tocario -ria

tocario -ria
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo tocario.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo tocario.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Antigo pobo de orixe indoeuropea, que residiu entre os ss V e X no Turkestán chinés.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum indoeuropeo, do tipo centum, que se coñeceu ao comezo do s XX a través de numerosos textos no Turkestán chinés, escritos en brahmi e moi influídos polo sánscrito. Pódense distinguir dous dialectos: o tocario A ou agni e o tocario B ou kucheano. Desapareceu na Idade Media.

Palabras veciñas

tocante a | Tocantins | tocar | tocario -ria | tocata | Tochigi | Tocina