"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor de dramas históricos e filosóficos, como Les loups (1897) e Le quatorzejulliet (1902); biografías, como Beethoven (1903) e Haendel (1910); e novelas como Jean-Christophe (1904-1912) e L’âme enchantée (1922-1934), durante a Primeira Guerra Mundial defendeu o pacifismo en Au-dessus de la mêlèe (1915). Recibiu o Premio Nobel Literatura en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Suíza occidental, aos seus habitantes e aos seus dialectos.

    2. Natural ou habitante da Suíza occidental.

    3. Conxunto de variedades lingüísticas francoprovenzais que se fala na Suíza occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rendar (O Incio). Realizada con muros de cachotaría de lousa, presenta planta rectangular e cuberta a catro augas. Nun dos ángulos sitúase unha capela acaroada amodo de torre e cuberta cunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de baloncesto. Xogou como pivote no Real Madrid e gañou sete campionatos de Liga, cinco Copas do Rei, dúas Copas de Europa, unha copa Korac e dúas Recopas. Integrante da Selección Nacional Absoluta en 174 ocasións (1979-1982), acadou as medallas de prata no Eurobasket (1983) de Francia e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984). Retirouse en 1995. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1998), concedida polo Consejo Superior de Deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista alemán. Coñecido como Harry Rosenbusch, estudou e clasificou as rochas. Realizou importantes estudos micrográficos, que expuxo na obra Mikroskopische Physiographie (1873-1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou casa das Señoritas Construción situada en Rosende (Sober). Foi construída en 1511 e ampliouse durante o s XVIII. Presenta planta en forma de L e ten unha solaina na parte posterior á que se accede por unha escaleira exterior. O conxunto completouse coa casa dos caseiros e cunha capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Foi catedrático de Lingua Romanesa da Universidade de Bucarest. En 1948 ingresou na Academia e en 1963 pasou a dirixir o Centro de Investigacións Fonéticas e Dialectolóxicas. Autor de diversos estudos dedicados á fonética teórica e á historia do romanés, da súa obra destacan Recherches sur la phonétique du roumain du XVIe siècle (1926), Curs de fonetic ǎ general ǎ (1930) e Istorie a limbii române, De la origini pîną la începutu l secolului al XVII-lea, en seis volumes aparecidos sucesivamente desde 1938 (reeditados conxuntamente en 1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor sueco. Establecido en París e protexido por madame de Pompadour, participou nos Salons ata 1791. Os seus retratos foron influídos polos de M. Q. de La Tour e de G. van Loo. Destacan Dama do abano (1768), retrato da súa dona, e C. J. Vernet (1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo condado de Escocia. A súa capital era Dingwall.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa alemá. Beneditina de Gandersheim, cultivou o estudo dos clásicos, que plasmou en numerosas composicións poéticas en latín, publicadas por Conrad Celtis en 1501.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor húngaro. En 1938 descubriu o proceso de difusión e transferencia para fotografías, con aplicación no revelado instantáneo de negativos fotográficos. Inventou tamén a primeira fotocopiadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento que realizou H. A. Rowland para probar a relación que existe entre o magnetismo e a electricidade. Dispuxo un disco electrizado que xiraba a gran velocidade e demostrou mediante unhas agullas magnéticas que se producía un campo magnético por efecto do campo eléctrico creado polo disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Doutorado pola University of Chicago en 1952, recibiu o Premio Nobel de Química (1995), compartido con P. Crutzen e M. Molina, polos seus estudos sobre a formación e descomposición do ozono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Demostrou que unha carga eléctrica móbil crea un campo magnético mediante o experimento que leva o seu nome (1876). Determinou o equivalente mecánico da caloría co método de Joule (1880), estudou a permeabilidade magnética (1873) e a resistencia eléctrica, e foi un dos creadores da espectroscopia. En 1895 determinou 20.000 raias no espectro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de rede de difracción constituída por unha lámina metálica, provista dunha serie de raias paralelas que forman unha reixa, que funciona por reflexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e explorador británico. Coñecido como Henry Morton Stanley, en 1869 foi enviado polo New York Herald a África, na procura de D. Livingstone, a quen atopou na beira oriental do lago Tangañika. En 1874 comezou unha nova viaxe en África aos lagos Vitoria, Mobutu, Tangañika e a conca do río Congo. Noutra expedición (1879-1884) remontou o río Congo ata o Malebo Pool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador. Dedicouse á caricatura, aínda que cultivou a pintura de xénero e o retrato. Colaborou tamén nalgúns diarios e ilustrou diversas obras literarias de Goldsmith, Smollett e Sterne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Afiliado á Unión Cívica Radical (UCR), foi gobernador de Bos Aires (1996-1999) e presidente do comité nacional da UCR (1997-1999). Presidente de Arxentina (1999-2001), o seu goberno destacou pola lentitude e a falta de decisións que levaron a decretar o estado de excepción monetario coñecido popularmente como corralito, e o estado de sitio coa conseguinte suspensión de garantías constitucionais. Ao fracasar o seu intento de formar un goberno de unidade nacional coa oposición, presentou a súa dimisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ruandas ou á súa lingua.

    2. Individuo dos pobos ruandas.

    3. Grupo de pobos da familia bantú que viven nas repúblicas de Rwanda e Burundi. Está dividido en grupos raciais ben diferenciados: os hutus ou rundis, que se dedican á agricultura, os tutsis, que se dedican á gandaría, e os pigmeos twa, cazadores e ceramistas. A administración estaba nas mans tutsis, que lle cobraban o tributo aos rundis, sendo estes os cultivadores das terra; e os twa facían de escravos de todos.

    4. Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala en Rwanda, Burundi, República Democrática do Congo e Uganda.

    VER O DETALLE DO TERMO