"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Delegado de La Voz de Galicia na Mariña de Lugo e Asturias. Publicou os poemarios A palabra soterrada (1985) e A traxectoria caótica do péndulo (1990), ademais de diversas pezas dramáticas como Ninguén chorou por nós (1999). No apartado narrativo tirou do prelo Cuba, doce e soturna (1994). Recibiu o XIII Premio Modesto R. Figueirido de narracións curtas (1987) e o Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humanista. Adquiriu unha formación humanística en Santiago de Compostela e estableceuse en Madrid. Foi autor de Compendio de Albeitería (1717), que ampliou en 1729, onde realizou, entre outros, un estudo das augas medicinais e unha clasificación dos minerais e dos solos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias da Arnoia, no concello homónimo, e Sande (Cartelle). O seu cumio acada os 607 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Sande (Cartelle) nun outeiro sobre o Arnoia. De orixe medieval, o Rei Afonso VII cedeuna ao mosteiro de Celanova no s XII. Consérvase a torre en que se atopa un escudo. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cartelle. Ten unha soa nave, dividida en catro tramos separados por arcos de medio punto, e capela á que se accede a través dun arco de medio punto. Consérvase parte do artesoado que cubría a nave. A portada principal atópase flanqueda por pilastras e remarcada por molduras. Nesta fachada atópase unha torre dun só corpo con balaustrada e cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Jules Sandeau, foi amante de George Sand. Escribiu con ela a novela Rode et Blanche (1831). Das súas obras destacan Mademoiselle de La Seiglière (1848) e La roche aux mouettes (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Despois de tentar ser pintora en París, iniciouse en Suecia como escritora. Destacan as súas novelas sobre o personaxe feminino Alberta (1926, 1931 e 1939), en que trataba a emancipación da muller, e que foi levada á televisión en 1972. Escribiu tamén Kranes konditori (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Casoio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.313 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor danés. Procedente dunha familia pobre, nas súas primeiras novelas, como Klabavtermannen (O trasno, 1927), describiu a vida dos mariñeiros e colonos. Posteriormente adoptou a temática psicolóxica. Destacou tamén como crítico e ensaísta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Comezou en 1890 e fíxose profesional en 1902, especializándose no retrato. Abriu un estudo en Linz (1904) e, xa en Colonia (1910), comezou o seu proxecto Menschen des 20Jh (1927), en que retratou a sociedade alemá anterior á Segunda Guerra Mundial, ofrecendo unha imaxe obxectiva e realista. Perseguido polo Terceiro Reich, un incendio acabou coa maior parte do seu traballo. Publicou Antlitz del Zeit (1929) e Menschen onha Maske (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra alemán. Formouse en Königsberg e Berlín, e en 1936 trasladouse a Moscova como asistente de F. Sebastian na Orquestra da Radio. Dirixiu diversas orquestras como a Filharmónica de Leningrado (1942-1960) ou a Sinfónica da Radio de Berlín. Retirouse en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Traballou en Anveres e en 1551 trasladouse a Haarlem. A súa técnica compositiva, adquirida dos romanistas flamengos, influíu en Velázquez. Pintou temas relixiosos (O fillo pródigo), de costumes (O cirurxián) e naturezas mortas. En Tobías anunciou o Barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico inglés. Encarnou a miúdo un tipo de personaxe duro, irónico e cerebral. Dos seus filmes destacan Rebecca (1940), The Picture of Dorian Gray (1945), All About Eve (1950), polo que recibiu o Oscar ao mellor actor secundario; e The Quiller Memorandum (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen manifesta pouca intelixencia e disposición.

    2. Que ou quen resulta inoportuno ou indiscreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sandeu.

    2. Feito ou dito propio dun sandeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno fonolóxico polo que os extremos das palabras, máis ca no caso interior, se modifican por influencia doutras palabras veciñas no texto. Por exemplo, en sardo, o c de cosa, sonorizou, por estar na frase, a miúdo, en situación intervocálica: una gosa. En galego, ocorren modificacións deste tipo en determinadas combinacións fonéticas, en que aparecen variantes combinatorias e fenómenos como a sinalefa. OBS: Tamén se denomina fonética sintáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Berkshire, Inglaterra (6.400 h [1981]). É sede da Royal Military Academy, fundada en 1802, co nome de Royal Military College, inicialmente academia de infantaría e de cabalaría e ampliada en 1947, ao fusionarse coa Royal Military Academy de Woolwich (1741), á artillaría e a enxeñaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama pronunciada polo príncipe Afonso de Borbón (futuro Afonso XII) desde a academia militar de Sandhurst o 1 de decembro de 1874. Redactada por A. Cánovas del Castillo na súa campaña por restaurar a monarquía, incluía a promesa do príncipe de instaurar un modelo de monarquía constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, con talos prostrados, longos e pilosos, de follas lobuladas, flores amarelas e froitos en pepónide comestibles. É oriúnda de Asia meridional e ou seu cultivo é moi antigo.

    2. Froito da planta do mesmo nome. É de gran tamaño, redondo, de pel lisa, zumarento, de polpa vermella e con moitas pebidas negras. O seu valor nutritivo é baixo, excepto polas súas vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada na ribeira dereita da ría de Camariñas, na parroquia de Xaviña (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO