"André" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
PERSOEIRO
Pianista e compositor inglés. Formado en Manchester, compartiu con V. Ashkenazy o primeiro premio de interpretación do concurso Chaikovski de Moscova (1962). Posuidor dunha técnica depurada, destacou como intérprete de Liszt e Busoni. Compuxo algúns concertos para piano e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Estudou Física na Universidade de Budapest onde se doutourou en 1949, ocupou diversos cargos universitarios (1949-1954) e foi director do centro para a investigación química da Academia das Ciencias húngara (1954-1956). En 1956 emigrou a Canadá onde traballou en laboratorios e universidades (1957-1965) e, posteriormente (1965), a EE UU, onde foi profesor na University of Southern California (1977). Desde 1991 ocupa o cargo de director do Hydrocarbon Research Institute. Recibiu o Premio Nobel de Química (1994) por demostrar a existencia dos carbocatións.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Agolada. Pertenceu a un antigo mosteiro feminino da orde beneditina. Os primeiros datos fiables sobre o cenobio constatáronse nunha doazón da abadesa ao mosteiro de Sobrado, o 1 de maio de 1171, aínda que é probable que existira anteriormente. En 1504, Xulio II confirmou a doazón a San Paio de Antealtares. O templo erixiuse entre os ss XII e XIII. De estilo románico, ten nave rectangular con ábsida semicircular. Destaca a súa portada con arco de medio punto, así como os capiteis decorados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. De nome Andreas Hoseman, foi profesor de hebreo en Nuremberg e predicou a reforma luterana (1521). Aconsellou o rigor cos anabaptistas e desde 1549 foi reitor e profesor de teoloxía de Kaliningrad. Defendeu a impanación na eucaristía e motivou unha forte controversia coa súa concepción da xustificación que, segundo el, consistía na unión real e intrínseca de Xesús Cristo coa alma, é dicir, na inhabitatio Christi. Encargouse da supervisión da obra de Copérnico De Revolutionibus Orbium Coelestium e engadiu un prólogo onde afirmaba que as teorías expostas non correspondían á realidade, senón que eran un simple modelo matemático para facilitar os cálculos relativos aos movementos dos corpos celestes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. En 1926 ingresou na facultade de Filosofía e Letras da Universidad Central e tivo como mestres a Menéndez Pidal e Navarro Tomás. En 1931 entrou a traballar no Centro de Estudios Históricos e percorreu, na compaña de Julio Atalaya, moitos lugares de Castela, León, e, sobre todo, Galicia e o occidente de Asturias, recollendo materiais para o Romancero general de España (Romancero tradicional de las lenguas hispánicas). Cando se iniciaron os traballos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pasou a formar parte do equipo encargado de facer o labor de campo. Xeograficamente percorreu Galicia e Portugal, as provincias de Valladolid, Segovia e Zamora e parte das de Palencia e Ávila. Estaba traballando no N de Portugal para o ALPI cando estalou a Guerra Civil Española; o 5 de agosto foi entregado polas autoridades lusitanas aos sublevados españois, que o encarceraron sucesivamente en Tui, na illa de San Simón, en Burgos e en Figueirido....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad de Madrid en 1911. Ante a carencia de hospitais en Granada, decidiu construír, xunto con Víctor Escribano, o Sanatorio de la Salud (1923). Participou, así mesmo, en numerosos proxectos: impulsou a construción do Hospital Clínico e da Facultade de Medicina e colaborou na construción do Sanatorio da Alfaguara. Á súa volta a Granada decidiu participar activamente en política. Afiliouse ao PSOE e á UGT. Foi deputado nas Cortes en 1931 (escollido por Granada e Pontevedra optou pola acta galega). Participou como orador en todos os mitins da Frente Popular, a pesar de non figurar nas súas listas. Durante o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 atopábase no estranxeiro pero regresou a Madrid para colaborar co goberno republicano. Posto a disposición do seu partido e do goberno, ocupou o cargo de vicepresidente do PSOE (1938) e foi nomeado subsecretario de Armanento, colaborando directamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, irmán de Agustín Ricardo e José Luis Outeriño. En 1933 comezou a traballar no xornal La Región como encargado da parte administrativa, á vez que ía adquirindo accións da empresa, ata que en 1951 foi nomeado presidente do seu consello de administración. En 1968, o seu irmán Agustín Ricardo vendeulle a súa parte das accións no xornal e abandonou o posto de director, que pasou ás súas mans. Recibiu a Medalla Castelao (1992) e a medalla de ouro do Liceo de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Foi seguidor do surrealismo e caracterizouse polo uso dos xogos de palabras e polos continuos xiros lingüísticos. Da súa obra destacan Tempo de fantasmas (1951), No reino de Dinamarca (1958), Feira cabisbaixa (1965), Uma coisa em forma de assim (1980) e a recompilación Poesias completas 1951-1983 (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués. Traballou en Viana da Foz do Lima (1525-1561) e estivo vinculado ao mecenado artístico dos señores de Caminha. Situouse artisticamente entre o Renacemento e o manierismo, e o seu estilo caracterizouse polo bo deseño, a composición alongada e a apertura ao realismo do retrato. Pintou Nossa Senhora da Misericórdia e varias táboas para retablos como Lavatório dos pés (1533-1534).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito que enfrontou, entre 1568 e 1648 os Habsburgo hispánicos coas súas posesións no territorio coñecido historicamente como Países Baixos (Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos e Artois), cando estas se rebelaron na busca da súa independencia con respecto á monarquía hispánica. Posesión de Carlos V desde 1515, Países Baixos iniciou o enfrontamento baixo o reinado do seu fillo Filipe II. Buscaban a independencia, tanto a nivel político, como económico - pois era un dos eixes comerciais máis importantes do momento- e relixioso, xa que eran partidarios do calvinismo, fronte ao catolicismo ferreamente defendido por Filipe II. Os primeiros saqueos a cidades e conventos déronse en 1566, polo que o monarca decidiu (1588) enviar un exército comandado por Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel. Pero nin el, nin o seu substituto Luis de Requesens Zúñiga conseguiron frear a revolta -liderada por Guillerme I de Orange-Nassau- e a súa duración tivo como consecuencia un endebedamento crónico da Coroa...
-
PERSOEIRO
Actor. Formou parella cómica en numerosas películas con Fernando Esteso, das que destacan Los Bingueros (1979), Qué gozada de divorcio! (1981) e Padre no hay más que dos (1982). Tamén traballou en filmes como Moros y cristianos (1987), Ay, Carmela! (1990, Goya ao mellor actor e premio ao mellor actor do Festival de Cine de Montrèal 1991), Bwana (1996) e El oro de Moscú (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea di Pietro della Gondola.
-
PERSOEIRO
Político e economista grego, fillo de Papandreu. Ocupou dous ministerios sucesivos no goberno de seu pai (1964-1965). Prendido pola Ditadura dos Coroneis, en 1967 exiliouse. En 1974 volveu a Grecia, onde fundou e encabezou o Panellino Socialistiko Kinima (Movemento Socialista Panhelénico, PASOK). Foi primeiro ministro de Grecia (1981-1989 e 1993-1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político grego, pai de Andreas Georgios Papandreu. Fundador do partido socialdemócrata, tivo que exiliarse durante a ditadura de I. Metaxas. Loitou contras os alemáns (1941-1944) e, en Exipto, foi o xefe do goberno grego no exilio. Como representante da Unión do Centro, foi primeiro ministro grego (1963), pero entrou en rivalidade con Constantino II, que o destituíu (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Sarria. De estilo románico, data do s XII aínda que sufriu varias reformas e un incendio en 1934. Ten planta rectangular cunha soa nave e unha sancristía engadida en época posterior. No interior conserva un arco triunfal cunha arquivolta. Na fachada destaca a porta principal con arco de medio punto decorado con arquivoltas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Especialista en restos mesopotámicos, realizou diversas escavacións en Tello, Larsa, Lagaš e Māri. Foi profesor na École du Louvre (1937) e xefe do departamento de antigüidades orientais do Musée du Louvre (1946). Das súas obras destacan Māri une ville perdue (1936), Archéologie mésopotamienne (1946-1953), Tello: vingt campagnes de fouilles (1948), Mission arquéologique de Māri (1956-1957), Sumer (1960), Assur (1961) e, en colaboración con M. H. Chehab e S. Moscati, Les phéniciens (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e guionista cinematográfico ruso. Enviado a Turquía, Siria, Grecia, Italia e Francia, escribiu sobre os países orientais e occidentais. Formou parte do grupo de escritores Pereval e como guionista colaborou con Eisenstein en Aleksandr Nevsky (1938) e con Chiaureli en Pitsi (1946). A súa obra máis destacada é Sčast’e (A felicidade, 1947). Recibiu o Premio Stalin en catro ocasións (1941, 1947, 1948 e 1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Fundou e dirixiu a Escuela de Teatro Juvenil Periférico de Montevideo. Traballou como actor de dobraxe e como actor teatral para o Centro Dramático Galego, e participou nas obras A Lagarada (1992), Saco y Vanzzetti, Pluto, La gaviota e El gorro de Cascabeles. Recibiu o Premio Florencio (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquitecto. Foi profesor na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Realizou o proxecto do Centro Rexional da Rede Eléctrica da Coruña, unha biblioteca pública en Fuencarral (Madrid) e os edificios de servizos múltiples da Xunta de Galicia de Lugo, do SERGAS e do IGAPE en Santiago de Compostela. Xunto con Roberto Medín Guyatt elaborou o proxecto dunha nova biblioteca pública en Santiago de Compostela.
-
GALICIA
Director de fotografía. Realizou os primeiros traballos cinematográficos como operador da Casa Verdaguer, de onde pasou aos laboratorios de Hispania-Films, como axudante de Luis R. Alonso. Durante a República traballou como director de fotografía en varias curtametraxes. Membro do equipo técnico do Departamento Nacional de Cinematografía, despois de participar nunha serie de documentais e filmes vinculados co franquismo durante a Guerra Civil e de elaborar o Noticiario Español, debutou como director de fotografía no filme de ficción Oro vil (1941), de Eduardo G. Maroto, ao que seguiron Botón de ancla (1947), Rumbo (1949) e Vértigo (1950), onde destacou pola súa fotografía de exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO