"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Deixar nula ou sen validez unha cousa.
-
-
Deixar nula ou sen aplicación unha lei, orde ou disposición.
-
Declarar inválido e sen efectos legais un acto ou un negocio xurídico, sexa por causa dun vicio de nulidade plena ou de anulabilidade.
-
-
Nun encontro deportivo, invalidar os puntos acadados por incorrer nalgunha acción antirregulamentaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten poder de anular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reparación cirúrxica dunha válvula cardíaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peto’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘esconder, gardar e tapar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anunciación.
-
-
Acción de anunciar.
-
-
Anuncio feito a María polo arcanxo Gabriel de que sería nai do Mesías. Os pais da Igrexa consideran que este foi o momento no que o Fillo de Deus se encarnou.
-
Festa coa que a Igrexa celebra este misterio: 25 de marzo. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín eclesiástico annuntiatio ‘anunciación, anuncio’, derivado de annuntio. Este último termo procede de ad-nuntio ‘anunciar’, composto de ad ‘cara a, en dirección a’ e nuntio ‘informar, notificar’ e este, á súa vez, deriva de nuntius ‘nuncio, mensaxeiro’. Este antropónimo ten unha orixe cristiá; alude ao anuncio do nacemento de Xesús (“Anunciación a María”), relatado no evanxeo de san Lucas. A Anunciación tamén se coñece cariñosamente como a “Nosa Señora das Merendas”, porque a súa festa marca o comezo dos traballos nas veigas e, xa que logo, das merendas fóra da casa. A festividade da Anunciación, que antano se celebraba o 18 de decembro por non cadrar co espírito da Coresma, trasladouse logo ao 18 de decembro. Actualmente festéxase o 25 de marzo agás en Entrimo, onde se conmemora o 5 de agosto, e en Baiona, onde se celebra os días 5 e 10 de agosto. A Anunciación é titular dunha parroquia. Unha variante deste antropónimo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde da cabalería creada polo conde Amadeo VI de Savoia no 1362. Os estatutos foron doados no 1400 polo duque Amadeo VIII. Foi a orde suprema do Reino de Italia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que anuncia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación filatélica aparecida o 1 de novembro de 1895 en Ferrol, e dirixida por Manuel Riva. Desapareceu en xullo de 1896.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario aparecido na Coruña o 1 de xaneiro de 1863, subtitulado “Periódico consagrado al comercio, a la industria y a las artes”. Dirixido por Cándido Salinas, foron redactores Ramón Pérez Costales e Gonzalo Brañas. Foi impreso por Brañas e Pombo. Trataba temas económicos e comerciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal nado en Pontevedra o martes 2 de xaneiro de 1877 e desaparecido en maio de 1893. Foi subtitulado como “Diario de noticias, anuncios e intereses morales y materiales”, “Diario de intereses generales, noticias y anuncios”, “Diario de Pontevedra”, “Diario republicano” e “Diario republicano progresista” ao longo de diversas etapas. Fundado por Xosé Suárez, tivo como directores a Indalecio Armesto, Xosé Madrigal, Xoán M. Rodríguez, Cosme Fernández, Emilio Couto e Xosé Sequeiros. Tratou temas políticos, culturais e mesmo publicou poemas en castelán de Renato Ulloa, Claudio Cuveiro, Nicanor Rey, Andrés Muruais, Núñez de Arce, Alfredo Brañas e Xesús Muruais, entre outros. Xunto a estes, poemas en galego de Rosalía e Francisco Mª de la Iglesia, e unhas crónicas tituladas “Farangullas” de Roque Pesqueira. Tamén difunden información sobre o dicionario de Cuveiro Piñol e Aires da miña terra de Curros Enríquez. Reaparecería no ano 1893.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal republicano aparecido na Coruña en 1877 e subtitulado “Diario de La Coruña y de Galicia”. No número do 25 de xullo de 1883 incluíuse o poema “O probe” de Manuel Martínez González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome adoptado polo xornal El Avisador (1862) da Coruña no ano 1877 ata a súa desaparición definitiva no ano 1894.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en Santiago o 1 de novembro de 1896, que cesou o 1 de abril do ano seguinte. Foi dirixido por Ernesto Carrero e levaba por subtítulo o de “Periódico Filatélico”.
-
-
Que ou aquel que anuncia.
-
Toda persoa natural ou xurídica, empresa ou institución de calquera tipo que utiliza os medios de difusión publicitaria para dar a coñecer e introducir, nun mercado determinado, os produtos -normalmente con marca- que fabrica ou comercializa, ou os servicios que desenvolve, sempre cunha finalidade comercial, informativa ou social.
-
-
-
Dar noticia pública ou a primeira noticia dalgunha cousa, facer saber, publicar ou proclamar.
-
Dar a noticia da chegada, da presenza de alguén.
-
Comunicar a través dun anuncio a existencia ou as calidades de produtos ou servicios de institucións públicas ou privadas, de empresas e similares, ou de calquera persoa, coa intención de informar ou persuadir a posibles consumidores.
-
Darse a coñecer a través dun medio determinado, por exemplo, a publicidade.
-
Dar a coñecer mediante indicios que algo vai acontecer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que anuncia.
-
-
Acción e efecto de anunciar.
-
-
Comunicación elaborada con textos, imaxes ou sons dirixida a un público concreto e divulgada a través dun medio publicitario co obxectivo de persuadir ou informar sobre a existencia das calidades dun produto ou servicio. A difusión dun anuncio realízase a través de medios masivos como a televisión, radio, diarios, revistas, cine ou Internet. A variedade de formatos dos anuncios en prensa é a seguinte: dobre páxina, unha páxina, pé de páxina, media páxina (horizontal ou vertical), dobre media páxina, robapáxina, módulos, especiais ou encartes. A variedade de formatos televisivos son o espot ou comercial de televisión, patrocinio ou esponsorización, publicidade estática, as sobreimpresións, publirreportaxes, telepromoción e televenta, produt placement e bartering. O formato máis estendido en radio é a cuña publicitaria.
-
Inserción publicitaria que se fai na prensa.
-
anuncio por palabras
Anuncio consistente nun texto breve, xeralmente con abreviaturas e de estilo telegráfico, publicado nunha sección específica (onde estes anuncios se clasifican por temas) en gran parte da prensa diaria.
-
-