"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1908 en Madrid. Catedrático de Anatomía da Universidad de Sevilla (1916), acadou a mesma cátedra en Santiago de Compostela, onde foi reitor en 1930 e onde fundou o Instituto de Estudios Portugueses, a Residencia de Estudiantes e o Instituto de Estudios Regionales. O seu pensamento relacionábase co da Insitución Libre de Enseñanza. Foi concelleiro en Santiago de Compostela a comezos da década de 1920 polos liberais e despois pasou ao republicanismo de esquerdas. Foi deputado nas Cortes pola Federación Republicana Gallega (1931) e polo Partido Republicano (1933). Foi membro da Sociedade das Ciências Medicas de Lisboa, do Instituto de Coimbra, da Societé Anatomique de París e da Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña. Publicou artigos en revistas nacionais e estranxeiras, como Galicia Médica ou Archives d’Anatomie d’Histologie et d’Embriologie.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo e filólogo. En 1956 foi ordenado sacerdote da diocese de Tui. En 1961 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e, en 1976, en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor universitario de latín desde 1966, exercendo primeiro en Salamanca, despois en Santiago de Compostela e, a partir de 1973, en Vigo. Foi nomeado catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Vigo en 1995 e, desde 2004, é catedrático emérito. Nesta mesma universidade ocupou o cargo de decano da facultade de Humanidades (1994-1998). Especialista en haxiografía e en literatura litúrxica medieval, publicou El Antifonario Visigótico de la Catedral de León (1985), La pasión de San Pelayo (1991) e, en colaboración con J. M. Díaz de Bustamante, A propósito de la ‘In Martinum Lutherium Oratio Paraenetica’ de Luis Marliano (2003). Como sacerdote a súa vocación está centrada na mocidade. Foi profesor durante moitos anos do Seminario de Tui, fundou o movemento apostólico...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa, comezou como docente na Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e en 1979 ingresou no Corpo de Profesores Adxuntos de Universidade na disciplina de Lingua e Literatura Portuguesas. Moi vinculado á cultura portuguesa, alternou a docencia nesta universidade con diversos cursos en Coimbra e Lisboa. Publicou El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudo (1980) e reuniu e editou Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000). É membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión Lingüística presidida por Carvalho Calero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como Marrofer, foi mestre de profesión, un destacado militante comunista e o organizador das guerrillas en Galicia entre 1944 e 1946. Dirixiu a IV Agrupación en substitución de M. Castro Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e caricaturista. Coñecido como Oitabén, traballou como caricaturista para a revista Vagalume (1974-1975). Interesado pola conservación da natureza, creou o Centro de Recuperación de Fauna O Rodicio (Ourense) e fundou a Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas, para a defensa e o estudo dos bosques autóctonos. Recibiu o Premio de Debuxo da cidade de Ourense (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Formado en Brasil, ao seu regreso a Galicia fundou en Vigo o Teatro Artello, co que realizou Romance de Micomicón e Adhelala (1977), de E. Blanco-Amor; e Viaxe ao país de Ningures (1977), de M. Lourenzo. Organizador do Obradoiro de Investigación Dramática, posteriormente cofundou a Compañía Luís Seoane, para a que realizou a música de Dansen (1980), de B. Brecht; e dirixiu Dous perdidos nunha noite suxa (1980), de P. Marcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Julio Antonio, formouse con Marià Pedrol e con Fèlix Ferrer, aínda que tamén frecuentou o taller de Miquel Blay en Madrid. En Almadén comezou a serie Los bustos de la raza, en que sobresaen Minera de Puertollano (1909) e Minero de Almadén (1910). Realizou monumentos aos Herois de la Independència, Carmo ou Goya (Madrid) e tamén o mausoleo de Alberto Lemonnier. Da súa obra, de raíces clásicas e de concomitancias renacentistas, destacan Venus Mediterrània (1912) e María, la gitana (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Protagonizou un golpe de estado en febreiro de 1989 contra o réxime de Alfredo Stroessner e proclamouse presidente do Estado de Paraguay e das Forzas Armadas. Durante o seu goberno legalizou os partidos políticos. Foi reelixido nas eleccións presidenciais de 1989 pero a Constitución de 1992 vetou a súa reelección e foi substituído por Juan Carlos Wasmosy Monti.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e farmaceútico. Foi deputado na Deputación Provincial de Lugo entre 1979 e 1991, alcalde do concello de Bóveda (1984-1985), deputado do Parlamento de Galicia (1985-1999) e senador electo por Lugo (2000-2004). Presidiu e fundou a asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor (1991-1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Fernando Trueba, renovou a comedia española con Ópera prima (1980). Posteriormente dirixiu Mientras el cuerpo aguante (1981), El año de las luces (1986), Belle Époque (1992, Oscar á mellor película estranxeira), La niña de tus ojos (1998), Calle 54 (2000), El embrujo de Shangai (2003) e a película documental El milagro de Candeal (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fylke de Noruega (9.141 km2; 377.600 h [2001]). A súa capital é Stavanger.
-
PERSOEIRO
Demógrafo e xeógrafo. Creou unha tipoloxía de modelos migratorios que permite estimar migracións cando as fontes estatísticas son irregulares ou deficientes. Desde 1986 traballou no Institut of Behavioral Sciences da University of Colorado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador e clérigo galego. Activo no segundo terzo do s XIII, pertenceu á familia do abade de Valladolid Gomes Garcia, valido de Sancho IV e tamén trobador. Nomeado capelán por Afonso X, asinou o seu testamento o 16 de Nadal de 1273. Aínda que nas súas composicións femininas inseriu o tema da partida do amado cara a Sevilla para servir o rei, non se sabe con certeza da participación do autor na toma da cidade. Precisamente vai ser este o tema central das súas composicións de amigo, onde sinala de forma cronolóxica os diferentes estados de ánimo de antes e despois da separación. O amado, farto do sufrimento pola muller, decidiu partir en “Conhosco-me meu amigo”; pola súa parte, a amada pide á nai reunirse por última vez en “Madre, pois amor ei migo” e “Se vos non pesar ende” ou a nai participa da dor da filla e esta láiase da marcha do amado en “Id’ é meu amigo d’aqui”. Nas cantigas de amor, onde emprega unha coidada retórica e algunhas innovacións estilísticas e temáticas, destacan “De...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. De orixe conversa, foi bacharel en leis pola Universidad de Salamanca e desde 1517 viviu en Talavera de la Reina, onde foi alcalde maior. Escribiu, partindo xa dun orixinal realizado por outro autor, quince actos de La Celestina (1499), aos que posteriormente se engadiron outros cinco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Inspector de manufacturas en Lyon, organizou un club xacobino. Máis tarde fíxose xirondino e foi ministro do Interior (1792). Despois do triunfo xacobino fuxiu a Normandie, onde se suicidou ao ser informado da execución da súa muller.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Cantou todo aquilo que consideraba que a humanidade perdera ou do que renegaba. Da súa obra destaca Voorbij de wegwn (Máis aló dos camiños, 1920), Een winter aan zee (Un inverno xunto ao mar, 1937) e os catro volumes da súa Obra completa (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa holandesa. Comezou baixo a influencia filosófica de Spinoza, e evolucionou cara a unha poesía social e, finalmente, socio-relixiosa. Ademais das súas biografías, destacan Sonnetten en verzen in terzinen geschreven (Sonetos e versos escritos en tercetos, 1896), De nieuwe geboort (O renacemento, 1906), De vrouw in het woud (A muller na selva, 1912) e Uit de diepte (Desde a profundidade, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Competición anual de tenis organizada pola Fédération Française de Tennis, que se celebra desde 1891 en París. En 1928 construíronse as instalacións que levan este nome como homenaxe a un famoso aviador que formaba parte do organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Roldán.
-
PERSOEIRO
Anatomista. Describiu por primeira vez a fisura do cerebro que leva o seu nome, como tamén outros detalles anatómicos do sistema nervioso.
VER O DETALLE DO TERMO