"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
MONTES
Monte situado no N da parroquia de Bretoña (A Pastoriza). O seu cumio acada os 692 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Coñecido como Zoë von Rodenbach, as súas novelas, das que destaca Die geschiedene Frau (A muller divorciada, 1870), evocan dunha maneira pesimista a vida familiar. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu orixe á creación do termo ‘masoquismo’.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sadomasoquista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coexistencia, nunha mesma persoa, de pulsións sádicas e masoquistas.
-
-
Relativo ou pertencente ao sadomasoquismo.
-
Que ou quen practica o sadomasoquismo.
-
-
PERSOEIRO
Rei de León e de Galicia (956-958; 960-966), fillo de Ramiro II e Urraca. Sucedeu ao seu irmán Ordoño III. O seu reinado caracterizouse polas loitas coa nobreza que buscou a axuda de Fernán González, conde de Castela, para depoñelo do trono e entronizar o seu irmán Ordoño IV en 958. Coa axuda dos navarros e os sarracenos recuperou o trono en 960. Enfrontouse, coa axuda de Castela, Navarra e Barcelona, a al- Ḥ akam II de Córdoba, que o derrotou en San Esteban de Gormaz e tivo que firmar unha tregua. Ao final do seu reinado fixo fronte á rebelión de Galicia e foi envelenado polo conde Gonzalo, xefe da revolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Compoñente do Fronto Nuovo delle Arti e de Otto pittori italiani, en 1944 ilustrou Grand air de P. Eluard. Pintou a base de manchas de cor con formas e contornos pouco delimitados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e lexicógrafo. Despois de licenciarse en Enxeñaría (1970), obtivo a licenciatura (1975) e o doutoramento (1981) en Filosofía e Letras. Membro correspondente (1966) e de número (1988) da Euskaltzaindia, preside a súa comisión de lexicografía e dirixe o Anuario del Seminario de Filología Vasca Julio de Urquijo. Nos seus primeiros traballos centrouse na crítica e historia da literatura (Euskal literaturaren historia, 1971), para despois pasar á lingüística e á filoloxía (Contribución al estudo y edición de textos antiguos vascos, 1983). En 1975 a fundación da Caja de Ahorros Provincial de Gipuzkoa encargoulle a redacción dun dicionario normativo. Deste estudo saíu un primeiro borrador (catro fascículos, 1977-1979) e a posterior publicación de Gaur egungo euskararen maiztasun-hiztegia (Dicionario de frecuencias do éuscaro escrito). Nesta época entrou en contacto con K. Mitxelena a quen axudou na preparación do Orotariko euskal hiztegia (Dicionario...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abraham Bar Ḥ iyya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade fitocenolóxica inferior á asociación, que se caracteriza por un grupo de especies diferenciais, que son menos frecuentes ou faltan nas outras subasociacións das que consta a asociación.
-
-
Dominio militar ou económico sobre os mares.
-
Sistema político ou de goberno cuxa potencia reside no dominio que este exerce sobre os mares, principalmente no que respecta as rutas comerciais. Orixinariamente o termo designaba o goberno da civilización minoica, cuxo poder dependía da súa armada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento das enfermidades mediante baños de mar, algas mariñas ou a través do clima mariño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso dos Alpes Orientais situado ao NL de Italia, na provincia de Udine, preto de Tarvisio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada en Arxentina en 1917, e dirixida por Francisco S. Martínez, integrada por emigrantes ourensáns, dos que algún xa militara no agrarismo. Os seus obxectivos coincidían cos das Irmandades da Fala, aínda que non se declararon especificamente nacionalistas, senón rexionalistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración cromosómica que ten lugar nun organismo diploide cuxo xenoma contén dous cromosomas suplementarios idénticos, ademais dos dous do mesmo par que lle corresponden pola dotación diploide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de carácter relixioso na Grecia antiga. De tipo dionisíaco, estaba relacionada co canto e a danza, propias do culto a Dióniso e converteuse nunha asociación ou confraternidade relixiosa e, despois, nun grupo de comediantes.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Masolino da Panicale, formouse no taller de L. Ghiberti e cultivou o estilo gótico internacional. Renovou a pintura florentina en canto á representación naturalista do espazo e a luz. Comezou os frescos da capela Brancacci, que rematou Masaccio, e cara a 1430, decorou a capela de Santa Catarina na basílica de San Clemente de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Masaccio, documéntase en Florencia desde 1417. Recolleu as experiencias artísticas do seu tempo e continuou coa renovación pictórica que iniciara un século antes Giotto di Bondone. Das súas primeiras obras destacan o Triptico de San Giovanale en Cascia (1422) e o Poliptico de Pisa (1426). A partir de 1424 colaborou con Masolino da Panicale na Madonna col Bambino e Santa’Anna e nos frescos da capela Brancacci na igrexa do Carmine en Florencia. A súa obra ten unha consciencia concreta da realidade, obxectivo que conseguiu mediante a masa plástica e a caracterización dos personaxes, o estudo da luz e as sombras e a aplicación dos métodos da perspectiva. En Florencia (1425-1427) pintou a Trinità para Santa Maria Novella e, en Roma, colaborou probablemente con Masolino da Panicale no Triptico de Santa Maria Maggiore, e nos frescos da basílica de San Clemente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
xirasol.
-
Sólido en forma de pos azuis que se obtén de diversos liques dalgunhas familias, como as lecanoráceas, coa propiedade de adquirir unha coloración vermella de pH ácido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado polos romanos á rexión de máis alá do Oxus (actual Amudarja), correspondente á Sogdiana.