"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que asentou casa en Ribadavia. As súas armas levan, en campo de azul, tres bandas de ouro, engulidas en cabezas de serpes do mesmo metal e seis veneras de prata entre as bandas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
entroido.
-
SEMANARIOS
Semanario en galego aparecido en outubro de 1866 en Betanzos, que cesou en febreiro de 1897, con 19 números publicados. Dirixiuno Ánxel Vázquez Taboada e colaboraron nel: Bieito Losada, Pesqueira Crespo, Abellón, Bartolo e A.V.T. Foi editado na imprenta de Amenedo Ponte. Subtitulado “Trangallada pra tódol-os xueves de tódal-as semás de tódol-os anos. Amén”, na publicación facíase publicidade das festas do Antroido desta localidade, incluíndo sátiras en verso contra a relixión e a política.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal bilingüe aparecido na Habana (Cuba) no ano 1886. De carácter festivo, cesou no segundo ou terceiro número.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro independente creada en 1974 en Compostela por Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte. O seu propio nome dá proba do que son os seus espectáculos: en todos eles déixase sentir o peso da farsa, da festa comunitaria e da tradición dramatúrxica popular. Despois de presentarse cun espectáculo baseado no texto Amor e crimes de Juan el Pantera (1975) de Eduardo Blanco Amor e cunha segunda proposta, a partir da peza de Euloxio R. Ruibal As falcatrúas do Marqués Patacón (1976), a compañía centrou a súa actividade na posta en escena de espectáculos baseados nas propostas textuais do seu director, Roberto Vidal Bolaño. Así, cómpre mencionar Laudamuco señor de ningures (1978), con dirección de Eduardo Alonso e Xarará, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón (1979), Ruada das papas e o unto (1981), Touporroutou da lúa e do sol (1982) e Romance dos figos de ouro...
-
-
Relativo ou pertencente ao home ou á súa acción.
-
Principio cosmolóxico antrópico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘home, ser humano’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao antropocentrismo.
-
-
Doutrina ou teoría que supón o ser humano como o centro do universo e como fin absoluto da natureza, polo que o ben da humanidade é a causa derradeira de todas as cousas.
-
Principio básico que consiste en buscar unha interpretación das cousas á medida do ser humano, partindo das súas experiencias e valores, e sen procurar explicacións divinas ou ultraterrenas. No Renacemento, esta actitude opúxose ao teocentrismo característico do Medievo.
-
-
-
Dise das plantas diseminadas, a miúdo de xeito inconsciente, polo home.
-
Aplícase a tipos de diseminación das plantas antropocoras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que se nutre de carne humana. OBS: Refírese particularmente aos seres humanos.
-
-
Hábito de comer carne humana, especialmente cando se leva a cabo por parte doutros humanos. Polo xeral o seu obxectivo é a apropiación da vitalidade específica do morto e adoita ir acompañada dalgún rito.
-
Calidade de antropófago.
-
Subcorrente literaria do Modernismo portugués que foi iniciada en 1928 por Oswald de Andrade (1890-1953) na Revista de Antropofagia. Entre os seus colaboradores atopábanse Mário de Andrade, Carlos Drummond de Andrade, Guilherme de Almeida, Yan de Almeida Prado, Augusto Meyer, Manuel Bandeira, Plínio Salgado e outros. O Manifesto Antropofágico defendía a influencia surrealista, o antirracionalismo e a defensa da cultura primitiva, a través da exaltación do canibalismo, para contrarrestar a influencia cultural europea. Oswald de Andrade defendía o “mal salvaxe” (“mau selvagem”) caníbal que coa súa devoración vai en contra das hipocresías da civilización. Tamén se consideradan antropofáxicas algunhas obras de António Alcântara Machado.
-
Son varios os seres antropófagos que aparecen nas crenzas tradicionais galegas. Así, a antropofaxia podía ser practicada por meigas ou bruxas que devoran as víctimas despois de esnaquizalas, gustando especialmente de neonatos e nenos non bautizados. Segundo a lenda, tamén é posible que os mouros de certas covas tamén a practicaran.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á antropofaxia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simpatía polos seres humanos.
-
-
Que sente simpatía polos seres humanos.
-
Individuo afectado de antropofilia.
-
Dise dun vexetal que resulta favorecido na súa diseminación pola acción do home.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta introducida nun país pola acción do home ou ben aquela que, pola mesma causa, se desenvolve nunha estación que non lle é propia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión cara ao home e cara á sociedade en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo afectado de antropofobia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio descritivo das diferencias biolóxicas entre individuos e razas humanas.
-
-
Denominación informal para un grupo de primates que inclúe os macacos do Novo Mundo, os simios do Vello Mundo e os seus antepasados fósiles.
-
Úsase tamén en sentido máis restrinxido, de forma incorrecta, para designar unicamente os grandes simios (orangután, gorila e chimpancé).
-
Semellante ao home.
-