areópago
areópago
(< topónimo grẢρειοπάγος ‘colina de Ares’)
s
m
[HIST/ADM]
Consello aristocrático de Atenas. Recibía a denominación do outeiro homónimo próximo a Atenas onde se axuntaba o consello de nobres. Durante o período da monarquía primitiva era consultado polo Rei, máis tarde presidente da institución como Arconte Basileos. Solón (594) reduciuno a tribunal de garantías constitucionais e das causas criminais que non foran xulgadas a instancia de parte. Efialtes (462-461 a C), líder do partido popular, limitou a súa función á supervisión de asuntos relixiosos e causas criminais. Baixo a dominación romana subsistíu paralelamente aos tribunais romanos.