"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

      1. Que ou quen é amigo de mandar.

      2. Persoa influente nos ambientes intelectuais ou políticos.

      1. Relativo ou pertencente aos mandaríns ou ao dialecto mandarín.

      2. Alto funcionario civil e militar da China imperial,e doutros países asiáticos, que tiña ao seu cargo o goberno dunha cidade ou da administración e que podía pertencer a diversas categorías.

      3. Lingua chinesa do grupo han que fala un 75% da poboación de China. A lingua común ou putonghua do chinés baseouse na pronuncia do mandarín, localizada en Pequín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froita do mandarineiro, comestible, semellante á laranxa, pero máis pequena, deprimida, de pel delgada, facilmente pelable e dun gusto máis suave, da que existen diferentes variedades, como a clementina, a satsuma, máis doce, ou a mediterránea, tamén denominada mandarina común ou de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou condición de mandarín.

    2. Territorio sobre o que tiña xurisdición un mandarín.

    3. Clase ou estamento dos mandaríns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben distintas especies de árbores do xénero Citrus, da familia das rutáceas, que presenta follas alternas, elípticas ou lanceoladas, de cor verde, flores hermafroditas aromáticas e de cor branca, illadas ou agrupadas en pequenos grupos, e froito de interese en alimentación, as mandarinas. Entre elas atópase C. reticulata (mandarineiro clementino) que dá lugar ás clementinas, C. unshiu (mandarineiro satsuma) que dá lugar á variedade satsuma e C. deliciosa que dá lugar á mandarina mediterránea. O mandarineiro é unha árbore orixinaria de China, que se cultiva, ademais de polos seus froitos, como planta ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que acepta a xestión dun asunto mediante un contrato de mandato.

    2. Xefe dun estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encargo ou orde que se dá a unha persoa. OBS: É unha palabra máis culta que mandado, aínda que os seus significados sexan case iguais.

      1. Autorización que unha persoa dá a outra para que a represente nuns actos concretos e durante un tempo determinado.

      2. Tempo que dura esa autorización.

      3. mandato representativo

        Posición xurídica dos parlamentarios pola que representan a unha nación ou a un pobo no seu conxunto e na que os electores non poden revocarlles o mandato nin dar instrucións concretas mentres dure a lexislatura.

    2. Documento empregado polos soberanos medievais para transmitir ordes sen a solemnidade doutros documentos diplomáticos.

    3. Tutela que exercía un estado sobre certos territorios por concesión da Sociedade de Nacións e baixo a súa vixilancia. Creado polos tratado de paz de 1919, a Organización das Nacións Unidas substituíno polo fideicomiso.

    4. Cerimonia do lavatorio dos pés a doce persoas o día de Xoves Santo, para conmemorar a acción de Xesús Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Cebu, Filipinas, situada na costa do mar de Camotes, ao L da cidade de Cebu (259.728 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurxente mexicano. Foi o principal dirixente e voceiro do Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). Deuse a coñecer con este nome desde a súa primeira comparecencia pública (1994), na selva de Lancadocea (Chiapas), en que denunciaba a precariedade das condicións de vida dos pobos indíxenas do seu país e esixía ao goberno unha inmediata solución ao problema. Oficialmente foi identificado como Rafael Sebastián Guillén Vicente (Tampico, Tamaulipas 19.6.1957), que desapareceu desde 1984. Este personaxe encarna o rexeitamento ao neoliberalismo e á globalización, e simpatiza cos grupos activistas de esquerdas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e duquesa de Montpensier, filla do Rei Fernando VII e de María Cristina das Dúas Sicilias. Casou en 1846 con Antón de Orléans, duque de Montpensier, fillo do Rei Luís Filipe I de Francia. En 1868 foi expulsada, co seu marido, por conspirar contra a súa irmá, a Raíña Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Artista renacentista protexido polo abade Maximiliano de Austria, ao ser este nomeado bispo de Cádiz encargoulle a construción da igrexa de Santa Cruz ou catedral vella e a finalización do claustro grande de Los Arrayanes ou del Cementerio na cartuxa da Defensión de Jerez de la Frontera. En 1603, ao ser promovido o seu mecenas ao arcebispado de Santiago de Compostela, converteuse en mestre de obras da catedral, onde realizou o peche do coro, o estribo da torre das campás e a escalinata da fachada principal, na praza do Obradoiro. Reordenou a praza da Quintana, dirixiu a obra do claustro do convento de San Francisco e do colexio de San Clemente e interveu na igrexa de San Martiño Pinario (1611). Escribiu Cerramientos y trazas de montea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (23.833 km2; 2.718.129 h [estim 2001]). A súa capital é Sārī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Equateur, situada na República Democrática do Congo (169.841 h [estim 1994]). É un porto fluvial na confluencia dos ríos Congo e Ruki. Produce caucho, café, arroz, madeira e ten industria cervexeira e de artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito en balaustia da milgrandeira, esférico e algo deprimido, coa cuberta dura e grosa, de cor vermella ou amarelada que está constituído por numerosas sementes zumarentas, separadas por tabiques membranosos. É comestible e presenta un sabor agridoce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Celanova. Edificada sobre unha cidadela romana, no s X pertencía ao mosteiro de Celanova e no s XII reconstruíuno a Coroa. Destruído e reconstruído polos irmandiños, no s XVIII comezou a súa decadencia e construíuse a igrexa de Santa María de Milmanda, que ten como campanario unha das torres do castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Santalla (Samos) e Seceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da ría de Ares, situada en fronte da punta que leva o seu nome, na parroquia e concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Ares, situada entre a punta de Cruz e a de Promontoiro, na parroquia e concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do N de Venezuela (7.950 km2; 2.607.160 h [estim 2000]). A capital é Los Teques. Distínguense tres sectores ben diferenciados: ao N a Cordillera de la Costa, no centro o val do Tuy e ao S a Serranía del Interior. A cana de azucre, o cacao, o millo e os froitos tropicais son os produtos agrícolas máis importantes. Posúe industrias alimentarias, téxtiles, de plásticos e de derivados da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO