"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Antiga parroquia do concello de Quiroga, baixo a advocación de santa Eulalia, integrada na parroquia de Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo firmado o 12 de xaneiro de 1988 en Vitoria-Gasteiz por Alianza Popular, Centro Democrático y Social, Euskadiko Ezkerra, Partido Nacionalista Vasco e Partido Socialista de Euskadi-PSOE. Nos 17 puntos dos que consta, os asinantes rexeitaron o uso de violencia e fixaron a erradicación do terrorismo como obxectivo común fundamental da acción de todas as institucións e forzas políticas. Destacaron a figura do Estatuto de Gernika como marco xurídico que debe utilizar a sociedade vasca para acceder ao autogoberno e regular a sua convivencia pacífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Doutor en Literatura Inglesa pola University of Edimburg e en Literatura Española e Hispanoamericana pola Universidad de Salamanca, pertence ao grupo literario Crack, xunto a Jorge Volpi. Na súa obra pretende loitar contra a mala imitación do realismo máxico e a vulgarización da literatura hispanoamericana. É autor de Subterráneos (1990), La catedral de los ahogados (1994, Premio Juan Rulfo), Amphitryon (2000, Premio Primavera de Novela), Las tormentas del mar embotellado (2000, Premio Nacional de Literatura Infantil de México) e Las antípodas y el siglo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de numerosos anacoretas de Exipto nos ss IV e V, venerados como santos, confundidos con frecuencia pola haxiografía e a iconografía. Son coñecidos, sobre todo, un Pafnucio suposto autor da Vida de san Onofre, e un Pafnucio de Scete, do que se conservan algúns apotegmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de paganizar ou paganizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en abril de 1986 como un espazo aberto de actuación, reflexión, debate, formación e investigación en ciencias humanas e sociais. Dos seus obxectivos destacan a realización de actividades orientadas á formación e investigación, a implantación de programas e tarefas dinámicas e a busca da excelencia en servizos e prácticas profesionais, desde unha abordaxe interdisciplinar e integral. Presidida por Rosalía Mera Goyenechea, impulsou os proxectos Antear, Trébore e Evos, que tiñan como obxectivo a inserción laboral das persoas con discapacidade psíquica ou con risco de exclusión social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio maxestoso e luxoso que se utiliza como vivenda dun rei ou dun gran señor. Con frecuencia, como en Oriente Próximo, constitúe unha verdadeira fortificación e centro de administración dun goberno. En Micenas e en Grecia construíronse nas acrópoles e en Roma illáronse do resto da poboación, como a Domus Aurea de Nerón, no Palatino. Na Alta Idade Media deu lugar ao castelo fortificado e na época gótica apareceron os palacios urbanos. Nos países islámicos conservou o aspecto externo de fortaleza, aínda que con interiores moi refinados como a Alhambra de Granada. Os palacios urbanos renacentistas abríanse a un patio central cuadrangular, como os de Strozzi ou Medici-Ricardi en Florencia. A finais do Renacemento apareceu o palacio extraurbano, rodeado de xardíns, que se desenvolveu durante a época barroca. O palacio de Versailles imitouse en toda Europa durante os ss XVIII e XIX. Os palacios contemporáneos utilizáronse como sedes de corporacións ou ministerios.

    2. Edificio grande onde está instalada unha institución, un museo ou onde se desenvolven determinadas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e política. Foi a primeira presidenta xeral de Nuevas Generaciones do PP (1977-1978), senadora (1986-1989), deputada (1989-1999) e ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación (1996-1999). É vicepresidenta da Comisión Europea, comisaria de Transportes e Enerxía e de Relacións co Parlamento Europeo desde 1999 e presidenta do consello de Política Social do PP desde 2004. Recibiu a Medalla de la Orden del Mérito Constitucional (2003) e a Medalla de Ouro de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e decoradora. Coñecida como Pury del Palacio, as súas figuras, bodegóns e interiores amosan un debuxo firme e estilizado, con fortes contrastes cromáticos. Da súa obra destaca Nenúfares (1990) e Giovannas en negro (1996). Recibiu a primeira medalla do Salón de Otoño de Madrid (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Despois dunha primeira etapa republicana, marcada pola súa colaboración como crítico radical na Revista Europea e a publicación de obras como Nuevo viaje al Parnaso (1879), na súa obra distínguense dúas etapas claramente diferenciadas pola súa conversión relixiosa (1889). Do primeiro período destacan Marta y María (1883) e La hermana San Sulpicio (1889), e do segundo La alegría del capitán Ribot (1899) e Tristán o el pesimismo (1906). Posteriormente, evolucionou cara ao subxectivismo idealista, que reflectiu en La hija de Natalia (1923), e cara a unha prosa de tema bucólico, como en Sinfonía pastoral (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicóloga, xurista e política. Foi vicepresidenta do consello dos Colexios de Avogados Europeos e presidenta do consello executivo da Academia de Dereito Europeo. Foi eurodeputada polo PP (1994-2002), membro da Convención Europea e ministra de Asuntos Exteriores (2002-2004). Recibiu a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e historiador, marqués de Villarreal de Araba e de Casa Palacio. Especializouse no tema dos xudeus valencianos relacionados con Colón, a Inquisición e a Biblia incunable de València. Publicou, entre outras obras, Contribución al estudo de los burgueses y ciudadanos honrados de Cataluña (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Purificación del Palacio Solá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e mestre de capela. Despois de traballar en diversas capelas catedralicias, foi nomeado en 1826 mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela. Neste posto desenvolveu un intenso labor musical que deu como resultado unha inxente produción, da que destacan sete misas, 36 motetes, 21 salmos e nove vilancicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Da súa produción destaca Palestra farmacéutica chímica-galénica (1706), que foi un intento de renovación da farmacia hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou en Barcelona, Madrid e Leiden e foi catedrático de Terminoloxía en Madrid (desde 1926) e en Lisboa. Destacou polos seus traballos sobre física e sobre a teoría da relatividade especial de Einstein. Escribiu Análisis dimensional (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1892 comezou os seus estudos na Escuela de Arquitectura de Madrid, que rematou cun proxecto de palacio arcebispal (1900). Recibiu unha formación arquitectónica ecléctica, en que tiña relevancia a ornamentación clasicista, e tivo un amplo coñecemento da arquitectura española. Tiña unha concepción grandiosa da arquitectura e partiu do seguimento dos postulados académicos pero evolucionou cara ao modernismo, con influencias do rexeneracionismo de comenzos do s XX, do modernismo vienés e da Escola de Chicago. Revalorizou o granito do Porriño, que ata o momento se utilizaba na pavimentación, e empregouno pulido. Asociouse con Joaquín Otamendi Machimbarrena e obtiveron o primeiro premio no concurso dunha ponte monumental para Bilbao (1901), a segunda medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes polo proxecto dunha ponte sobre o Urumea en Donostia (1904) e un dos premios do concurso para a construción do Casino de Madrid (1903-1904). En 1904 gañaron o concurso para a construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Francés, da súa produción destacan dous métodos para a aprendizaxe do francés, Philippe et Monique e Boul “mich”, e varios traballos sobre a influencia da literatura francesa en Álvaro Cunqueiro e en Feijoo (Contribución al estudo de las fuentes francesas de Feijóo). Tamén editou e traduciu ao castelán obras de Gustave Flaubert como Madame Bovary (1986), L’education sentimentale (1990), Bouvard et Pécuchet (1999) e Trois contes (1999), e ao galego a obra de Stendhal La chartreuse de Parme (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, que está situado a 27 km ao S da capital (33.045 h [2001]). Destacan os cultivos de oliveiras, vide e cereais, a cría de cabalos e a olaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno fonético ou fonolóxico polo que un son non palatal se converte en palatal ou case palatal, xeralmente en contacto con outros sons veciños que o son. Así, o k velar, atraído polo i palatal no lat cimĭce, sufriu unha palatalización e converteuse en [tÙ "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ] (chinche).

    VER O DETALLE DO TERMO