"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Intoxicación que se produce por sulfuro de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carburante de calidade superior que presenta un elevado índice de octano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedir algunha cousa a alguén con submisión e humildade.

    2. Recorrer ante os tribunais superiores contra a sentenza nunha causa ou preito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor sueco. Coñecido como Max von Sydow, deuse a coñecer a través dos seus traballos con Ingmar Bergman. Destacaron as súas actuacións en Smultronstället (1957), Säsom i en spegel (1961), The Exorcist (1973), Exorcist II: The Heretic (1977), Conan the Barbarian (1982), Father (1989) e Needful Things. Dirixiu o filme Katinka (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar algo con tabiques.

    2. Dividir compartimentos por medio de tabiques.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘cohabitar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e lingüista. Foi profesor de linguas románicas en Holanda (1927-1928), Hungría (1929-1935) e máis tarde en Padua. Das súas obras destacan Grammatica della lingua rumena (1923), Osservazioni sulla diffusione delle parole marinaresche italiane nelle lingue balcaniche (1942), Le origini delle lingue neolatine (1948) e Introduzione alla glotttologia (1949). Tamén escribiu artigos sobre a lingua albanesa e estudos sobre gramáticas comparadas, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor, irmán de Xosé Ignacio Taibo Arias. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, doutor en Ciencias Políticas e profesor na Universidad Autónoma de Madrid, foi membro fundador do Centro de Estudios del Este, tema que foi protagonista nos seus estudos e nas diferentes publicacións posteriores. É columnista de política internacional da BBC de Londres e colaborador de política internacional en xornais como La Vanguardia, El País, La Voz de Galicia e El Correo. Ademais é autor de numerosos traballos relacionados con este tema, como Los mariscales de agosto (1991), La Unión Soviética (1993), Europa sen folgos (1994), Los conflitos yugoslavos (1995), A nova desorden internacional (1998), Un novo Terceiro Mundo? (2000), A desintegración de Iugoslavia (2001), Imperio norteamericano e capitalismo global (2003) e El conflito de Chechenia (2005). Recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arrincar pequenos anacos de alimentos cos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento da frecuencia e o ritmo dos latexos do corazón. Segundo a orixe do estímulo, as taquicardias poden ser auriculares, aurículo-ventriculares e ventriculares.

    2. Taquicardia que se presenta nos enfermos de hipertiroidismo.

    3. Taquicardia que aparece cando o individuo pasa da posición sentada á erguida, que se debe posiblemente a unha hipotensión arterial.

    4. Taquicardia que se caracteriza por un ritmo cardíaco anormalmente rápido, de 110 a 250 latidos por minuto, en forma de ataques de extrasístoles moi rápidos, que comezan e rematan bruscamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente Enrique y Tarancón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tirar a casca ao liño batendo co tascón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que corresponde ás voces ‘traballar’ e ‘facer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino de Nicea (1204-1222). Xeneral do exército bizantino, casou con Ana, filla de Aleixo III Anxo de Bizancio, e distinguiuse na defensa de Constantinopla contra os latinos, que tomaron a cidade en 1204. Refuxiouse en Nicea, onde reorganizou o Imperio Bizantino fronte ao Imperio Latino de Constantinopla, pero foi derrotado polos croatas (1204 e 1205). En 1208 recibiu a coroa imperial. En 1214 tivo que asinar un tratado de paz coas tropas latinas de Enrique I de Constantinopla. En 1219 casou con María de Courtenay e casou a súa filla Eudocia co irmán da súa muller, Roberto I de Constantinopla en 1221, e con quen renovou o tratado de paz. Foi sucedido polo seu xenro Xoán III Ducas Vatatzes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino de Nicea (1254-1258). Sucedeu a seu pai Xoán III Ducas Vatatzes, que xa o asociara ao trono. Bo lexislador e home dunha gran cultura, era un bo estratega e conservou todas as posesións territoriais do Imperio de Nicea. Casou a súa filla Irene co novo tsar de Bulgaria, Constantino I Taš, e a súa filla María con Nicéforo, fillo do déspota de Epiro Miguel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos testicardinos.

    2. Braquiópodo da clase dos testicardinos.

    3. Clase de braquiópodos coas valvas da cuncha provistas cunha bisagra, os tentáculos sostidos por un esqueleto calcario, intestino rematado nun fondo cego e o pedúnculo xorde da valva dorsal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Probar unha cousa valéndose de testemuños ou documentos auténticos.

    2. Ser proba do que se expresa.

    3. Dar testemuño de algo.

    4. Declarar nun xuízo como testemuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e mestre. Colaborador de diversas publicacións como El Heraldo de Vivero, Mundo Gallego, El Progreso e La Voz de Galicia, publicou os seus primeiros poemas na obra colectiva Primavera 81. Voces de hoy (1981), á que seguiron Cereixiñas do orballo (1983), O bicho da pontiga (1995) e Se Deus se namorase (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico en que un átomo de osíxeno ou ambos os dous foron substituídos por átomos de xofre. Segundo o número de átomos presentes na molécula, denomínanse ácidos monotiocarboxílicos, que presentan tautomería, e existen as dúas formas posibles no que respecta ao enlace carbono-xofre, e ácidos ditiocarboxílicos, dos que destaca o ácido ditiocarbónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir a un tipo común.

    2. Representar alguén ou algo o tipo ou modelo do xénero, clase ou especie, do que forma parte.

    3. Definir un taxon mediante un tipo nomenclatural e de acordo coas normas do código internacional de nomenclatura botánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha parte do corpo entre en contacto con alguén.

    2. Estar unha cousa a carón doutra.

    3. Facer referencia a un tema determinado sen facer del o tema principal.

    4. Realizar modificacións ou variacións en algo.

    5. Facer soar un instrumento musical.

    6. Executar unha peza de música.

    7. Aproximarse moito a algo.

    8. Facer escala un barco ou un avión.

    9. Avisar algo mediante sinais acústicos.

    10. Corresponder algo a alguén por sorte ou nunha repartición.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO