Quirinale

Quirinale

Outeiro máis setentrional dos sete de Roma. Na súa cima había un templo dedicado ao deus Quirino na Antigüidade e baixo Augusto converteuse, xunto co Viminal, na sexta rexión da cidade. Antigamente estaban alí os xardíns de Salustio e as termas de Diocleciano e Constantino. En 1574 Gregorio XIII converteu a vila de Ippolito d’Este no palacio de Quirinale, residencia dos reis en 1870 e palacio do presidente da República italiana desde 1948.