demoiselles d´Avignon, Les
demoiselles d´Avignon, Les
Nome científico:
[As señoritas de Aviñón]
Óleo de Picasso realizado en París entre 1906 e 1907 que se conserva no MOMA (Museum of Modern Art) de Nova York. Representa a cinco prostitutas dun bordel parisiense. Foi a obra que iniciou o cubismo. Rompeu coa perspectiva que dominaba na arte occidental dende o Renacemento ao introducir os diferentes puntos de vista e abandonar a visión monofocal cos diversos planos de carácter xeométrico e coa pincelada libre. Non se expuxo publicamente ata 1916 e mesmo contou cun certo rexeitamento inicial.