palabra

palabra

(< lat parabŏla)

  1. s f [LING]
    1. Secuencia de fonemas constituída por un ou máis morfemas que poden ser illados por conmutación. É unha unidade propia da lingua escrita, en que aparece separada doutras por espazos en branco. En función da súa composición morfemática, as palabras clasifícase en invariables ou monomorfemáticas, constituídas por só un lexema (por, con, onte, pero), e variables ou polimorfemáticas, cun lexema e varios morfemas flexivos ou derivativos (nen-a-s; patad-ón-s, re-escrib-i-r). Dentro das segundas distínguense entre palabras simples e compostas. Son palabras simples as que, ademais dos morfemas flexivos, só contan cun lexema (casa-s, flor-es) e son palabras compostas as constituídas por máis dun lexema, en xeral por dúas ou máis palabras (paporrubio, vichelocrego, estrela de mar, agridoce, porco bravo). Segundo a súa capacidade para formar por si soas enunciados, as palabras clasifícanse en autónomas, que poden constituír un enunciado ou realizar por elas unha función (marchou, silencio!, non), e dependentes, incapaces de constituír enunciados e que precisan do apoio das primeiras (para comer, saber que facer). Entre estas, átonas, sitúanse as preposicións, conxuncións, pronomes átonos, artigos, etc. Entre as primeiras, tónicas, os substantivos, adxectivos, verbos e adverbios. A función desenvolvida nas unidades superiores -frase e oración- permite a clasificación das palabras en substantivos, adxectivos, determinantes, verbos, adverbios, preposicións e conxuncións.

    2. Representación escrita dos fonemas que constitúen unha palabra.

      Ex: A palabra home escríbese con h.

  2. s f
    1. Capacidade de expresarse de maneira oral.

      Ex: Ten o don da palabra. Coa enfermidade perdeu o uso da palabra.

    2. Acto de fala.

      Ex: Non lle dirixiu a palabra en todo o día.

    3. Dereito a falar nunha reunión ou asemblea.

      Ex: O representante da oposición pediu a palabra.

  3. s f

    Promesa que se fai sobre a propia honra respecto á veracidade do que se di.

    Ex: Douche a miña palabra de que o incidente non foi como cho contaron. Eu non fun, palabra.

  4. s f pl

    Algo que se di. Na tradición oral recóllense ditos como: “As boas palabras vencen e gañan. As boas palabras aloumiñan; as malas espiñan. Uñas de gato e palabras de santo. Palabra solta non ten volta. Sandan as coiteladas e non as malas palabras. Boas palabras non manteñen. A palabras tolas, orellas xordas. Palabras sen feito, gaita sen punteiro. Palabras de burro non chegan ao ceo”.

    Ex: Ao recibir o premio pronunciou unhas palabras de agradecemento.

  5. s f pl

    Ditos infundados que non se axustan a ningunha realidade.

    Ex: Non creas o que che din, que non son máis ca palabras.

  6. s f pl

    Pasaxe ou fragmento dun autor ou dun escrito.

    Ex: En palabras de Castelao, en Galicia non se pide nada, emígrase.

  7. palabra de Deus [RELIX]

    Maneira con que Deus se comunica na creación, na historia e na manifestación persoal, que para os cristiáns é Xesús Cristo. A expresión grega ëïãïò, coas súas connotacións filosóficas, dálle á palabra de Deus unha dimensión especulativa extraordinaria, cunha base evidente no prólogo do cuarto Evanxeo, e que está na orixe da teoloxía trinitaria.

  8. palabra rima [LIT]

    Palabra ou secuencia de palabras repetida en posición de rima no mesmo verso en todas as estrofas. Cando non se dá en todas elas, fálase de palabra rima imperfecta.

  9. palabras cruzadas [XOGO]

    Acróstico en forma de diagrama, que está formado por unha cuadrícula con espazos brancos e negros, os primeiros destinados e recibir letras e os seguntos a sinalar o comezo ou final das palabras que hai que compor, a partir dunhas definicións debidamente numeradas. As letras das palabras dispostas en filas horizontais serven tamén para formar outras dispostas en sentido vertical. O 21 de decembro de 1913, o New York World publicou o primeiro modelo do xogo. OBS: Tamén se denomina encrucillado.

Frases feitas

  • 2 loc adv Que cumpre as súas promesas.

  • Coller/Tomar a palabra a alguén. Valerse do que alguén dixo con anterioridade para obrigalo a que o cumpra.

  • Palabra por palabra. Ao pé da letra.

  • Palabras maiores. Cousas moi importantes.

  • 2 Beber alcohol nun local público.

  • De palabra 1 loc adv Indica que se transmite mediante a expresión oral.

  • Deixar coa palabra na boca. Marchar e non escoitar o que outra persoa vai dicir.

  • Dirixirlle a palabra. Falarlle a alguén.

  • En catro/dúas/poucas palabras/nunha palabra. Brevemente.

  • Medias palabras. Aquilo que non se di claramente, senón de maneira confusa ou incompleta.

  • Medir as palabras. Falar con prudencia.

  • Mollar a palabra 1 Facer unha pausa para beber un pouco de líquido mentres se está falando.

  • Non dar/dicir palabra. Non falar nada.

  • Quitar/Sacar a(s) palabra(s) da boca. Anticiparse alguén a dicir o que outro estaba a piques de dicir.

  • Sacar/Tirar as palabras á/pola forza. Facer que alguén conte algo que non quería contar.

  • Ter palabras de santo e unllas de gato. Amosarse alguén como amigo e por detrás ser inimigo.

  • Ter unhas palabras. Dicirse cousas desagradables dúas persoas.

Refráns

  • Cales palabras me dis, tal corazón me pos.
  • Palabra de boca, pedra de fonda.
  • Palabra dita non pode ser recollida.

Palabras veciñas

pala | Pāla | Pala Cerrada | palabra | palacete | palaciano -na | palacio