"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
CONDADOS
Condado metropolitano de Inglaterra, Reino Unido (540 km2; 1.075.938 h [2001]). A súa capital é Sunderland.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome sueco de Oulun.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que defende o absolutismo monárquico.
-
RIOS
Río do centro-norte de Suecia (460 km). Nace na vertente S do monte Ammar, preto da fronteira con Noruega, e desemboca curso abaixo de Umeå, no golfo de Botnia, no Báltico.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do län de Västerbotten, Suecia (109.390 h [2004]). É o porto (anteporto de Holmsund) e un centro comercial da costa do golfo de Botnia, na desembocadura do río Ume.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural que constitúe un sistema litoral formado pola enseada do Grove, a praia da Lanzada, a punta Carreirón e a lagoa de Bodeira. A enseada do Grove presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes en que se sitúan importantes colonias de aves mariñas. A lagoa de Bodeira, na península do Grove, é a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Complexo Ons-O Grove na proposta da Rede Natura 2000 en 2001. Ademais foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona Ramsar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo social e sistema de organización en que o parentesco está determinado, en oposición á organización bilinear, por unha soa liña de descendencia, sexa a paterna (patrilineal) ou a materna (matrilineal).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional cuxa orixe se remonta ao discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 polo ministro de Asuntos Exteriores francés Robert Schuman, que foi quen propuxo a súa creación. A idea xurdiu a consecuencia da Segunda Guerra Mundial, co obxecto de evitar novas matanzas e destrucións. Constituíuse oficialmente en 1958 coa entrada en vigor do Tratado de Roma, baixo o nome de Comunidade Económica Europea (CEE) e inicialmente estaba composta por Bélxica, República Federal de Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. En 1973 sumáronse Dinamarca, Reino Unido e Irlanda; en 1981 Grecia e en 1986 España e Portugal. En 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastrich, simplificou o seu nome no de Comunidade Europea (CE) e introduciu novas formas de cooperación entre os membros, especialmente en defensa e asuntos de xustiza e interior. Deste xeito, creouse unha nova estrutura con tres piares de contido, tanto político como económico, que deron lugar á Unión Europea. Nela...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo monetario establecido en 1950 polos países integrantes da OECE, para facilitar as relacións comerciais entre eles. Tivo como obxectivo a substitución do sistema bilateral de pagos pola multilateralidade, así como remediar a escaseza de dólares fronte ás crecentes transaccións. Con este fin estableceu a compensación de pagos internacionais, no espazo e no tempo, e a concesión de créditos aos países deficitarios. O retorno á convertibilidade das moedas supuxo a substitución da UEP polo Acordo Monetario Europeo (1958).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de Maastrich.
-
VER O DETALLE DO TERMO
UEFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1923 por Richard Coudenhove-Kalerg. Manifestou como principio básico a consecución da unidade de Europa en liberdade, dereito e paz, así como a defensa dos seus intereses e ideais no mundo, garantindo o futuro dos seus pobos. É unha organización independente e apolítica, supranacional e suprapartidista que está representada en 27 países.
-
-
Diamida do ácido carbónico, cristalina e incolora, que constitúe o principal metabolito das proteínas, e que é expulsado nos ouriños. Obtense industrialmente por hidrólise parcial da cianamida ou por reacción a alta temperatura e a presión do dióxido de carbono e o amoníaco líquidos. Aplícase en síntese orgánica, como fertilizante e alimento para o gando, na preparación de plásticos e en separacións analíticas.
-
Mecanismo cíclico que ten lugar no fígado, e que cataliza a formación da urea nalgúns organismos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que cataliza a transformación da urea en amoníaco e en anhídrido carbónico.
-
PERSOEIRO
Político. Membro (desde 1923) e dirixente (desde 1927) do Partido Comunista Español e director de Mundo Obrero, desde o ministerio de Agricultura (1936-1939) propugnou a reforma agraria. Exiliouse en 1939. Foi autor de El problema de las nacionalidades en España a la luz de la guerra popular por la independencia de la República Española (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘buscar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘gañar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques, da familia das parmeliáceas, de talo moi ramificado, colgante e de cor gris ou amarela clara. Crecen sobre árbores e rochas, en lugares húmidos, sobre todo na montaña. Empregados en medicina, conteñen un antibiótico, o ácido úsnico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa pigmentaria e vascular do ollo situada entre a esclerótica e a retina e integrada pola coroide, o iris e o corpo ciliar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en 1987 por Vicente Montoto. A súa primeira representación foi Cochos (1987), de R. Vidal Bolaño. Dos seus espectáculos destacan Tríngulin Trángala (1988), Cea para dous (1990), Copenhague (1995), Volve o Cabaré, (1992), Zocos (1998), A señorita Xulia (2000), O retrato de Dorian Grai (2001), Mulleres (2002, Premio María Casares á mellor actriz principal) e Pallasos (2004), ademais dos recitais poéticos A elas e a Cunqueiro (1991) e Lorenzo varela, irmán, compañeiro, camarada (2005).