"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Relativo ou pertencente á xeometría.
-
Relativo á decoración arquitectónica que se basea en motivos xeométricos (liñas rectas e curvas), xeralmente sen representación animal nin vexetal ou, no caso de levala, reducida a esquemas igualmente xeométricos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos xeométridos.
-
Insecto da familia dos xeométridos.
-
Familia de insectos macrolepidópteros cuxo nome fai referencia ás eirugas, denominadas xeómetras, que carecen dos tres primeiros pares de patas abdominais, polo que camiñan arqueando o corpo. Os adultos teñen as ás febles e moi anchas en relación ao corpo. Son predominantemente nocturnos e a súa coloración adoita ser críptica o que lle permite confundirse coas pólas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeodinámica externa que se ocupa do estudo das formas da superficie terrestre e das forzas que as orixinan, é dicir, das formas do relevo terrestre. Un dos factores decisivos na evolución morfolóxica do relevo é a erosión, polo que unha gran parte da xeomorfoloxía estuda en profundidade os fenómenos erosivos. As leis da xeomorfoloxía serven para a interpretación da forma de actuar das forzas terrestres en tempos pasados e contribúen a comprender mellor a xeoloxía histórica e a sedimentoloxía. É tamén unha ciencia indispensable para os xeógrafos, posto que describe e explica o contorno natural que pode condicionar unha parte das actividades humanas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeomorfoloxía que se ocupa da orixe das formas do relevo. O seu labor fundamental é a datación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nastia provocada pola influencia da gravidade.
-
-
Peza elástica ou almofodada que se coloca no xeonllo para protexelo.
-
Peza de tea que se coloca no xeonllo do pantalón cando está gastado ou roto.
-
Convexidade que se forma no pantalón á altura do xeonllo debido ao uso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión anatómica que está formada pola articulación do fémur e da tibia e a musculatura que a rodea. A articulación do xeonllo mantense no seu lugar debido á cápsula articular e a diversos ligamentos que a reforzan. Ao xeonllo chegan ramas da arteria femoral poplítea e da tibial anterior. Os nervios que a innervan proveñen do ciático poplíteo externo, do ciático poplíteo interno, do obturador e do crural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo da relación que existe entre o medio xeográfico e a estrutura socioeconómica e a evolución política dun país. Malia que o termo foi introducido polo sueco Kjellén, considerouse a F. Ratzel como o fundador da disciplina. K. Haushofer e os seus seguidores elaboraron unha serie de teorías fundamentadas no espazo vital, na superioridade da raza e a expansión natural duns pobos en detrimento doutros, que foron aproveitadas e adoptadas polo réxime nazi. Ao final da Segunda Guerra Mundial esta disciplina caeu en descrédito e posteriormente, Y. Lacoste demostrou que podía constituír unha disciplina crítica. A escola inglesa preferiu modificar esta denominación pola de xeografía política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á xeopolítica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incremento de enerxía potencial que experimenta unha unidade de masa ao ser trasladada do nivel cero (ou nivel do mar) a un punto situado a unha altura h vencendo a forza da gravidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que analiza o globo terráqueo coa axuda dos métodos da xeoloxía e da química. Estuda os caracteres e o comportamento dos elementos das rochas e dos minerais nas distintas zonas do globo, a súa distribución cuantitativa e as súas combinacións e migracións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á xeoquímica.
-
ENTRADA LARGA
Estado asiático, situado na parte occidental de Transcaucasia (69.492 km2; 4.918.000 h [estim 2001]). Limita ao N con Rusia, ao O co Mar Negro, ao S con Turquía e Armenia, e ao L con Acerbaixán. Forman parte dela as repúblicas autónomas de Abkharia, Adxaria e Ossetia Meridional. A súa capital é Tbilisi.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A maior parte do territorio de Xeorxia é montañoso xa que comprende case que todo o Gran Cáucaso e a súa parte axial é a serra principal do Cáucaso, cos picos El’-brus (5.642 m) e Kazbek (5.047 m). Nos límites de Xeorxia aparecen os Alpes de Abkhazia, con formas de relevo alpino que acadan o seu cumio no Dombaj-Ul’gen (4.047 m). O Cáucaso central ten altitudes superiores aos 5.000 m e ao S aparece o sistema montañoso do Pequeno Cáucaso. Entre o Gran Cáucaso, a serra Surami e as montañas de Adxaria atópase a chaira da Cólquida, no curso inferior do río Rioni. Na parte montañosa, os invernos son relativamente temperados e os... -
ILLAS
Illa do S do Océano Atlántico (3.755 km2; 4.144 km2 cos illotes adxacentes de Willis, Bird, Annenkov, Pickersgill e Clerke. Hai factorías baleeiras na costa, en Leith Harbour e Grytviken, caza de focas e algúns rabaños de renos. En 1985 converteuse nun territorio británico coas illas Sandwich do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sección oriental do lago Huron, en Canadá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo do Océano Pacífico, en dirección NO-SL, que separa a illa de Vancouver da costa de Columbia Británica, en Canadá, e que se comunica co Pacífico polos estreitos de Queen Charlote ao NO e de Juan de Fucaao SL.
-
-
Relativo ou pertencente a Georgia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Georgia.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Xeorxia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Xeorxia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo xeorxiano.
-
Individuo do pobo xeorxiano.
-
Pobo caucásico que se estableceu na vertente meridional da serra do Cáucaso. Cunha lingua e tradición cultural propias, os xeorxianos constitúen, despois dos armenios, o pobo máis importante de Caucasia.
-
-
Lingua kartveliana do phylum caucásico que se fala en Xeorxia. Presenta dúas etapas: o xeorxiano antigo ou clásico, e o xeorxiano moderno. Das súas características lingüísticas destacan: a declinación con oito casos (nominativo en dúas formas, predicativo, vocativo, xenitivo, instrumental, locativo-dativo e terminal), sitúa o núcleo despois dos elementos que dependen del, os morfemas verbais poden sinalar ata tres participantes (suxeito, complemento directo e complemento indirecto) e o acento recae na primeira sílaba.
-
Alfabeto propio da lingua xeorxiana. Atribuíuselle a invención ao armenio Mesrob, creador tamén do alfabeto armenio (s V). A inscrición máis antiga data aproximadamente do ano 430. O alfabeto xeorxiano inspírase nunha antiga escritura iránica, a pahlavi arsácida, e consta de trinta e oito signos. Posúe dúas formas de escritura: a sacerdotal ()uc’uri) e a guerreira (m)edruli), que aparece entre os ss XII-XIV e que sobreviviu no uso normal da lingua.
-
Arte desenvolvida en Xeorxia. Dos primeiros anos da era cristiá salientan os darbazi (casas cunha cúpula central, aberta ao centro) e a arquitectura relixiosa (basílica de Sión, en Bolnisi e as basílicas de Bolnisi, Kazret’i e Nekresi), que coa dominación árabe acadou un período de esplendor (s X). Predominou a construción rectangular con cúpula elevada, de cobertura cónica enriba dunha lanterna, que descansa sobre pilastras e forma unha cruz, co exterior moi esculpido. Das igrexas posteriores ao s X destacan a catedral de Oški (s X), a de Alaverdi (s XI), a de Sveti-c’)oveli en Mc’)et’a (s XII) ou a do mosteiro de Gelat’i (s XII). En escultura son salientables os baixorrelevos da cancela de Šiomgvime (s XI) e en toréutica, o tríptico de ḫa)uli (s XII). Os frescos revelan un estilo bizantino, pero menos estilizado. Da pintura moderna destaca Niko Pirosmanišvili (1862-1918).
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente aos estilos arquitectónico e literario xeorxianos.
-
Estilo propio da arquitectura e das artes decorativas de Inglaterra e das súas colonias durante os reinados dos monarcas británicos de nome Xurxo (1740-1820). Caracterizouse polos interiores simétricos, de cores claras e con ornamentación clásica, como consecuencia do palladianismo de I. Jones e C. Wren, polos edificios de azulexo vermello con decoración de madeira (casas residenciais de Williamsburg, Virginia, 1699-1780) e polo seu mobiliario, especialmente na obra de T. Chippendale.
-
Tipo de poesía que se difundiu en Inglaterra na época de Xurxo V. En 1912 H. Monro abriu unha libraría especializada en poesía (Poetry Bookshop) e redactou a revista Poetry and Drama. Georgian Poetry (1911), a primeira dunha serie de cinco antoloxías. Caracterizábase por eliminar os convencionalismos e a limitación do argumento, expresar libremente os sentimentos, aceptar os impulsos da propia natureza e dar un sentido persoal ás cousas en todos os niveis intelectuais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra literaria que ten relación coa agricultura, especialmente coas Georgicas, de Virxilio.