Areópago
Areópago
Outeiro preto de Atenas onde se axuntaba o Consello dos Nobres, por iso tamén chamado areópago. Alí hai restos do lugar de xuntanza do Consello, con escanos rochosos dispostos semicircularmente, a pedra dos agravios, onde se sentaban os acusados, e a pedra da implacabilidade, onde se sentaba o acusador.