Otero Fernández, Alexandre
Médico e político. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad de Madrid en 1911. Ante a carencia de hospitais en Granada, decidiu construír, xunto con Víctor Escribano, o Sanatorio de la Salud (1923). Participou, así mesmo, en numerosos proxectos: impulsou a construción do Hospital Clínico e da Facultade de Medicina e colaborou na construción do Sanatorio da Alfaguara. Á súa volta a Granada decidiu participar activamente en política. Afiliouse ao PSOE e á UGT. Foi deputado nas Cortes en 1931 (escollido por Granada e Pontevedra optou pola acta galega). Participou como orador en todos os mitins da Frente Popular, a pesar de non figurar nas súas listas. Durante o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 atopábase no estranxeiro pero regresou a Madrid para colaborar co goberno republicano. Posto a disposición do seu partido e do goberno, ocupou o cargo de vicepresidente do PSOE (1938) e foi nomeado subsecretario de Armanento, colaborando directamente con I. Prieto Tuero e posteriormente co goberno de J. Negrín López. Desprovisto da súa cátedra e espoliados todos os seus bens, finalizada a Guerra Civil Española, iniciou o seu exilio en Francia onde continuou a colaborar a través do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). En 1940 trasladouse a México e incorporouse como vogal na comisión executiva do PSOE. Colaborou na creación do Centro Médico de especialidades, do Centro Médico-Farmacéutico e da Beneficencia Hispánica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Redondela -
Deceso
Lugar : México