palacio

palacio

(

  1. s m [ARQUIT/ARTE]

    Edificio maxestoso e luxoso que se utiliza como vivenda dun rei ou dun gran señor. Con frecuencia, como en Oriente Próximo, constitúe unha verdadeira fortificación e centro de administración dun goberno. En Micenas e en Grecia construíronse nas acrópoles e en Roma illáronse do resto da poboación, como a Domus Aurea de Nerón, no Palatino. Na Alta Idade Media deu lugar ao castelo fortificado e na época gótica apareceron os palacios urbanos. Nos países islámicos conservou o aspecto externo de fortaleza, aínda que con interiores moi refinados como a Alhambra de Granada. Os palacios urbanos renacentistas abríanse a un patio central cuadrangular, como os de Strozzi ou Medici-Ricardi en Florencia. A finais do Renacemento apareceu o palacio extraurbano, rodeado de xardíns, que se desenvolveu durante a época barroca. O palacio de Versailles imitouse en toda Europa durante os ss XVIII e XIX. Os palacios contemporáneos utilizáronse como sedes de corporacións ou ministerios.

    Sinónimos: pazo.
  2. s m

    Edificio grande onde está instalada unha institución, un museo ou onde se desenvolven determinadas actividades.

    Sinónimos: pazo.