Quirino
Quirino
[ONOM]
Antropónimo masculino que provén do latín Quirinus, unha das máis antigas deidades romanas, identificada con Rómulo, que deu nome a un dos sete outeiros de Roma, o Quirinale. Con el estaba relacionado o termo quirites ‘cidadáns’, que posiblemente teña que ver coa vila de Cures, de xeito que a vella fórmula Populus Romanus Quiritesque ‘pobo romano e quirites’ debía aludir á primitiva fusión de romanos e sabinos. Outros relacionan este nome con curis ‘lanza’, aínda que tamén era o sobrenome de Marte e de Xúpiter, pola similitude co grego κόριος ‘que ten autoridade, señor’.