tocar
(< orixe onomatopeica)
-
v t
Facer que unha parte do corpo entre en contacto con alguén.
Ex: Tocoulle a man para espertalo.
-
v t
Estar unha cousa a carón doutra.
Ex: O coche case toca a parede do garaxe. OBS: Emprégase tamén seguido das preposicións en e con. Ex: A árbore toca no pau da luz.
-
v t
Facer referencia a un tema determinado sen facer del o tema principal.
Ex: Na súa intervención non tocou o tema.
-
v t
Realizar modificacións ou variacións en algo.
Ex: Cambia o título pero non toques a redacción.
-
v t
Facer soar un instrumento musical.
Ex: Toca o clarinete desde moi pequeno. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Toca nunha orquestra sinfónica.
-
v t
Executar unha peza de música.
Ex: A orquestra tocou a Sétima Sinfonía de Mahler. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Tocou no certame de música.
-
v t
Aproximarse moito a algo.
Ex: O actor fixo unha interpretación que tocou a perfección. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición en. Ex: Debe estar tocando nos oitenta anos.
-
v t
Facer escala un barco ou un avión.
Ex: O barco que vai ás illas Cíes toca o porto de Cangas. OBS: Emprégase tamén seguido da preposición en. Ex: É un aeroporto en que tocan numerosos voos transatlánticos.
-
v i
Avisar algo mediante sinais acústicos.
Ex: A alarma do reloxo tocou ás nove.
-
v i
Corresponder algo a alguén por sorte ou nunha repartición.
Ex: Tocáronlle dous millóns na lotaría.
-
v i
Corresponder a alguén o momento de facer algo.
Ex: Tocábache, pero pasouche a vez.
-
v i
Afectar algo a alguén.
Ex: Sempre amosou interese por todo o que tocaba aos dereitos humanos.
-
v i
Producir o seu son un instrumento.
Ex: Ten na casa un piano que toca moi ben.
Frases feitas
-
Tocar a morto. Emitir as campás o son que anuncia a morte de alguén.
-
Tocar os dentes. Bater os dentes por mor do frío.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles toco
tocas
toca
tocamos
tocades
tocan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tocaba
tocabas
tocaba
tocabamos
tocabades
tocaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles toquei
tocaches
tocou
tocamos
tocastes
tocaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tocara
tocaras
tocara
tocaramos
tocarades
tocaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tocarei
tocarás
tocará
tocaremos
tocaredes
tocarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tocaría
tocarías
tocaría
tocariamos
tocariades
tocarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles toque
toques
toque
toquemos
toquedes
toquen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tocase
tocases
tocase
tocasemos
tocasedes
tocasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tocar
tocares
tocar
tocarmos
tocardes
tocaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
toca
-
-
tocade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tocar
tocares
tocar
tocarmos
tocardes
tocaren
tocada
tocados
tocadas