de labradío que pagaba de renda unha quinta parte dos froitos.

    2. Casa de recreo no campo.

    3. ía transversal do campamento romano que se cortaba coa vía pretoriana e onde se celebraba xeralmente o mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo de cinco graos da escala diatónica que ten tres formas diferentes: a xusta, a aumentada e a diminuída.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema de recrutamento que obrigaba á incorporación da quinta parte dos homes ao exército, despois de realizar un sorteo. Implantouse a partir do s XVII a raíz da decadencia dos terzos e da falla de soldados voluntarios.

      2. Conxunto de mozos recrutados o mesmo ano.

    1. Conxunto de persoas nacidas o mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa de campo que Francisco de Goya y Lucientes adquiriu nas aforas de Madrid en 1819, onde realizou nas paredes interiores a serie de catorce pinturas negras ao óleo entre 1820 e 1823. Os murais Las parcas, Duelo a garrotazos, Hombres leyendo, Dos jóvenes burlándose de un hombre, Paseo del Santo Oficio, Asmodea, El perro, Leocadia, El Gran Cabrón, Saturno devorando a un hijo, Judit y Holofernes, Peregrinación a la fuente de San Isidro, Dos viejos e Dos viejos comiendo pasáronse a tea en 1873, foron expostos en París en 1878 e ofrecidos ao Museo del Prado en 1881. O seu estilo maniféstase cunha liberdade absoluta ao servizo dunha temática fabulosa ou pavorosa, recollida cunha penetrante expresividade e unha grande economía de cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santalla de Vilausende (Ribadeo). Conserva a estrutura primitiva, con patio de entrada e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. O conxunto, rodeado por unha muralla, complétase cun pombal hexagonal e unha capela dedicada á Inmaculada. No muro L destaca unha pedra de armas dos Montenegro e Luaces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Piñeira de Arcos (Sandiás). O seu cumio acada os 758 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á quinta columna.

    2. Membro ou seguidor dunha quinta columna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quinta substancia, o éter, do que se forman as células e os astros, e que é superior aos catro elementos, segundo Aristóteles.

    2. Esencia ou extracto dunha substancia que se consegue despois de destilala cinco veces.

    3. Parte máis sutil ou esencial de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir algo á quintaesencia.

    2. Refinar algo en alto grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade galega de peso cun valor que varía, segundo a zona, entre os 47 e os 60 kg.

    2. Unidade de peso do sistema internacional que equivale a 100 kg.

    VER O DETALLE DO TERMO