"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
GALICIA
Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía e doutor en Filosofía, foi ordenado sacerdote en 1971. Foi formador e profesor no Seminario Menor de Santiago de Compostela, e profesor e director (1992-1999) do Instituto Teológico Compostelano, onde dirixiu tamén o Centro de Formación Teológica de Seglares da arquidiocese compostelá (1982-1987). Reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela (1997-2000), bispo titular de Fuerteventura e bispo auxiliar da arquidiocese de Santiago de Compostela (1999), foi vigairo xeral do arcebispado e deán-presidente do cabido catedralicio de Santiago de Compostela, ao que pertencía desde 1998. Bispo promotor do Apostolado do Mar, desde 2002 é bispo de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Crecente baixo a advocación de san Caetano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Cosmede.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Paulo que dá nome ao concello de Quintela de Leirado, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Celanova, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no O da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 05’ de latitude N e 8° 07’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Gomesende e Ramirás (comarca de Terra de Celanova), ao S con Portugal, ao L cos de Celanova e Verea (comarca de Terra de Celanova), e ao O co de Padrenda (comarca de Terra de Celanova). Abrangue unha superficie de 31,3 km2en que acolle unha poboación de 801 h (2007), distribuída entre as parroquias de Leirado, Mociños, Quintela de Leirado, Redemuíños e Xacebáns. A súa capital é o lugar de Quintela de Leirado, localizada a 40 km da cidade de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Celanova.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo do concello de Quintela de Leirado disponse de forma converxente no val do río Deva. Ao redor deste val sitúanse as terras máis elevadas, que forman dúas superficies de erosión, unha entre... -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación do Padre Eterno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa Isabel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemática. Catedrática de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello científico do Instituto de Matemáticas desa universidade. É autora de Introdución a MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender MATLAB de forma natural, progresiva y práctica (1997), Métodos matemáticos en mecánica de sólidos (1999), Ecuaciones diferenciales (2000) e Métodos numéricos en ingeniería (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi guionista, editor e produtor en Video Voz (1987-1990), presentador na TVG e director de Vieiros (desde 2003). Iniciou a súa produción poética na década de 1980. Colaborador de revistas literarias como Dorna ou Grial, da súa obra destaca Á sombra dos pavillóns (1982, Premio Esquío), en que se inclúen composicións de temática filosófica e vivencial; e O Asasino estrábico (1996). Recibiu o Premio Castelao (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Rubiais (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.280 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Quintela de Umoso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.231 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Combinación formada por cinco números.
-
Prego de cinco follas.
-
-
GALICIA
Fotógrafa, irmá de Roberto Quintero. Coñecida como Mary Quintero, aplicou os seus coñecementos pitóricos para retocar as súas primeiras imaxes en branco e negro. Especializada na arte do retrato fotográfico, impartiu diversos cursos en España, México, Portugal, Rusia e Venezuela. Recoñecida como a primeira muller Maestra Fotógrafa de España, foi galardoada coa Medalla de Oro da Asociación de Sevilla e coa Medalla de Bronce de Galicia (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo, irmán de María del Carmen Quintero. Director e propietario de Roberto Quintero-Fotografía Técnica Industrial, foi presidente da Asociación de Fotógrafos Profesionales de Pontevedra, presidente da Federación Gallega de Fotógrafos e vogal da Federación Nacional de Fotógrafos Profesionales.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Combinación métrica de cinco versos de arte maior, isométricos ou plurimétricos, a base de dúas rimas consonantes, onde non pode quedar solto ningún verso, nin rimar máis de dous versos seguidos, e sen que os dous últimos formen pareado. As disposicións rimadas máis correntes son: ABABA, ABBAB, AABBA. A súa orixe non está clara, e en todo caso pode depender do esquema rimado.
-
-
Composición musical para cinco voces ou cinco instrumentos.
-
Grupo de cinco músicos.
-
-
Grupo de cinco persoas, cousas ou animais.
-
-
GALICIA
Eclesiástico. Ordenado sacerdote en Concepción (Chile en 1778), doutorouse en Teoloxía. Vicerreitor do seminario de San Carlos, foi bispo de Cuenca, en Ecuador (1805-1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e mestre de retórica latina. Ensinou en Roma e Hispania e escribiu libros de retórica, xa perdidos, dos que destacan De causis corruptae e Defense do Nevi Arpiano, ademais da súa obra máis destacada, o tratado de retórica clásica e ciceroniana De Institutione Oratorio, en 12 libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quinto mes do calendario romano antigo, que en 44 tomou o nome de iulius, en honor a Xulio César, e ocupou o sétimo lugar.