"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á areometría.
-
-
Instrumento utilizado en areometría para determinar a densidade dos líquidos, que consiste nunha barra de vidro seguida dun ensanchamento que fai de cámara de aire e acabada con outro ensanchamento máis pequeno que contén azougue ou perdigóns. A súa flotabilidade nun líquido é en función directa da densidade deste líquido, de maneira que a lonxitude da barra que sobresae da superficie serve, graduada previamente, para poder determinala. A barra pode estar graduada directamente en densidades, e daquela o instrumento toma o nome de densímetro, ou en unidades convencionais chamadas graos, determinados á conveniencia do ramo industrial que os usa. Empréganse os graos Baumé (escala de Baumé) en aplicacións xerais, os graos API na industria do petróleo, os graos Brix (escala de Brix) na industria do azucre, etc.
-
Areómetro graduado en graos Baumé.
-
-
-
Area grosa, de moito diámetro.
-
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘boi’.
-
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘boi’.
-
-
-
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘vaca’.
-
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘vaca’.
-
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘carne’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘tenreiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘tenreiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello aristocrático de Atenas. Recibía a denominación do outeiro homónimo próximo a Atenas onde se axuntaba o consello de nobres. Durante o período da monarquía primitiva era consultado polo Rei, máis tarde presidente da institución como Arconte Basileos. Solón (594) reduciuno a tribunal de garantías constitucionais e das causas criminais que non foran xulgadas a instancia de parte. Efialtes (462-461 a C), líder do partido popular, limitou a súa función á supervisión de asuntos relixiosos e causas criminais. Baixo a dominación romana subsistíu paralelamente aos tribunais romanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro preto de Atenas onde se axuntaba o Consello dos Nobres, por iso tamén chamado areópago. Alí hai restos do lugar de xuntanza do Consello, con escanos rochosos dispostos semicircularmente, a pedra dos agravios, onde se sentaban os acusados, e a pedra da implacabilidade, onde se sentaba o acusador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do areópago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao areópago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema no que as columnas dobres están separadas por un módulo, sendo sete os que separan a cada parella da contigua.
-
ENSEADAS
Enseada da beira setentrional da ría de Ares situada ao O da punta Avarenta, na parroquia de Cervás do concello de Ares.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Abundante en area.
-
Que ten as características da area, semellante á area.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel García Areoso.
-
-
Tipoloxía de templo grego da Antigüidade, cun intercolumnio que tiña unha anchura de máis de seis módulos, requirindo por iso arquitrabes de madeira, xa que os de mármore, ou pétreos en xeral, non podían construírse con medidas de tales dimensións.
-
Columnata espaciada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tácticas militares relativas ao ataque e á defensa das prazas.
-
PUNTA
Punta situada no golfo da Masma, na parroquia e concello de Burela, na Mariña Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia situada no golfo da Masma ao O da punta da Camposa, na parroquia de Cangas, concello de Foz no límite co de Burela, na Mariña Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Arequipa, Perú, á beira do río Chili e ao pé do volcán Misti (621.700 h [en 1990]). Centro agrícola e industrial, foi fundada polos españois no 1540.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento do Perú (63.528 Km2; 937.400 h [1989]). A capital é Arequipa.
VER O DETALLE DO TERMO