"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Antropónimo masculino que provén do latín Quirinus, unha das máis antigas deidades romanas, identificada con Rómulo, que deu nome a un dos sete outeiros de Roma, o Quirinale. Con el estaba relacionado o termo quirites ‘cidadáns’, que posiblemente teña que ver coa vila de Cures, de xeito que a vella fórmula Populus Romanus Quiritesque ‘pobo romano e quirites’ debía aludir á primitiva fusión de romanos e sabinos. Outros relacionan este nome con curis ‘lanza’, aínda que tamén era o sobrenome de Marte e de Xúpiter, pola similitude co grego κόριος ‘que ten autoridade, señor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oficial romano. Encargado de gardar a prisión do papa santo Alexandre I, este converteuno a el e a toda a súa familia. Sufriu martirio por negarse a apostatar. Represéntase vestido con armadura de cabaleiro, cun estandarte e cun escudo. A súa festa celébrase o 30 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono. Mártir na persecución de Diocleciano, era orixinario de Iliria. O Papa Zacarías doou as súas reliquias á abadía beneditina de Tegernsee, en Baviera. Na súa iconografía leva unha moa de muíño. A súa festa celébrase o 25 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista filipino. Deputado (1919), senador (1925) e ministro de Facenda (1934-1935), Interior (1936) e Facenda no goberno de M. Quezón, participou na redacción da Constitución filipina. Ministro de exteriores e vicepresidente de Filipinas (1946), ocupou a presidencia do país á morte de M. Roxas (1948 e 1949-1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quirites.

    2. Individuo dos quirites.

    3. Nome dos antigos romanos, sobre todo na súa condición de cidadáns, conservado na fórmula Populus Romanus Quiritesque. A orixe pode derivar dos sabinos de Curi, do nome latino quiris ‘lanza’ ou do epónimo Quirino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Local especialmente acondicionado para realizar nel intervencións cirúrxicas. O seu desenvolvemento histórico está ligado á importancia da esterilidade e do control microbiolóxico das enfermidades e dos centros hospitalarios. Foi a partir da Segunda Guerra Mundial cando se impuxeron unha serie de criterios na súa concepción e construción e, logo, no seu funcionamento e dotación, para reducir as infeccións e conseguir unha maior limpeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Quiroga, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca homónima, situado ao SL da provincia de Lugo e ao L da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 28’ de latitude N e 7° 14’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Folgoso do Courel (comarca de Quiroga); ao S cos de Ribas de Sil (comarca de Quiroga) e A Pobra de Trives e Manzaneda (comarca da Terra de Trives); ao L cos de Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Larouco (os tres da comarca de Valdeorras) e coa provincia de León; e ao O cos da Pobra do Brollón (comarca de Terra de Lemos) e Ribas de Sil (comarca de Quiroga). Abrangue unha superficie de 317,4 km 2 , cunha poboación de 3.939 h (2007), distribuída entre as parroquias de Augas Mestas, Bendilló, Bendollo, Bustelo de Fisteus, Cereixido, A Enciñeira, A Ermida, Fisteus, O Hospital, Montefurado, Nocedo, Outeiro, Pacios da Serra, Paradaseca, Quintá de Lor, Quiroga, A Seara, Sequeiros, Vilanuíde, Vilar de Lor, Vilarmel e Vilaster. A súa capital é a vila de Quiroga, localizada 86 km...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora, filla de Xosé Quiroga Velarde, conde de San Martín de Quiroga. Vinculada a Galicia e con influencias de E. Pardo Bazán, nas súas obras presenta a temática da disolución da baixa nobreza rural e as relacións entre os señores e os criados. Escribiu La soledad sonora (1949), Viento del Norte (1950, Premio Nadal de Novela), La otra ciudad (1953), Tristura (1960, Premio de la Crítica Española), Presente profundo (1973) e Se acabó todo, muchacha triste (1977). Foi membro da Real Academia Española (1984). Recibiu a Medalla Castelao (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Coñecido como Frei Xosé Francisco Jesús María, cursou estudos eclesiáticos ata doutorarse na Universidad de Salamanca. Ocupou posteriormente unha coenxía en Toledo. Tomou o hábito dos carmelitas descalzos en 1595 e foi nomeado cronista xeral da orde. En 1604 confióuselle o priorado da Casa de Toledo e en 1618 nomeárono xeneral da orde. Recompilou e editou os escritos de san Xoán da Cruz por primeira vez, aos que engadiu unha biografía. Das súas obras relixiosas e teolóxicas destacan Excelencias de la castidad (1601), Historia de Santa Catalina (1608), Vida de San José (1613) e Historia de la vida y excelencias de la Santa Virgen María (1652).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Membro do corpo facultativo superior de Arquivos da Xunta de Galicia, foi xefe do servizo de Museos e Arquivos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1994) e xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia (1994-1996), que dirixiu desde 1996. Das súas publicacións destacan Evolución dunha estrutura agraria na Galicia interior: a terra de Viana do Bolo, 1600-1820 (1988), Real Audiencia de Galicia: catálogo de expedientes de veciños (2002) e Arquivo renovado: Arquivo do Reino de Galicia: exposición (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador e administrador. Foi paxe de Beatriz de Castro, condesa de Lemos e en 1535 trasladouse a Perú. Participou na pacificación de Lima e Cuzco e na conquista dos chunchos. Uniuse a Pedro de Valdivia na conquista de Chile. En Santiago del Nuevo Extremo foi alcalde (1548; 1560), rexidor (1549) e tenente de gobernador e capitán xeneral (1550-1555; 1558). Gobernador interino de Chile (1565-1567), en 1575 outorgáronlle en propiedade o cargo de gobernador. Foi cabaleiro de Santiago desde 1573.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, I conde de Quiroga-Ballesteros, fillo de Benigno Quiroga López-Ballesteros. Licenciado en Dereito, formou parte do Partido Liberal. Foi deputado polo distrito de Quiroga durante tres lexislaturas (1907-1926) e polo de Lugo durante catro lexislaturas (1916-1923), secretario primeiro do Congreso (1914) e subsecretario do ministerio de Graza e Xustiza (1912 e 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. De nome Héitor González Gutiérrez, desenvolveu o seu labor en diversos países de Hispanoamérica, ata que en 1960 regresou a España para interpretar un papel secundario en Pecado de amor (1961). A partir dese momento participou en diversas producións españolas, como Crimen de doble filo (1964) e La busca (1966), e estranxeiras, como 55 Days at Peking (1963) e Doctor Zhivago (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e militar. Ingresou na Armada como gardamariña en Ferrol, pero en 1808 pasou ao exército de terra para combater na Guerra da Independencia. Acadou o grao de xeneral e apoiou o Pronunciamento de Las Cabezas de San Juan de del Riego (1820). Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e vicepresidente nas Cortes. Defendeu a capitalidade da provincia para A Coruña e Pontevedra. Durante o Trienio Liberal (1820-1823) foi mariscal de campo. Exiliado en Londres durante a Dédada Ominosa (1823-1833), á súa volta (1834) ascendeu a tenente xeneral e foi capitán xeneral de Castela a Nova. Foi elixido deputado (1836-1838) e senador (1837-1838) pola provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oceanógrafo. Licenciado en Ciencias pola Universidad Complutense de Madrid, foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo e sección da dirección provincial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Boa parte do seu labor dedicouno á investigación sobre os mamíferos mariños e a pesca da balea en España. Escribiu La riqueza marisquera de Galicia (1974) e Guía de cetáceos. Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Violinista e pintor. Formou parte, xunto con Sarasate e Manén, dos grandes violinistas españois a escala internacional. Interpretou obras dos compositores máis afamados e como compositor deixou diversos Caprichos para violín, cadencias de obras de coñecidos compositores, algunha habanera e alborada, diferentes cantos e Variaciones sobre el Capricho 24 de Paganini. No apartado pictórico foi un autodidacta, especialmente a partir de 1938, cando unha enfermidade lle impediu tocar o violín. Destacou como debuxante e recibiu a influencia do postimpresionismo. Da súa produción pictórica destacan os retratos e caricaturas como Caricatura de Straüss (1928), Caricatura de Pau Casals (1940?), María Galvani (1945?) e os diferentes autorretratos que se conservan. Realizou tamén paisaxes en acuarela, como Rúa do Villar (1916), Unha vila na montaña (1931?) e Rúa no porto (1949?), e bodegóns como Floreiro con rosas. Recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO