Davisson-Germer, experimento de
Davisson-Germer, experimento de
[FÍS]
Experimento efectuado en 1927 por C. J. Davisson e L. H. Germer que serviu para demostrar que as partículas de materia, baixo determinadas condicións, presentan un movemento ondulatorio. Ao bombardear un cristal de níquel cun feixe de electróns, observouse na placa receptora que os electróns resultaban difractados pola rede cristalina; este fenómeno significou a comprobación experimental da hipótese De Broglie.