"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en 1684 entre Francia, Austria e España, que puxo fin á guerra de España con Francia (1683-1684) e á polémica levada por Versailles sobre os dereitos de reunión que derivaban dos tratados de Westfalia e Nimega (1681). Recoñecía as anexións que Francia fixera con anterioridade a agosto de 1684 e cedía a Francia as cidades de Estrasburgo, Luxemburgo, Beaumont e Chimay.
-
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (921-923) e rei de Francia (923-936). Casou cunha filla de Roberto I de Francia, a quen sucedeu tras a súa morte. En 930 derrotou aos normandos, o que lle permitiu impoñerse á nobreza.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Referente da filosofía política, a súa teoría quedou expresada en A Theory of Justice (1971). Revisou o contractualismo de Jean-Jacques Rousseau e partiu dunha posición orixinal en que se conveñen uns principios de xustiza aplicables na práctica, que son escollidos por homes libres e descoñecedores da súa futura posición na sociedade rexida por estes principios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade deportiva madrileña que se fundou en 1902 co nome de Madrid Foot-ball Club a partir da escisión do Foot-ball Club Sky (fundado en 1879). Os seus xogadores visten pantalón e camiseta branca e xogan os seus partidos como local no estadio Santiago Bernabeu. Acadou a Copa de Europa en nove ocasións, a da UEFA dúas veces, tres a Copa Intercontinental, unha Supercopa de Europa, vinte e nove ligas, dezasete Copas do Rei, sete Supercopas de España e unha Copa da Liga. A sección de baloncesto, fundada en 1932, gañou a Copa de Europa en oito ocasións, a Recopa de Europa en catro, unha Copa Korac, así como 28 títulos da liga española e 22 da Copa do Rei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
brincabois.
-
-
cascote.
-
Pedra irregular e pequena que se emprega na construción de muros e paredes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que rebobina.
-
-
-
Desenvolver un fío, unha fita ou algo semellante, dun rolo para envolvelo noutro.
-
Envolver cara a atrás un carrete de fotos, unha película ou unha cinta magnética para que volva á súa posición orixinal.
-
-
Cambiar os rolos do indutor ou do inducido dun motor eléctrico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coitelo curto e estreito para pulir a beira interior da boca das zocas.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Goiás (Lalín). O seu cumio acada os 649 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Caraño e Milleirós (Pol). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Eume que nace e desemboca na parroquia do Burgo (Muras).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro técnico e sindicalista. Coñecido como Moncho Reboiras, durante a súa etapa estudantil cofundou a revista Des…tornillo, formou parte do grupo cultural O Castro e, en 1969, ingresou na UPG, do que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Organizou a Fronte Cultural Galega que actuou como unha coordinadora efectiva entre a maioría das asociacións culturais de Galicia. Na década de 1970 foi un dos organizadores dos grupos sindicais que orixinaron en 1975 o Sindicato Obreiro Galego (SOG). Defendeu os intereses da cultura e o pobo galegos, emprendeu a loita armada na clandestinidade e morreu nun enfrontamento coa policía cando se estaba organizando a UPF ferrolá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ramón Xosé Reboiras Noia.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lamas do Biduedo (Triacastela). O seu cumio acada os 1.156 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
rapadoira.
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Meda (Castroverde). O seu cumio acada os 629 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO