"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Crítico musical. Dirixiu Musical World e os seus artigos en The Times obtiveron un grande éxito na época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Realizou estudios nas universidades de Chicago e Princeton, onde se doutorou en 1911. Foi profesor de física no Carnegie Institute of Technology (1911-1917) e, posteriormente, traballou no departamento de enxeñería da Western Electric Company e na University of Virginia. Realizou numerosas investigacións no campo da emisión termoiónica dos metais e foi un dos precursores da microscopia electrónica. Investigou, xunto con L. H. Germer, a difracción dos electróns. En 1937 compartiu con sir George Thomson o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a difracción electrónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento efectuado en 1927 por C. J. Davisson e L. H. Germer que serviu para demostrar que as partículas de materia, baixo determinadas condicións, presentan un movemento ondulatorio. Ao bombardear un cristal de níquel cun feixe de electróns, observouse na placa receptora que os electróns resultaban difractados pola rede cristalina; este fenómeno significou a comprobación experimental da hipótese De Broglie.
-
PERSOEIRO
Político e revolucionario irlandés. Membro do movemento feniano desde 1865, no 1879 fundou a Liga Agraria de Irlanda, desde a que preconizou a nacionalización da terra. Foi deputado no Parlamento británico (1892-1893 e 1895-1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador e construtor de avións inglés. Iniciou o seu traballo na industria do automóbil, ata que en 1908 deseñou o seu primeiro enxeño voador, un aeroplano cun motor de 50 HP de potencia, que construíu e pilotou en 1910. En 1920 fundou a compañía De Havilland Aircraft, dedicada á construción de avións. Durante a Segunda Guerra Mundial creou o bimotor Mosquito. Ademais, foi un dos primeiros construtores de avións a reacción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica norteamericana. Estudiou interpretación e traballou en distintos espectáculos coa Community Players of Saratoga. Converteuse nunha estrela a mediados da década dos trinta cando comezou a traballar para os estudios Warner. Acadou unha gran popularidade artística ao formar parella con Errol Flynn en películas de aventuras, como The Charge of the Light Brigade (A carga da brigada lixeira, 1936); The Adventures of Robin Hood (As aventuras de Robin Hood, 1938); Dodge City (1939); Santa Fe Trail (Camiño de Santa Fe, 1940); ou They Died Whith Their Boots On (Morreron coas botas postas, 1941). Outros traballos da súa carreira son: Gone Whith the Wind (Foise co vento, 1939); Hold Back the Dawn (Se non amencese, 1941), co que gañou o seu primeiro Oscar; To Each His Own (A vida íntima de Julia Norris, 1946); The Snake Pit (Niño de víboras, 1948); The Heiress (A herdeira, 1949), co que acadou...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Sri Lanka que constitúe un arrabalde situado ao S de Colombo (196.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Picasso realizado en París entre 1906 e 1907 que se conserva no MOMA (Museum of Modern Art) de Nova York. Representa a cinco prostitutas dun bordel parisiense. Foi a obra que iniciou o cubismo. Rompeu coa perspectiva que dominaba na arte occidental dende o Renacemento ao introducir os diferentes puntos de vista e abandonar a visión monofocal cos diversos planos de carácter xeométrico e coa pincelada libre. Non se expuxo publicamente ata 1916 e mesmo contou cun certo rexeitamento inicial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacar as caravillas a algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reparar un agravio ou dano ocasionado a alguén.
-
-
Acción e efecto de desagraviar.
-
Emenda que repara o agravio feito con anterioridade ao lle dar ao ofendido satisfacción, mediante a sentenza dun tribunal superior.
-
-
-
Quitar os atavíos.
-
Quedar sen atavío.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de atavío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desavir ou desavirse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
desavido.
-
-
Desacordo entre dúas ou máis persoas.
-
Discusión entre dúas ou máis persoas pola falta de acordo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aquilo que dá lugar a un contratempo ou a unha contrariedade.
-
-
Enfrontar a dúas persoas pola falta de acordo
-
Poñerse en desacordo dúas ou máis persoas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perder de vista algo ou alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten precaución ou o coidado necesario para facer algo.